Okaiukenbo (kajukenbo oukajukembo) é unhaarte marcial híbrida, que combina okarate, ojudo, ojujitsu, okempo e owushu (kung fu). Foi desenvolta nos anos corenta do século XX enOahu (Hawai) como método de autodefensa contra criminais e soldados da mariña americana que atacaban á poboación civil. O Kaiukenbo é por definición un método no que as defensas e os ataques mudan, é un sistema en continua evolución.
O propio nome ten a súa orixe nas primeiras sílabas dos nomes dos compoñentes de kaiukenbo:
Cinco mestres das diferentes artes marciais existentes en Hawai uníronse neste proxecto.
Durante dous anos (1945-1947) os fundadores combinaron os seus coñecementos coa práctica, testando regularmente as situacións de agresión posíbeis na vida real. Pasado un tempo decidirón chamar a este sistema de defensa "kaiukenbo" e crear a Sociedade dos Cintos Negros (Black Belt Society) e o Instituto do Autodefesa Kaiukembo. Co tempo estas ensinanzas moveranse cara a costa doPacífico dosEstados Unidos, concretamente ata a base aérea de Travis enCalifornia, onde no ano1958 o mestre Aleju Reyes abriu a primeira escola fóra das Illas do Hawaí. Nesa escola formaría aos membros da forza aérea dos Estados Unidos.
En 1959, o "sijo" Emperado sumou as técnicas do wushu no kaiukenbo e trocou esta arte nunha combinación fluída de técnicas duras e "suaves".
Charles Gaylord, Tony Ramos, e Aleju Reyes, que tiñan recibido os seus cintos negros de Emperado, expandiron o kaiukenbo polo continente americano, abrindo cada un deles a súa propia escola do kaiukenbo en California. En1969, Tony Ramos adestrou conBruce Lee co que intercambiou ideas e métodos. Aleju Reyes morreu en1977, e Tony Ramos en1999, en Hawai. Dende entón, Charles Gaylord é o presidente da Asociación do Kaiukenbo de América (Kajukenbo Association of America).
Actualmente, o kaiukenbo goza de boa saúde, estando máis asentado na sociedade que outras escolas de kempo. Aínda que contén certos aspectos de competición, concéntrase principalmente no combate real e en análises prácticas. En xeral os practicantes de kaiukenbo son iso mesmo, prácticos, repugnando golpes en puntos coma ollos ou xenitais, que poden ser permitidos se axudan na defensa contra o agresor na realidade. A maior parte de escolas de kaiukenbo evitan trucos e movementos espectaculares sen unha aplicación práctica. Os plans de estudo inclúen contras para ataques e golpes con puños, coitelos, bastóns, armas de fogo etc.
Aínda que os diferentes tipos de kaiukenbo teñan unha base común, hai variantes. O kaiukenbo está baseado en catro estilos diferentes.
Certas escolas de kaiukenbo acentúan a importancia de 26 "katas". Adoitan ser divididas en 13 "pinyans" (chamados ás veces "os xogos de Palama" - "Palama sets") e 13 "concentracións". Cada "concentración" ten o seu propio nome, que describe o seu movemento característico. Por exemplo a primeira concentración, a do "golpe do guindastre/garra do tigre", inclúe un golpe cun movemento que recorda guindastre e outro que ten un parecido coa garra do tigre. Cada movemento ten o seu significado. No exemplo anterior pode ser aplicado para bloquear un golpe co puño.
Nalgunhas escolas de kaiukenbo a oración xoga un papel importante, pero a maioría de escolas non teñen esa vertente mística. As leccións remátanse coa apelación aos tres elementos do kaiukenbo: o espírito, a mente e o corpo (cada un ten o seu propio sinal coa man). Máis tarde, os estudantes e o mestre abren as mans representando a paz e cúrvanse cunha reverencia para expresar respecto.
Cinto | Tempo aproximado (meses) |
branco | 4 |
amarelo | 5 |
laranxa | 6 |
violeta | 7 |
azul | 8 |
verde | 9 |
marrom III | 6 |
marrom II | 6 |
marrom I | 6 |
negro | 12 |
Os graos e os títulos son diferentes dependendo da escola. Os donos de cintos negros recibirán títulos de orixe chinesa: