Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kali Yuga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se desexa ver o artigo relacionado coa deusa Kali, vexaKali.

Kali yuga é un período que aparece nas escriturashinduístas. Chámaselle era de pelexa, dosánscritokáli: ‘dado' (ou máis ben o lado do dado marcado cun un: o lado perdedor do dado) eyugá: ‘era'.

Mitoloxía

[editar |editar a fonte]

A personificación de Kali

[editar |editar a fonte]

Segundo oBhagavat Purana 4.8.3, Kali é undemo de pel negra, fillo de Krodha (‘ira') eHimsa (‘violencia'). Cometeuincesto coa súa irmá Durukti (‘calumnia') e así tivo dous fillos: Bhaya (‘medo') e Mritiu (‘morte').

Aparece como un xenio malvado no episodio de Nala, noMahabharata.

Non se debe confundir a este malvado demo Kali coa deusaKalí.

Lenda

[editar |editar a fonte]

Segundo oMahabharata, a era de Kali comezou na media noite entre o17 e o18 de febreiro do3102 a.C., no décimo segundo día da guerra de Kurukshetra (que durou en total 18 días), a noite en que os dous exércitos se negaron a deterse pola noitiña (para orar) e seguiron matándose durante toda a noite, na escuridade.

Debido á presenza do deusKrishna no planeta, a personificación de Kali non se atreveu a entrar con toda a súa forza. Pero no mesmo día da “desaparición” de Krishna (quen morreu aos 125 anos de idade), Kali entrou neste mundo mancando unha vaca de forma delictiva.

Esteyuga do vicio durará exactamente 1200 anos dosdeva (deuses) ou 432 000 anos dos humanos. Ao final, naceráKalki, o décimo e últimoavatar deVishnu, que —montando un cabalo branco e brandindo unha espada— matará a toda a humanidade corrompida, e salvará aos que sigan sendo devotos deVishnu.

Cronoloxía

[editar |editar a fonte]

Segundo asescrituras védicas, os catroyugas forman un ciclo de 4 320 000 anos (unmaha-yuga, ou ‘grande era'), que se repite:

  • Satyá-yuga (‘era da verdade'): a primeira era, de 1 728 000 anos de duración. A media de vida era de 100 000 anos.
  • Treta-yuga (‘terceira era'): de 1 296 000 anos. A media de vida era de 10 000 anos.
  • Dvapara-yuga (‘segunda era'): de 864 000 anos. A media de vida era de 1000 anos.
  • Kali-yuga (‘era de pelexa'): de 432 000 anos. A media de vida é de 100 anos (ao comezo da era, hai 5100 anos).

Nestemaha-yuga en particular, as idades permutáronse: despois da primeira era (Satya-yuga), veu a terceira (Treta), e despois a segunda.

Outra nomenclatura das idades que se utiliza na India é:

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kali_Yuga&oldid=6555765»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp