Okelvin (símbolo:K) é aunidadeSI detemperatura e é unha das seteunidades-base do SI.
O kelvin defínese por dous feitos:
O kelvin recibiu este nome en honra do físico e enxeñeiroWillian Thomson, que se tornou Lord Kelvin cando foi feitopar do reino.
En canto unidade SI, okelvin é escrito cunk minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabrasgrao ougraos ou o símbolo °, como os graosCelsius ouFahrenheit. Isto acontece porque estas sonescalas de medición, en canto que o kelvin é unhaunidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en1954 (na 10ªConferencia Xeral de Pesos e Medidas, Resolución 3, CR 79), recibiu o nome degrao Kelvin e o símbolo°K; o "grao" (°) foi suprimido en1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104).
Fórmulas de conversión de temperaturas en kelvin| Conversión de | para | Fórmula |
|---|
| kelvin | Fahrenheit | °F = K × 1.8 - 459.67 |
| Fahrenheit | kelvin | K = (°F + 459.67) / 1.8 |
| kelvin | Celsius | °C = K - 273.15 |
| Celsius | kelvin | K = C° + 273.15 |
| kelvin | Rankine | °Ra = K × 1.8 |
| Rankine | kelvin | K = °Ra / 1.8 |
| kelvin | Réaumur | °Ré = (K - 273.15) × 0.8 |
| Réaumur | kelvin | K = °Ré × 1.25 + 273.15 |