Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xaneiro de 2013.) |
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de febreiro de 1969 Berkeley, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade Harvard Berkeley High School(en) |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor, saxofonista, músico de jazz |
| Período de actividade | 1991 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Jazz ePost-bop |
| Instrumento | Saxofón tenor,saxofone soprano(pt) |
| Selo discográfico | Warner Bros. Records Nonesuch |
| Familia | |
| Pai | Dewey Redman |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | joshuaredman.com |
Joshua Redman, nado enBerkeley (California) o1 de febreiro de1969, é unsaxofonista ecompositor dejazz que traballa paraNonesuch Records. Gañou o premioThelonious Monk International Jazz Saxophone Competition de 1991.
Joshua Redman era fillo do saxofonista tenorDewey Redman e da bailarina Renee Shedroff. Seu pai eraafroamericano e súa nai era xudía . Tocou varios tipos de música no Centro para Música Mundial enBerkeley, onde súa nai estudou baile indio. Ao largo dos seus estudos foi influenciado por músicos e grupos musicais comoJody Diamond,John Coltrane,Ornette Coleman,Cannonball Adderley,osBeatles,Aretha Franklin, osTemptations,Earth, Wind and Fire eLed Zeppelin meteron a Joshua máis profundamente na música. Comezou tocando o clarinete a idade de nove anos, pero un ano máis tarde, comezou co saxofón tenor, instrumento co que fixo a súa carreira musical.
Graduouse noBerkeley High School , no que formou parte do grupo de Jazz do instituto, e no 1991 graduouse en Harvard, a vez que foi aceptado pola Escola de dereito da Universidade de Yale. Algúns dos seus amigos convencerono para trasladarse paraNova York , e posteriormente viuse involucrado no mundo do jazz e empezou a relacionarse con outros grandes artistas do jazz da súa época comoPeter Bernstein,Larry Goldings,Kevin Hays,Roy Hargrove,Geoffrey Keezer,Leon Parker,Jorge Rossy eMark Turner.
Redman gañou oThelonious MonkInternational Jazz Saxophone Competition no1991, e aí empezou a súa verdadeira carreira musical. Despois disto , Redman conseguiu un contrato con Warner Bros. O seu primeiro álbum titulouse Choices[1] e publicou o seu segundo álbum,Wish[1], cando era o líder dun cuarteto moi prestixioso, constituído pologuitarristaPat Metheny, obaixistaCharlie Haden, e obateríaBilly Higgins. Este cuarteto tivo unha exitosa xira , só cun cambio na batería ,Christian McBride porBilly Higgins. Logo seguiu a formar parte doutros cuartetos ata que se formou o trioElastic[1], formado por Redmman,Sam Yahel eBrian Blade , que debutaron cun álbum chamadoYaya3 , e este trio pasouse a chamarJoshua Redman Elastic Band.
No 2000 Redman foi director artísticoda Spring Season[2], organización non lucrativa que presenta jazz, SFJAZZ . Logo Redman e outros directores desta organización decidiron formar oColectivo SFJAZZ, do que Joshua formaría parte e este proxecto estreouse no 2004 .No ano 2007 Redman comunicou que deixaba de formar parte tanto daSFJAAZ como doColectivo SFJAAZ para experimentar outras cousas na súa vida .
Polo 1995, Redman, saliu nunha novela de televisión como un dos personaxes principais e tamén compuxo a banda sonora para unha película (Love and Betrayal: The Mia Farrow Story, 1995). No 2009 Redman comezou a formar parte dunha nova banda colaborativa:James Farm, constituída polo pianista Aaron Parks, o baixista Matt Penman, e o batería Eric Harland. Publicaron o primeiro álbum en abril de 2011.