Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lingua groenlandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kalaallisut»)
Groenlandés
Kalaallisut
Pronuncia:[kalaːɬːisʉt]
Falado en:GroenlandiaGroenlandia
Rexións:América do Norte
Total de falantes:57.000 aprox. (2007)
Familia:Esquimó-aleutiana
 Esquimó
  Inuit
   Groenlandés
Escrita:Latino
Status oficial
Lingua oficial de:GroenlandiaGroenlandia[1] (Dinamarca)
Regulado por:Oqaasileriffik
Códigos de lingua
ISO 639-1:kl
ISO 639-2:kal
SIL:KAL
Mapa
Status

O groenlandés está clasificado como "vulnerable" poloLibro Vermello das Linguas Ameazadas daUNESCO[2]

Alingua groenlandesa[3][4] (kalaallisut), tamén chamadaesquimó-groenlandés ougroenlandés-inuktitut, é unhalingua esquimó-aleutiana falada enGroenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomascanadenses como oinuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamentepolisintético eergativo. Case non ten palabras compostas.

No ano 2007 era falada por máis de 57.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimó-aleutianas xuntas. É a lingua oficial deGroenlandia, onde odinamarqués ten un estatuto semi-oficial.[5]

Dialectos

[editar |editar a fonte]

Existen tres dialectos principais do groenlandés:

  • Groenlandés oriental (Tunumiisut).
  • Groenlandés occidental (Kalaallisut), é o máis importante dos dialectos.
  • Groenlandés setentrional (Inuktun), falado preto da cidade deQaanaaq (Thule), é máis semellante aoinuktitut canadense.

Características

[editar |editar a fonte]

Tipoloxía e morfosintaxe

[editar |editar a fonte]

O groenlandés diferenza dous tipos de palabras abertas:substantivos everbos. Cada categoría subdivídese en palabrastransitivas eintransitivas. Distínguense catro persoas: 1ª, 2ª, 3ª e 3ª reflexiva; dous números: singular e plural (non hai dual como no esquimó); oito tempos: indicativo, participial, imperativo, optativo, subxuntivo pasado, subxuntivo futuro e subxuntivo habitual; dez casos: absolutivo, ergativo, ecuativo, instrumental, locativo, allativo, ablativo e perlativo. Para algúns nomes (nominativo e acusativo) os verbos teñen unha inflexión bipersonal para o suxeito e o obxecto (distinguidas por persoa e número). Os substantivos transitivos levan inflexión posesiva.

Como comparativa co esquimó, que en groenlandés éinuttut, unha das palabras máis característica do inuktitut éiglú, que en groenlandés se escribeillu.

Escritura

[editar |editar a fonte]

Alfabeto

[editar |editar a fonte]

a, e, f, g, h, i, j, k, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u, v

En contraste coaslinguas esquimó-aleutianas doCanadá, o groenlandés escríbese coalfabeto latino e non cosilabario esquimó. Un carácter especial, a letraKra (ĸ), empregouse exclusivamente en groenlandés até que unha reforma ortográfica substituíuna pola letraq.

Mostra de texto

[editar |editar a fonte]
Inuit tamarmik inunngorput nammineersinnaassuseqarlutik assigiimmillu ataqqinassuseqarlutillu pisinnaatitaaffeqarlutik. Silaqassusermik tarnillu nalunngissusianik pilersugaapput, imminnullu iliorfigeqatigiittariaqaraluarput qatanngutigiittut peqatigiinnerup anersaavani.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.
Declaración universal dos dereitos humanos, artigo 1º

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Lov om Grønlands Selvstyre"(PDF).Lovtidende(en dinamarqués). 2009-06-13. p. 3. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 2011-06-05.Det grønlandske sprog er det oficielle sprog i Grønland. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre."Atlas of the world's languages in danger".unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición degroenlandés -sa noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.
  4. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paragroenlandés.
  5. Rischel, Jørgen."grønlandsk"(en dinamarqués). 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Existe unha versión daWikipedia en  Lingua groenlandesa

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_groenlandesa&oldid=6863932»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp