Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado enTréveris o5 de maio de1818 e finado enLondres o14 de marzo de1883, foi unfilósofo,economista,politicólogo,sociólogo,xornalista esocialista revolucionario de orixealemá. Na súa vasta e influente obra abarca diferentes campos do pensamento na filosofía, a historia, aciencia política, asocioloxía e aeconomía; aínda que non limitou o seu traballo soamente á investigación, pois ademais aventurouse na práctica doxornalismo e apolítica, propondo sempre no seu pensamento unha unión entre teoría e práctica (praxe). O seu interese fundamental situouse na procura tanto do coñecemento como do desenvolvemento das condicións para a emancipación daclase traballadora respecto da patronal e das leis de acumulación dos capitais encarnados nela.
Procedente dunha familia de clase media, estudoueconomía política e afilosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida enLondres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemánFriedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo opanfleto de 1848O manifesto comunista. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.
As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas comomarxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través daloita de clases; nocapitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida comoburguesía) que controla osmedios de produción e a clase obreira (coñecida comoproletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario.[1] Empregando un enfoque crítico denominadomaterialismo histórico, Marx predixo que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: osocialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento daconciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases ecomunista constituída por unha asociación libre de produtores.[2] Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unhaacción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo aemancipación socioeconómica.[3]
Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado.[4] A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación cocapital, e o pensamento económico posterior.[5][6][7] Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citado como un dos principais arquitectos daciencia social moderna.
Litografía deDavid Levi Elkan que representa a varios estudantes, e entre eles, Karl Marx, en 1836.
Detalle de Karl Marx.
Até 2017, esta foi a representación máis antiga coñecida de Marx, aínda que non foi identificado até 1890 por [Friedrich?] Schneider, un consello xudicial e presidente do Senado en Colonia. Con todo, debido a que esta descrición encaixa coa descrición de Marx, desde entón aceptouse que era el.[10]
Karl Marx naceu o 5 de maio de 1818, fillo deHeinrich Marx eHenriette Pressburg. Naceu na casa número 664 da rúa Brückengasse (hoxe Brückenstraße número 10) en Trier (hoxeTréveris) unha antiga cidade que entón formaba parte daprovincia do Rin do antigoReino de Prusia.[11][12] A familia de Marx profesaba orixinalmente oxudaísmo secular, pero formalmente converteuse aocristianismo antes do seu nacemento. O seu avó materno era unrabinoneerlandés,mentres que a súa liña paterna había proporcionado rabinos a Trier desde 1723, un papel asumido polo seu avó Merier Halevi Marx. O seu pai, coñecido de neno como Herschel, foi o primeiro na liña en recibir unha educación secular. Converteuse en avogado cun ingreso cómodo declase media alta e a familia posuía unha serie de viñedos enMosela.[13]
Converteuse do xudaísmo aoprotestantismoluterano, antes do nacemento do seu fillo, tras a derrogación daemancipación xudía enRenania,[14] para evitar as restricións antisemitas e tomou un nome alemán: Heinrich, ademais do nome xudeu Herschel.[15] Era un home inclinado áIlustración, estaba interesado nas ideas dos filósofosImmanuel Kant eVoltaire, e participou nas axitacións por unha constitución e reformas en Prusia, que nese momento era gobernada por unhamonarquía absoluta.[16] En 1815, comezou a traballar como avogado e en 1819 trasladouse coa súa familia dun apartamento alugado de cinco habitacións a unha propiedade de dez habitacións preto daPorta Nigra.[17] Karl "estaba apegado profundamente ao seu pai", segundo testemuños da súa fillaEleanor, e "nunca se cansaba de falar del".[18] A nai de Karl, Henrietta Pressburg, era unha xudía holandesa que, a diferenza do seu marido, era semianalfabeta. Afirmou que sufría dun "excesivo amor materno", dedicando moito tempo á súa familia e insistindo na limpeza dentro do seu fogar.[19] Ela proviña, con todo, dunha familia de prósperos negociantes: máis tarde a súa familia fundou a empresaPhilips Electronics. Foi tía avoa deAnton eGerard Philips e tía bisavoa deFrits Philips.[20]
Pouco se sabe sobre a infancia de Karl Marx. Era o terceiro de nove irmáns. Ao morrer o seu irmán, Moritz, en 1819, converteuse no maior. Foi bautizado en 1824, como o resto dos seus irmáns, Sophie, Hermann, Henriette, Loussie, Emille e Karoline; na igrexa luterana.[21] Marx «tiña un enorme apego ao seu pai (Heinrich). Xamais se cansaba de falar del e sempre levaba encima unha fotografía súa».[22] Educouse en casa ata que en 1830 entrou no Instituto de Tréveris (en alemánTrier) onde o seu mestre foi Hugo Wyttenbach, amigo do seu pai. Wyttenbach empregara a moitos humanistas liberais como profesores, algo que enfureceu o goberno. A policía asaltou o colexio en 1832 cando descubriu que se distribuía aos alumnos literatura que apoiaba oliberalismo. Considerouse desacato á autoridade polo que as autoridades propuxeron reformas e substituíron á maioría do persoal.[23]
Primeiro retrato de Karl Marx (c.1835), debuxado durante os seus estudos na Universidade de Bonn polo seu amigoHeinrich Rosbach.[24][25]
En outubro de 1835, Karl, que tiña dezasete anos, foi áUniversidade de Bonn, onde desexaba estudarfilosofía eliteratura, pero o seu pai insistiu nodereito como campo de estudo máis práctico.[26] Marx abrazou undeísmo radical e a idea do progreso como camiño á liberdade e perfección nos seus primeiros escritos como «Reflexións dun adolescente ao elixir profesión» (Betrachtung eines Jünglings bei der Wahl eines Berufes) e «Unión dos Crentes en Cristo de acordo con Xoán 15: 1-14, mostrando as súas bases e esencia, como a súa absoluta necesidade e os seus efectos» (Vereinigung der Gläubigen mit Christo nach Joh. 15. 1-14, in ihren Grund und Wesen, in ihrer Wirkungen dargestellt).[22] Foi capaz de evitar oservizo militar cando cumpriu os 18 anos porque sufría de "debilidade de peito".[27] Sendo afeccionado ás bebidas alcohólicas en Bonn, uniuse ao Club da Taberna de Tréveris (Landsmannschaft der Treveraner), unha asociación de bebedores onde en certo momento chegou a ser o seu copresidente.[28] Marx non tiña interese en estudar dereito e, debido ás súas malas notas, o seu pai obrigouno a transferirse á moito máis seria e academicamente orientadaUniversidade de Berlín,[29] onde os seus estudos de dereito fixéronse menos importantes que as incursións na filosofía e a historia.[30][31]
Marx emigrou aFrancia; enParís coñece aFriedrich Engels, con quen nacería unha grande amizade, e que sería até os seus últimos días o seu eterno colaborador.
Os seus artigos publicados enFrancia provocan a súa expulsión deste país en 1845, polo que se ve obrigado ao exilio, establecéndose enBruxelas, renunciou á súa nacionalidade para non ser perseguido polo goberno prusiano, aínda que tampouco adoptou outra nacionalidade, intensificou o contacto cos obreiros alemáns emigrados e ingresou naLiga dos Comunistas quen lle encargou a realización dun programa con ocasión dun congreso celebrado en Londres en 1847, ese programa é oManifesto comunista publicado en 1848. Tralo período revolucionario de1848, trasládase aColonia, onde organiza un novo diario,Neue Rheinische Zeitung (Nova Gaceta Renana). Esta nova publicación, que ven á luz nun marco de forte actividade obreira organizada, acada un éxito rotundo. E é precisamente por esta capacidade axitadora polo que é prohibida polo goberno renano.
En 1849 Marx pasou a vivir a Londres e alí residiu o resto da súa vida cos escasos recursos económicos que lle reportaban os artigos para periódicos e a axuda dos amigos, neste período é precisamente cando Marx dedica o seu tempo á escritura da que sería a súa obra máis influente,O capital, que elabora nas salas de lectura doMuseo Británico. O primeiro volume deO capital non verá a luz até1867, tras dezaoito anos de traballo. Ademais, mentres traballa nesta obra, Marx colaborou na organización daPrimeira Internacional, participando activamente nas discusións e na confrontación no seo da mesma entrecomunistas eanarquistas. Trala experiencia daComuna de París de1871, Marx se retira da política activa e se dedica á escritura de ideoloxía, destacando como análise da praxe revolucionaria a súa obraA guerra civil en Francia. Finou o14 de marzo de1883 enLondres.
Marx foi testemuña da primeira gran crise do capitalismo (década dos anos 30 doséculo XIX) e do período revolucionario de1848. Estas dúas vivencias serviron como pretexto para a análise teórica inserida na súa obra, na que desenvolve unha teoría económica capaz de achegar explicacións ás mesmas, pero á vez de interpelar as clases populares a participar nela activamente para producir un cambio revolucionario. Unha teoría revolucionaria que, se ben parte da análise da situación do seu tempo, non se circunscribe a este, senón que, mediante as teorías do materialismo histórico e dialéctico serve para analizar, interpretar e incidir nas condicións socioeconómicas de cada momento histórico.
Para Marx, a determinación da magnitude do valor dunha mercadoría é a cantidade de traballo requirido socialmente para producila. Esta é a coñecidateoría do valor traballo. Así, criticando a teoría deDavid Ricardo do valor-traballo, deduce que o salario é o valor da mercadoría "forza de traballo", e como todo valor, determínase polo tempo de traballo necesario para a produción e reprodución da mesma, neste caso para a produción e reprodución da mercadoría "forza de traballo". Isto é, o valor dos medios de vida necesarios para asegurar a subsistencia do traballador. Por outra parte, o capitalista comprador da "forza de traballo" consome dita mercadoría no proceso de produción onde o traballador rende durante un tempo (xornada laboral) que excede a cantidade de tempo necesaria para a súa reprodución como obreiro (salario): é dicir, o valor da "forza de traballo" e a súa valorización no proceso de traballo son factores distintos, cuxa diferenza determina a magnitude daplusvalía (exemplo de Marx enO capital 1: "para alimentar e manter en pé a forza de traballo durante vinte e catro horas faga falta media xornada de traballo, non quere dicir, nin moito menos, que o obreiro non poida traballar durante unha xornada enteira").
Estaplusvalía é apropiada polo capitalista e dela procede a ganancia. Esta apropiación constitúe a base fundamental do modo de produción capitalista e á súa vez estas condicións materiais determinan asuperestrutura, é dicir, as formas e contidos da conciencia expresadas na arte, a política, a relixión e tamén o dereito. Esta contradición fundamental (produción colectiva contra apropiación individual) baixo o réxime de produción capitalista, reviste a forma dalei xeral da acumulación capitalista, que consiste en que canto maior é a riqueza social, é dicir, o capital en funcionamento, tanto maior é a magnitude absoluta do proletariado e a capacidade produtiva do mesmo, e polo tanto, tanto maior é o exército de reserva, polo tanto a medida que crece a acumulación de capital crece a acumulación de miseria, e algúns dos seus fenómenos son a diminución da taxa de beneficios á vez que a concentración do capital en moi poucas mans. Así, a contradición principal do capitalismo segundo Marx é o antagonismo de clases entre a clase capitalista e a clase proletaria.
A necesidade da revolución implícita en tales contradicións está determinada polas tensións que se derivan do feito de que as forzas produtivas sorpasan e se ven limitadas polas relacións de produción. Para o capitalismo tal revolución consiste na "expropiación dos expropiadores" e movemento final da dialéctica da propiedade privada e a súa abolición, que no pensamento de Marx se concreta nun horizonte político concreto: o socialismo, antesala á súa vez do comunismo. Omaterialismo dialéctico, é dicir, a dialéctica do modo en que o home produce os seus medios de vida, da que se deriva a súa alienación, constitúe para Marx a historia humana (para Marx "a historia humana é a historia da súa alienación e da abolición de dita alienación"), historia que a cada momento só pode ser entendida segundo os seus diferentes modos de produción, e a loita de clases inherente, por exemplo,escravista,feudal,capitalista ecomunista.A teoría domaterialismo dialéctico, básica para unha análise marxista das determinadas condicións ao estudo, pon en evidencia a característica antidogmática domarxismo. O método dialéctico, polo que o marxismo pode estar en constante actualización, formula a necesidade dunha síntese en calquera relación dialéctica entre unha tese e unha antítese. Esta lei é aplicábel áhistoria mediante omaterialismo histórico. Así, da confrontación dialéctica entre burguesía e a antiga poderosa nobreza, xurdiu unha síntese: a sociedade capitalista. Polo tanto, mediante a relación dialéctica entre burguesía e proletariado faise necesaria como síntese a sociedade comunista.
A orixe xudía de Marx é considerada formativa tanto para a súa actitude moral[39] coma a súa filosofía materialista.[40]
O punto de vista de Marx sobre a historia, o cal foi chamadomaterialismo histórico (de xeito controvertido adaptado como a filosofía domaterialismo dialéctico por Engels e Lenin), amosa sen dúbida a influencia da afirmación de Hegel de que un debería ver a realidade (e a historia)dialecticamente.[34] No entanto, Hegel pensou en termos idealistas, poñendo as ideas por diante, mentres que Marx buscou reescribir a dialéctica en termosmaterialistas, defendendo a primacía da materia sobre a idea.[34] Mentres Hegel viu o espírito como o condutor da historia, Marx viu isto como unha mistificación innecesaria que escurecía a realidade da humanidade e as súas accións físicas que daban forma ao mundo. Escribiu que o hegelianismo ergueu o movemento da realidade na súa cabeza e que un precisaba colocalo sobre os seus pés.[34] A pesar de non lle gustar os termos místicos Marx empregou unha linguaescura en varios dos seus traballos. EnDas Kapital el refírese ao capital como a «nigromancia que arrodea os produtos do labor».
Inda que se inspirou nos socialistas franceses e o pensamento sociolóxico,[35] Marx criticou ossocialistas utópicos argumentando que as súas comunidades socialistas de pequena escala estarían limitadas á marxinación e á pobreza, e só un cambio a grande escala nosistema económico pode traer o verdadeiro cambio.[38]
A outra contribución importante á revisión de Marx sobre o hegelianismo vén do libro de Engels Die Lage der arbeitenden Klasse in England, que fixo que Marx concibise a dialéctica histórica en termos deloita de clases e vise a clase traballadora moderna como a forza máis progresiva para a revolución.
Marx cría que podía estudar a historia e a sociedade cientificamente e discernir tendencias da historia e os resultantes conflitos sociais. Algúns seguidores de Marx concluíron, polo tanto, que unha revolución comunista ocorrería inevitablemente. Porén, Marx afirmou na famosa undécima das súasThesen über Feuerbach (Teses sobre Feuerbach) que «os filósofos só interpretaron o mundo de distintos xeitos; o asunto, con todo, é cambialo», e el dedicouse a tentar cambiar o mundo.
As obras de Marx influíron a un bo número de teóricos e políticos, e serviu de base teórica para grandes movementos sociais, sindicais e en xeral de masas. É salientábel a interpretación que realizaron países do chamado "socialismo real":URSS,Albania,China,Cuba... Por outra, a que realizou historicamente asocialdemocracia, nas súas orixes contraria á táctica revolucionaria e partidaria de avanzar cara aosocialismo a través de progresivas reformas parlamentarias, derivando aos poucos até aceptar a economía de mercado. Así mesmo, o marxismo, como tese antidoutrinal e antidogmática por excelencia, en constante movemento e que emprega métodos de análise como método formador de teorías, serve para o estudo de determinadas ciencias (historia,arte,antropoloxía etc.).
Marx é coñecido como filósofo, humanista, intelectual e pensador revolucionario. Seus estudos económicos e socióloxicos son famosos, resumidos na súa grande obra,O Capital. Mais é pouco coñecida a súa afección polasmatemáticas e a existencia dos seus tratados e correspondencia matemática. Con todo, vai dedicar toda a súa vida ao estudo e análise dos fenómenos sociais, e queríao facer con tanto rigor que acabou por estudar matemáticas. Marx nace en pleno desenvolvemento darevolución industrial, é testemuña do crecemento docapitalismo, da aparición de novasclases sociais e cambios no modelo produtivo; feitos que van favorecer o seu interese pola análise dos fenómenos sociais. Seu obxectivo é analizar a realidade sen presupostos nin prexuízos ideolóxicos, é dicir, busca desenvolver un método empírico que llo permita. É por iso que, xuntamente conFriedrich Engels, desenvolve a teoría domaterialismo histórico, baseado en datos, resultados e avances científicos. Pero esta vez queren analizar o capitalismo tendo en conta a súa natureza histórica, transitoria e evolutiva; non como algo estático ou produto dunha evolución natural. Naquel momento, se non a única ferramenta, pero si a máis rigorosa, era ocálculo infinitesimal, o cal inclúe o estudo delímites,derivadas,integrais eseries; e consiste basicamente no estudo do cambio e da evolución.
A súa obsesión principal era entender o funcionamento do capitalismo e, polo tanto, debería comprender os problemas de circulación de capital e a función do tipo de cambio. Para facelo, recorre primeiro ao estudo daaritmética comercial, máis se atopa diante do mesmo problema: a aritmética non lle permite, como el quería, analizar a realidade na súa evolución e no seu automovemento. Desta forma, termina totalmente dedicado ao estudo e uso do cálculo infinitesimal. Mais, profundando no seu estudo, descobre algo que o perturbará durante o resto da súa vida e que concentrará todo o seu interese e enerxía: omisticismo que envolve ao cálculo infinitesimal. Para el, é fundamental demostrar o seu rigor como ciencia exacta se quere probar que o materialismo histórico é unha realidade. Introdúcese nesta aventura estudando todos os manuais e pistas posibles. Finalmente, desenvolve diversos métodos e símbolos propios: propón un proceso de diferenciación "alxébrica" para determinados tipos de funcións, busca unalgoritmo para descubrir se unha función ten derivada e, neste caso, atopala, presenta tamén as funcións que se poden desenvolver en series completas como un obxecto de diferenciación alxébrica, e xa fala dossentidos dunha función, é dicir, "procedente de x", ou "ir cara a x", entre moitos outros. Obviamente, non resolverá o problema do misticismo, pero finalmente escribirá numerosos borradores e cartas, desgraciadamente non publicados, explicando todas as etapas históricas fundamentais do cálculo infinitesimal. Para el, resúmense nestes tres períodos:[41]
Todo o que se coñece da súa obra matemática extraeuse das cartas que intercambiaba con amigos e personalidades da época, explicando a súa traxectoria e os seus descubrimentos. De feito, a súa grande obra foi editada e publicada polo seu íntimo amigo Engels unha vez morto Marx. Por desgraza, a maioría do material áchase en poder do goberno ruso e, a día de hoxe, non está editado nin publicado.
↑Roberto Mangabeira Unger. Free Trade Reimagined: The World Division of Labor and the Method of Economics. Princeton: Princeton University Press, 2007.
↑John Hicks, "Capital Controversies: Ancient and Modern." The American Economic Review 64.2 (maio de 1974) p. 307: "The greatest economists, Smith or Marx or Keynes, have changed the course of history...".