Okaraoke (カラオケ?)[1] é unha forma de cantar con pistas de cancións seguindo a letra da mesma impresa sobre unha pantalla e tendo todo o acompañamento musical respectivo.Etimoloxicamente, provén da palabra xaponesakara (空), que significabaleiro; eoke, abreviaturaxaponesa da palabraōkesutora (オーケストラ),orquestra. O que significa que a orquestra toca "en baleiro", sen cantante. Isto permite que calquera poida usalo como acompañamento para o seu canto.
A historia do karaoke comeza noXapón, onde foi popular a música para entretemento en reunións e comidas. A primeira máquina de karaoke introduciuna o cantanteDaisuke Inoue, quen se deu conta do potencial do sistema ao ser consultado insistentemente polos asistentes aos seus concertos por gravacións, para poder cantar con axuda delas. El comezou alugando estas máquinas —que funcionaban con moedas— a diversos establecementos, e esta forma de entretemento comezou a popularizarse. As primeiras máquinas utilizaron cintas para as gravacións e máis adiante o sistema implantouse enCDs, Laserdiscs e posteriormente enDVDs.
En Francia, a partir doséculo XIX, na tradición de canción popular noscabarets chamadagoguette, acompáñase aoacordeón ou ás veces aopiano a interpretación que fai algún asistente dunha peza coñecida, pero como esixencia suplementaria este modifica a letra da canción. A diferenza do karaoke xaponés, no cal o participante é soamente un intérprete, agoguette francesa posúe tamén unha dimensión de creación literaria e, frecuentemente, deparodia e crítica política.
Unha máquina de karaoke básica contén unha entrada de son, un modificador de ton e unha saída de son. Algunhas máquinas tamén dispoñen dun sistema desupresión de voz, para eliminar a voz do cantante orixinal da canción. Tamén adoitan dispor dunha pantalla de televisión en que se len ossubtítulos da canción.
É un lugar de lecer cuxa principal atracción é que a xente pode subir a cantar, mentres está a consumir bebidas cos seus amigos e ademais é escoitado polo resto dos asistentes. Adoitan contar cun amplo conxunto de cancións, o que facilita a elección do xénero para os distintos gustos das persoas que acoden. Ademais dispoñen de equipos de karaoke profesionais, grandes pantallas onde poder seguir as letras e poder cantar cun son de alta calidade.
A persoa que quere cantar, acode mediante un papel de petición para solicitar a canción que desexa —e que pode buscar nos catálogos—. Cando lle chega a súa quenda, o profesional —que se encarga de pór as cancións e regular o son— chama á persoa e esta acode ao escenario colocado nun lugar do recinto onde poida ser vista por todos.
Este tipo de actividade foi utilizada tamén por restaurantes e bares normais que a utilizan en ocasións especiais, como vodas, bautizos, banquetes e outros eventos. A diferenza cun “pub de karaoke” é que o pub non o utiliza en ocasións determinadas, xa que é a súa función do día a día.
Esta actividade xerou concursos ao longo do planeta, onde a xente demostra o seu talento á hora de cantar. Ben poden ser organizados por medios locais (como os organizados no verán de 2006 por diferentes televisións rexionais españolas, comoTV3,Aragón Televisión eTVG), como por mor deeventos de banda deseñada.
Con todo, tamén hai concursos internacionais a escala mundial como oKaraoke World Championships.[2]
O karaoke entelevisión deulle un gran pulo a esta actividade, son moitos os programas que utilizaron o karaoke como parte dun concurso ou dentro do programa.
En España usouse en programas comoFuror,El grand prix del verano, e faladoiros da tarde nas distintas cadeas. Ademais sempre existiron os concursos onde vai a xente a cantar, algúns comoLluvia de estrellas eMenudas estrellas onde participaron algúns dos artistas que despois pasaron ás listas dos máis escoitados.
Así se conseguiu que esta actividade se vise máis favorecida e no verán de 2006 nas televisións rexionais saíron concursos deste tipo, comoCanta comigo en Aragón Televisión ouSupermartes naTVG.
A finais de 2007 chegou á televisiónAl pié de la letra, un programa de karaoke que utiliza o mesmo formato que o coñecido programa de televisiónThe Singing Bee estreado o 10 de xullo pola cadea estadounidenseNBC. A mecánica do concurso ao utilizar só anacos de cancións é moito máis amena para o espectador.
NaArxentina, o fenómeno foi popularizado porSusana Giménez dentro dunha sección do programa que leva o seu nome. Nela os participantes, sempre famosos, compiten tratando de interpretar pezas musicais.
Inicialmente o karaoke só se podía gozar en salas especializadas con equipos profesionais de son comomicrófonos ou monitores que mostraban a letra coloreándose ao tempo que avanza a canción, pero cos avances tecnolóxicos no ámbito dos ordenadores empezaron a aparecer novas solucións as cales facilitaron a entrada do karaoke a nivel doméstico. Hoxe en día cunha simple procura en Internet xa podemos ver unha gran listaxe desoftware parakaraoke onde podemos atopar diversas solucións tanto a nivel gratuíto como de pago, desde programas que unicamente reproducen os clásicos formatos de karaoke como .kar ou .midi até os máis avanzados programas capaces de reproducir formatos de maior calidade como .km3 ou o .cdg.
Tamén foron diferentes compañías de software as que crearon xogos baseados neste sistema, comoSony,Nintendo e outras, tendo un grande éxito de vendas.