Un keylogger pode ser tanto unprograma informático como un dispositivohardware que serve para rexistrar as pulsacións que se realizan noteclado e gardarlas nunficheiro (log). Logo pode verse ese ficheiro e descubrir que teclas foron premidas, en que programa, e a que hora. Algúns keyloggers permiten o envío dos logs porcorreo electrónico.
Os keyloggers veñen existindo desdeMS-DOS, cando os comandos que se introducían quedaban rexistrados.
Un keylogger pode ser unha seria ameaza para a privaciade dos nososordenadores, ademais de que pode captar datos importantes, como contrasinais ou información confidencial. Por este motivo calqueraanti-virus ouanti-spyware actual identificará calquera keylogger como unha ameaza e eliminaraa se lle damos consentimento.
Aínda así os keyloggers poden ser unha ferramenta útil, por exemplo se borramos un documento escrito podemos recuperar o texto mirando o log do keylogger, tamén pode servir para controlar as actividades dos rapaces pequenos cando están en Internet etc.