Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kid A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kid A
Álbum deRadiohead
Publicado2 de outubro do2000
Gravaciónxaneiro de1999 - abril do2000
Duración49:57
Xénero(s)rock alternativo,música electrónica
Selo(s)Parlophone,Capitol
ProdutorNigel Godrich,Radiohead
Cronoloxía
Airbag / How Am I Driving?
(1998)
Kid AAmnesiac
(2001)
Na rede
Spotify: 6J6nlVu4JMveJz0YM9zDgLDiscogs: 21501Allmusic: mw0000620999Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kid A é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa derock alternativoRadiohead, editado o2 de outubro do2000. Foi un éxito comercial en todo o mundo, sendo platino na súa primeira semana noReino Unido. A pesar de non contar con ningún sinxelo oficial ou vídeo musical parade promocionarse,Kid A converteuse na primeira edición deRadiohead en estrearse no número 1 nosEstados Unidos. Este éxito atribúese a unha única campaña de promoción, a filtración do álbum en Internet.

Kid A foi gravado enParís,Copenhaguen,Gloucestershire eOxford co produtorNigel Godrich. A composición e gravación foi experimental paraRadiohead, ao ter un son menos roqueiro e máis electrónico. Influenciada poloKrautrock, ojazz e amúsica clásica doséculo XX,Radiohead abandonou as súas composicións con tres guitarras para incluír un rango de instrumentos máis amplo enKid A, usando teclados, oOndes Martenot, e, nalgunhas composicións, cordas e metais.Kid A tamén ten letras máis minimalistas e abstractas que o anterior disco da banda.

Kid A foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programaAll Songs Considered da emisora estadounidense National Public Radio[1]. A páxina web Rockfeedback situouno no segundo posto da súa lista dos mellores álbums da década[2]. Foi tamén colocado no posto 67 da lista daolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[3].

Listaxe de cancións

[editar |editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos porRadiohead, agás onde se indique. 

N.ºTítuloEscritor(es)Duración
1."Everything in Its Right Place"   4:11
2."Kid A"   4:44
3."The National Anthem"   5:51
4."How to Disappear Completely"   5:56
5."Treefingers"   3:42
6."Optimistic"   5:15
7."In Limbo"   3:31
8."Idioteque"  Radiohead,Paul Lansky5:09
9."Morning Bel"   4:35
10."Motion Picture Soundtrack"   6:59

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. National Public Radio - The 50 Most Important Recordings Of The Decade
  2. Mellores álbums da década dos 2000 segundo Rockfeedback
  3. Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time
Álbums de estudio
EPs
Álbums en directo
Recompilatorios
Sinxelos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kid_A&oldid=6821437»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp