Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Katie Holmes
Kate Noelle Holmes, máis coñecida comaKatie Holmes, nada enToledo, Ohio, o18 de decembro de1978, e unha actriz estadounidense. Acadou a fama polo seu papel de Joey Potter en WB Television Network na serie de drama adolescente,Dawson's Creek de 1998 a 2003. Os seus papeis en películas abranguen xéneros coma o cine arte con películas comoThe Ice Storm, suspense comaAbandon, a éxitos de público comaBatman empeza.
Holmes naceu en Toledo,Ohio, sendo a máis nova nunha familia de cinco fillos (catro fillas e un fillo), de Kathleen A. Stothers, unha ama de casa, e Martin Joseph Holmes, Sr. (nado en 1945), unavogado especializado en divorcios. Os seus irmáns son Tamera (nada en 1968), Holly Ann (nada en 1970), Martin Joseph, Jr. (nado en 1970), que traballaba coma avogado en Ohio, e Nancy Kay (Blaylock), unha mestra (nada en 1975).
Cando aínda era cativa, asistiu á “Convención Internacional de Talento e Modelaxe”, enNova York, e foi alí onde coñeceu a Al Onorato, un produtor e representante de artistas, quen notou o talento de Katie e convenceuna a viaxar aOs Ánxeles para actuar nun papel para a televisión. Finalmente, conseguiu o papel que a levaría á fama: converteuse en "Doce Joey", da popular serieDawson's Creek.
A comezos do ano 2005, semanas despois de terminar a súa relación co actorChris Klein, Holmes iniciou unha relación altamente publicitada co actorTom Cruise, dezaseis anos maior ca ela. En xuño, dous meses despois do seu primeiro encontro, Holmes e Cruise formalizaron o seu compromiso de futuro matrimonio. Esta relación converteu a Holmes no branco da atención dos medios de comunicación internacionais, sendo moitos dos comentarios de corte negativo, incluíndo a especulación de que a relación era unha montaxe publicitaria para promover as películas protagonizadas pola parella. Malia que Holmes foi criada baixo a relixión católica ingresou naIgrexa da Ciencioloxía pouco despois de que a parella comezara a frecuentarse. O18 de abril de2006, deu a luz a Suri Cruise. O18 de novembro ela e Cruise casaron enItalia.