Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kampala

Coord.:0°18′49″N32°34′52″L / 0.3136,32.5811
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKampala
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 0°18′49″N32°34′52″L / 0.3136,32.5811
EstadoUganda
RexiónRegião Central(pt)Traducir
DistritoDistrito KampalaEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.680.600(2019)Editar o valor en Wikidata (8.892,06hab./km²)
Xeografía
Superficie189.000.000 m²Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago VitoriaEditar o valor en Wikidata
Altitude1.190 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Presidente(pt)TraducirEditar o valor en WikidataErias Lukwago(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webkcca.go.ugEditar o valor en Wikidata
BNE: XX458328

Kampala é acapital deUganda, enÁfrica central e cunha poboación de 1 208 544 habitantes, segundo o censo de2002, é a maior aglomeración urbana do país. Está situada nodistrito homónimo, a unha altura de 1.189metros sobre o nivel do mar. A cidade goza dun clima amornado pola súa altitude, a pesar da súa proximidade aoecuador terrestre.

As súas actividades económicas máis destacables son a industria, en especial a mobiliaria e a maquinaria, así como a exportación de produtos agrícolas comocafé,algodón, eazucre.

Existe un aeroporto internacional enEntebbe, a uns 35quilómetros de distancia, así como un porto sobre a beira doLago Vitoria a 10 quilómetros,Port Bell.

No sector de Makarere Hill pode acharse o campus principal daUniversidade de Makarere, un dos principais centros de estudos superiores de África central e oriental. Kampala é tamén a sede do Banco de Desenvolvemento da África Oriental.

De acordo coa enquisa do bienio 2004-05 realizada polo Ministerio de Saúde, Kampala posúe o maior índice de infección porVIH. O 9´2% dos adultos áchase infectado, taxa que se dispara ao 47% en canto aostraballadores sexuais refírese.

Orixe do nome

[editar |editar a fonte]

Antes da chegada dosbritánicos, oKabaka ou rei deBuganda elixira a zona que se convertería en Kampala como un dos seus refuxios de caza. A zona está formada de outeiros onduladas e exuberantes zonas húmidas. É unha zona de cría ideal para variosantílopes -particularmente o impala. Cando os británicos chegaron á zona chamárona os Outeiros dos Impala (Hills of the Impala eninglés).

A lingua dosbaganda, oluganda, adoptou moitas palabras do inglés debido á interacción dos seus falantes cos británicos. Desta forma, os baganda traduciron "os Outeiros dosImpala" comoKasozi ka Empala -"Kasozi" significa "outeiro","ka" significa "de" e"empala" significa "impala". Ao falar en lugandés, as palabraska eempala pronúncianse xuntas, como unha soa palabra,Kaampala. Pronto, cando o kabaka ía cazar os baganda dicíanKabaka agenze e "ka Empala", que significa, "O kabaka foi a Ka'mpala". O nome Kampala axiña foi adoptado.

Historia

[editar |editar a fonte]

Kampala expandiuse ao redor dun forte construído por Frederick Lugard en1890 para a Compañía Británica da África Oriental. En1962, Kampala substituíu a Entebbe como capital nacional. Gran parte da cidade foi destruída en1979 tras o derrocamento do goberno ditatorial deIdi Amin e a subseguinte guerra civil.

Patrimonio da Humanidade

[editar |editar a fonte]

AsTumbas dos reis de Buganda en Kasubi localizadas no outeiro deKasubi da capital, foron incluídas noPatrimonio da Humanidade daUnesco no ano2001.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  KampalaModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
   
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kampala&oldid=6572602»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp