O enfoque micronúcleo consiste en definir unha abstracción moi simple sobre o hardware, cun conxunto de primitivas ou chamadas ao sistema que implementan servizos do sistema operativo mínimos, como a xestión de fíos, o espazo de direccionamiento e a comunicación entre procesos.
O obxectivo principal é a separación da implementación dos servizos básicos e das regras de funcionamento do sistema. Por exemplo, o proceso de bloqueo de E/S pódese implementar cun servidor en espazo de usuario executándose encima do microkernel. Estes servidores de usuario, usados para xestionar as partes de alto nivel do sistema, son moi modulares e simplifican a estrutura e deseño do núcleo. Se falla un destes servidores, non se colgará o sistema enteiro, e poderase reiniciar este módulo independentemente do resto.
Algúns exemplos demicrokernels son AIX, BeOS, L4, Mach,Minix, MorphOS, QNX, RADIOS, VSTa eGNU Hurd.
Aínda que Mach é omicrokernel xeneralista máis coñecido, desenvolvéronse outrosmicrokernels con propósitos máis específicos. L3 desenvolveuse para demostrar que osmicrokernels non son necesariamente lentos. A familia demicrokernels L4 é a descendente de L3, e unha das súas últimas implementacións, chamada Pistachio, permite executarGNU/Linux simultaneamente con outros procesos, en espazos de direccionamiento separados.
QNX é unsistema operativo que estivo dispoñible desde principios dos 80, e ten un deseño demicrokernel moi minimalista. Este sistema conseguiu chegar ás metas do paradigma domicrokernel con moito máis éxito que Mach. Úsase en situacións en que non se pode permitir que haxa fallos de software, o que inclúe desde brazos robóticos en naves espaciais, ata máquinas que púen cristal onde un pequeno erro podería custar moito diñeiro.
Frecuentemente prefírense oskernels monolíticos fronte aosmicrokernels debido ao menor nivel de complexidade que comporta o tratar con todo o código de control do sistema nun só espazo de direccionamiento.
A principios dos 90, oskernels monolíticos considerábanse obsoletos. O deseño deLinux como unkernel monolítico no canto de como unmicrokernel deu lugar a unha famosa disputa entreLinus Torvalds eAndrew S. Tanenbaum[2]. Os argumentos de ambas as partes nesta discusión presentan algunhas motivacións interesantes.
Oskernels monolíticos adoitan ser máis fáciles de deseñar correctamente, e polo tanto poden crecer máis rapidamente que un sistema baseado nunmicrokernel, pero hai casos de éxito en ambos os dous bandos. Osmicrokernels adoitan usarse en robóticaembebida ou computadoras médicas, xa que a maioría dos compoñentes do sistema operativo residen no seu propio espazo de memoria privado e protexido. Isto non sería posible cos núcleos monolíticos, nin sequera cos modernos que permiten cargar módulos.