![]() (2011) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1980![]() Alexandria, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | DeMatha Catholic High School(en)![]() Universidade de Kentucky ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League,Baloncesto masculino da División I da NCAA eNational Basketball Association![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala eEscolta![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 6![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Keith Ramon Bogans, nado o12 de maio de1980 enWashington, D.C., é un xogador americano debaloncesto profesional que actualmente éaxente libre.
Bogans foi elixido na 43ª posición doDraft da NBA de2003 polosMilwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aosOrlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.
Os Magic decidiron traspasar a Bogans aosCharlotte Bobcats a cambio deBrandon Hunter o1 de novembro de2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats natempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.
O9 de febreiro de2006, Bogans foi traspasado aosHouston Rockets porLonny Baxter. Coma curiosidade,Chuck Hayes eGerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.
Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.[1]
O22 de novembro de2008, Bogans, de titular no primeiro partido[2] datempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.[3] Perderíase entre 4-6 semanas de liga.[3] Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o3 de decembro,[4] e coma se esperaba,[5] volveu o5 de decembro contra osOklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.[6][7]
O5 de febreiro de2009, Bogans foi traspasado aosMilwaukee Bucks a cambio deTyronn Lue e diñeiro.[8][9]
Bogans asinou polosSan Antonio Spurs en setembro de 2009.[10] Durante atempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra osMinnesota Timberwolves o13 de abril de2010.[11]
Bogans fichou polosChicago Bulls o11 de agosto de 2010.[12] Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.
O15 de marzo de2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra osWashington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza daConferencia Leste.[13] Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra osIndiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.[14]
En decembro de2011, foi cortado polos Bulls.
O1 de febreiro de2012, osNew Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra osDetroit Pistons o8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde,[15] pero asinou de novo con eles no verán de 2012.[16]
Bogans foi renovado e traspasado ósBoston Celtics o12 de xullo de2013, como parte dun traspaso que mandou aKevin Garnett e aPaul Pierce ós Nets.[17]