Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

KK Olimpija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KK Olimpija
Información xeral
NomeKošarkarski klub Olimpija
AlcumeZmaji(Dragóns)
Fundación1946
Desaparición2019
Cores        Verde,branco
VestimentaMacron
Localización
CidadeEsloveniaLiubliana,Eslovenia
PavillónArena Stožice
Capacidade12.480
Inauguración10 de agosto de 2010
Campionatos
C. Saporta1 (1994)
ABA Liga1 (2002)
Liga Esl.17 (1992−1999, 2001−2002, 2004−2006, 2008−2009, 2017, 2018)
Liga Yug.6 (1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970)
Copa Esl.20 (1992−1995, 1996−2003, 2004, 2006, 2008−2013, 2017)
cedevita.olimpija.com

OKošarkarski Klub Olimpija, popularmente coñecido durante moitos anos por motivos de patrocinio comoUnion Olimpija, foi un equipo debaloncesto profesional da cidade deLiubliana (Eslovenia). O Olimpija gañou 23 campionatos de Liga, incluíndo oito títulos consecutivos entre 1992 e 1999. Tamén gañou 20 torneos deCopa, 8 títulos de Supercopa e unhaCopa Saporta. En xullo de 2019, o equipo fusionouse coKK Cedevita, formando un novo club: oKK Cedevita Olimpija.

Historia

[editar |editar a fonte]

O Košarkarski Klub Olimpija foi fundado en 1946 como unha sección da Sociedade de Cultura Física de Svoboda para competir naliga de baloncesto de Iugoslavia.. O primeiro partido de baloncesto do club foi ese mesmo ano contra o Udarnik, gañando a Olimpija quedou porcun marcador de 37-14. A finais de 1946, o club pasou a chamarse Enotnost e foi coñecido por ese nome ata 1954 cando asumiu o nome de AŠK Olimpia. O Olimpija gañou o seu primeiro título daLiga Iugoslava na temporada de 1957 baixo a dirección do adestrador/xogador Boris Kristančić. Nos anos seguintes, o Olimpija gañou cinco títulos iugoslavos máis: 1959, 1961, 1962, 1966 e 1970. Unha nova era para o club comezou coa independencia de Eslovenia cando Olimpija gañou oito títulos de liga consecutivos entre 1992 e 1999.

No escenario internacional, a temporada 1993–94 foi a mellor tempada do club xa que gañou aRecopa de Europa ante oTaugrés, club español daLiga ACB Taugrés baixo a dirección do adestrador Zmago Sagadin. Na temporada 2001–02, Olimpija gañou a "pequena Tripla Coroa", levando o campionato da Liga, aCopa e aLiga do Adriático. O club foi membro fundador daAsociación de Baloncesto Adriático en 2015. O 8 de xullo de 2019, o Olimpija fusionouse co equipo croataCedevita formando oKK Cedevita Olimpija, club que segue a xogar enLiubliana. En novembro de 2020, as accións do club foron transferidas aoKK Mornar Bar.

Patrocinios

[editar |editar a fonte]

O club tivo diversos nomes ao longo da súa historia, algúns debidos a motivos de patrocinio:

  • KK Svoboda (1946)
  • KK Enotnost (1947–1954)
  • AŠK Olimpija (1955–1976)
  • Brest Olimpija (1976–1978)
  • Iskra Olimpija (1978–1982)
  • Smelt Olimpija (1983–1997)
  • Union Olimpija (1997–2017)
  • Petrol Olimpija (2017–2019)

Xogadores

[editar |editar a fonte]

Dorsais retirados

[editar |editar a fonte]
XogadorPosiciónEtapa
12
EsloveniaMarko MiličAla-pivote1994–1997, 1999–2000, 2006–2009
13
EsloveniaIvo DaneuBase1956–1970

Destacados

[editar |editar a fonte]

Adestradores

[editar |editar a fonte]
  • Iugoslavia Boris Kristančič (195?–1967)
  • Iugoslavia Lazar Lečić (1973–1975)
  • Iugoslavia Krešimir Ćosić (1976–1978)
  • Iugoslavia Lazar Lečić (1978–1982)
  • Iugoslavia Zmago Sagadin (1985–1994)
  • Eslovenia Sergej Ravnikar (1995)
  • Eslovenia Peter Vilfan (1995)
  • Eslovenia Janez Drvarič (1995–1996)
  • Eslovenia Žarko Đurišić (1996)
  • Eslovenia Zmago Sagadin (1996–2002)
  • Eslovenia Tomo Mahorič (2002–2003)
  • Eslovenia Sašo Filipovski (2003–2005)
  • Croacia Josip Grdović (2005)
  • Croacia Denis Bajramović (2005)
  • Eslovenia Zmago Sagadin (2005–2006)
  • Eslovenia Tomo Mahorič (2006)
  • Eslovenia Gašper Okorn (2006–2007)
  • Eslovenia Memi Bečirović (2007–2008)
  • Serbia Aleksandar Džikić (2008)
  • Eslovenia Jure Zdovc (2008–2011)
  • Eslovenia Miro Alilović (2011)
  • Eslovenia Sašo Filipovski (2011–2013)
  • Eslovenia Miro Alilović (2013)
  • Eslovenia Aleš Pipan (2013–2015)
  • Eslovenia Memi Bečirović (2015)
  • Eslovenia Gašper Potočnik (2015–2016)
  • Eslovenia Gašper Okorn (2016–2018)
  • Eslovenia Zoran Martič (2018)
  • Serbia Saša Nikitović (2018–2019)
  • Eslovenia Jure Zdovc (2019)

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Iugoslavia

[editar |editar a fonte]

Liga

  • Campións (6): 1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970
  • Subcampións (8): 1953, 1956, 1958, 1960, 1965, 1967, 1968, 1969

Eslovenia

[editar |editar a fonte]

Liga

  • Campións (17): 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018
  • Subcampións (8): 2003, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2019

Copa

  • Campións (20): 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2020
  • Subcampións (3): 2004, 2007, 2014

Supercopa

  • Campións (7): 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013
  • Subcampións (5): 2010, 2011, 2012, 2014, 2018

Internacional

[editar |editar a fonte]

Liga do Adriático

  • Campións (1): 2002
  • Subcampións (1): 2011

Copa Saporta

  • Campións (1): 1994

Euroliga

  • Final Four (3): 1962, 1967, 1997

Liga SBA (Liga Centroeuropea)

  • Campións (2): 1993, 1994

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=KK_Olimpija&oldid=6586523»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp