Kim Il-sung (encoreano: 김일성), nado o15 de abril de1912 enMangyŏngdae e finado o8 de xullo de1994 enPyongyang, foi unpolíticocomunistanorcoreano, gobernante de Corea do Norte dende1948 ata a súa morte. Ademais, foi tamén secretario xeral doPartido dos Traballadores de Corea.
O seu mandato como líder daRepública Democrática de Corea foi a miúdo descrito comoautocrático, estabelecendo un omnipresenteculto a súa personalidade. Dende mediados de1960 promoveu o seu propio desenvolvemento da organización nacionalcomunista, oJuche. Nun estudo elaborado pola Biblioteca do Congreso deWashington, D.C. sobre Corea do Norte en2009, foi descrito como "unha das figuras máis interesantes do século XX".
Trala súa morte en1994, foi sucedido polo seu filloKim Jong-il. Corea do Norte refírese oficialmente a Kim Il-sung como o "Gran Líder" (en coreano: 수령,Suryong) e é chamado na Constitución "Líder Eterno" do país. O seu aniversario é día festivo en Corea do Norte.
Kim Il-sung naceu co nome de Kim Sŏng-ju, probablemente en Mangyondae, preto dePyongyang, enCorea, entón un protectorado baixo ocupaciónxaponesa. Tiña dous irmáns, Ch’ŏl-chu e Yŏng-ju. A familia de Kim opoñíase á ocupación xaponesa, polo que en1920 tiveron que fuxir áChina. Kim foi enviado a un colexio en Jilin, pero a súa educación oficial finalizou cando foi arrestado e encarcerado por actividades subversivas. Formou parte de guerrillas"antixaponesas" no norte da China, e chegou a ingresar nunha guerrilla liderada poloPartido Comunista da China.
Kim loitou na súa unidade dende1935, progresando en rango e chegando a ser comandante en1941, cando os xaponeses levaron as guerrillas ao norte da China. Durante este período adoptou o nome Kim Il-sung, o cal fora doutro loitador"antixaponés" morto na batalla. Escapou áUnión Soviética, e foi enviado a un campo preto de Khabarovsk, onde as guerrillas comunistas coreanas colaboraban coas forzas soviéticas. Kim pasou a ser capitán doExército Vermello.
En1925 fundou o Partido Comunista de Corea, mais pronto disolveuse por loitas internas. En1931 Kim ingresou no Partido Comunista daChina. Cando volveu a Corea en setembro de1945, despois da fin dasegunda guerra mundial e a rendición incondicional doXapón coa consecuente retirada das tropas xaponesas dapenínsula coreana, xunto coas forzas soviéticas, ficou o sector norte do país baixo o seu control, sendo elixido coa axuda daUnión Soviética como líder do comité popular provisional, aínda que nese momento non era líder do partido comunista, cuxos cadros se atopaban enSeúl, na zona ocupada do sur polosEstados Unidos.
En1948, debido a unha polarización política e ideolóxica entre ambos gobernos coreanos, a reunificación do país non foi posible. Kim pasou a serprimeiro ministro da República Popular Democrática de Corea. O partido comunista xurdiu coa unión de distintos grupos. Trala fusión da organización coa contrapartida do Sur, formouse oPartido dos Traballadores de Corea.
O 12 de xuño de1950 Corea do Norte lanzou un ataque co obxecto de liberar Corea do Sur e de unificar o país baixo un goberno únicosocialista. Ao mesmo tempo, os líderes dos Estados Unidos e os seus aliados, pensaron queStalin ordenara o ataque, o que levou á chamadaguerra de Corea, o primeiro conflito bélico das dúas grandes superpotencias resultantes nasegunda guerra mundial,Estados Unidos e aUnión Soviética, coñecido co nome xenérico deguerra fría.
O material de arquivo apunta a que foi unha decisión de Corea do Norte non dirixida dendeMoscova. As forzas norcoreanas tomaronSeúl e ocuparon a maior parte do Sur, pero forzas dasNacións Unidas (encabezadas polos Estados Unidos) volveron tomar Seúl e posteriormentePyongyang, ante o cal Kim e o seu goberno fuxiron á China. En novembro, as forzas chinesas entraron na guerra e fixeron marchar ás tropas das Nacións Unidas, volvendo tomar Pyongyang e Seúl entre1950 e1951. Seúl volveu ser controlado por Nacións Unidas, e en1953 o país quedou dividido definitivamente en dous partes.
O país fora devastado pola guerra. O goberno norcoreano desenvolveu plans económicos quinquenais (do mesmo xeito que os existentes na Unión Soviética), centrados no desenvolvemento daindustria pesada, o desenvolvemento militar e a colectivización da agricultura.
Durante os anos cincuenta Kim foi visto como uncomunista ortodoxo, leal aos principios soviéticos. Con todo, durante o conflito chinés-soviético dos anos sesenta, Kim manobrou para manter certa neutralidade, aínda que finalmente criticou as posiciónsmaoístas da China. Nese momento desenvolveu a ideoloxíaJuche, deautoconfianza, que levou ao país a un maior illamento do resto do mundo. Unha nova constitución foi aprobada en decembro de1972. Esta creaba un novo cargo, o dePresidente da República Popular Democrática de Corea, que pasaba a ser o máximo cargo do Estado, e para o que Kim Il-sung resultou elixido. En1980 aAsemblea Popular Suprema aprobou que o próximo xefe de Estado sería o seu filloKim Jong-il.
Neste momento Corea do Norte atopouse con grandes problemas económicos. Os efectos prácticos de Juche levaron a eliminar practicamente o comercio exterior, e as relacións económicas coa China reducíronse tralas reformas lideradas porDeng Xiaoping. O fin do bloque soviético aumentou os problemas de Corea do Norte, e pouco despois Kim morrería de súpeto dun ataque ao corazón. O seu funeral foi seguido por centos de miles de persoas e o seu corpo foi colocado nunmausoleo, cuxo acceso está fortemente controlado.
Kim Il-sung casou dúas veces. A súa primeira muller, Kim Chong-suk, deu a luz dous fillos (entre elesKim Jong-il; o outro morreu nun accidente nadando) e unha filla; Kim Chong-suk morreu dando a luz. Kim casou con Kim Song-ae posteriormente, e pénsase que tiveron catro fillos xuntos. Un deles, Kim Pyong-il gozaba de presenza política ata que foi afastado e virtualmente expulsado logo de ser nomeado embaixador enHungría.