Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión deSilesia, no sur dePolonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes doOder e doVístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dosCárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dosSudetes (Chequia).
Katowice foi a capital doVoivodato de Silesia dende a súa formación en 1999. Antes, era a capital do voivodato de Katowice. Katowice é a principal cidade industrial de Silesia. A súa poboación é 327,000 (2009), dentro dunha área metropolitana aproximada de 3.5 millóns.
A área que arrodea de Katowice en Silesia, foi habitada polo grupo étnico dossilesianos, na historia documentada máis temperá. Primeiro foi gobernado pola dinastía polaca Silesian Piast (até a súa extinción). En 1335, formaba parte da Coroa deBohemia. En 1526, o territorio pasou aos monarquía austríaca dosHabsburgo, trala morte de Lois II, rei deHungría e Bohemia. En 1742, a maioría de Silesia foi anexionado a Austria polo Reino de Prusia durante a Primeira Guerra Silesiana.
Katowice Foi fundado no século 19 e acadou o estatuto de cidade en 1865 cando Katowice acadou o rango de Provincia de Silesia, dentro dePrusia. A cidade medrou, debido á agromante minaría (especialmente carbón) derivada das montañas próximas. O crecemento da cidade e a prosperidade dependían da minaría do carbón e das industrias do aceiro, do cal tirou durante aRevolución Industrial. Katowice foi habitado principalmente por alemáns,silesianos, xudeus e polacos. Anteriormente parte do distrito de Beuthen, en 1873 converteuse na nova capital do distrito de Katowice. O 1 de abril de 1899, a cidade de Katowice foi separado do resto do distrito, convertendose así nunha cidade independente.
Logo das sublevacións silesianas (1918-21) Katowice formou parte da Segunda República polaca, cun significativo nível de autonomía (Co Parlamento Silesiano coma poder lexislativo e co Consello do Voivodato Silesiano coma poder executivo).
En 1953 a cidade foi rebautizada Stalinogród ("Cidade deStalin") polo goberno comunista polaco. Aínda así, o nome novo nunca foi aceptado pola poboación da cidade e en 1956 o nome anterior de 'Katowice' foi restaurado.
Debido ao grave dano ecolóxico xerado ao medio-ambiente ocorrido durante o período posterior ásegunda guerra mundial, polo goberno da República Popular, hoxe en día, os trocos recentes en controis, procedementos e políticas do goberno polaco, dende a caída doComunismo, reduciu moito do dano que foi feito.
Logo das reformas económicas dos anos 90, houbo un cambio nas preferencias económicas, deixando fóra á industria pesada, e manifestándose unha tendencia cara aos pequenos negocios e mailos servizos.
Katowice é tamén un grande centro de negocios. Cada ano en Katowice celebrase a Feira Internacional de Spodek, onde se organizan ducias de feiras de comercio internacional. Katowice ten o segundo centro empresarial máis grande en Polonia (após Varsovia). Os rañaceos esténdense ao longo da estrada Chorzowska, Korfantego e Roździeńskiego e ata o centro da cidade. Os edificios de oficinas máis novos (Clase A) en Katowice son o Chorzowska 50, o rañaceos Altus e as "Torres Silesia" (en construción).
En Katowice asentase a Zona Económica Especial de Katowice ( Katowicka Specjalna Strefa Ekonomiczna).
O índice de desemprego en Katowice é un dos máis baixos de Polonia, fica no 2 % (no 2008), segundo as estatísticas oficiais. A cidade caracterízase pola súa forza laboral e así atrae moitas persoas que buscan traballo, dende cidades veciñas e doutros distritos.
O soldo medio mensual de Katowice é o máis alto enPolonia - sobre 3950 zlotych (1000 €), enVarsovia é sobre 3500 zlotychs (900 €).