![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en)Joseph Stanley Williams![]() 1 de setembro de 1960 ![]() Santa Monica, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Grant High School(en)![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música cinematográfica![]() |
Ocupación | compositor, cantautor, compositor de bandas sonoras, cantante, artista discográfico![]() |
Período de actividade | 1982![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock,hard rock,pop rock,adult contemporary emúsica cinematográfica![]() |
Influencias | |
Instrumento | Teclado evoz![]() |
Familia | |
Pais | John Williams![]() ![]() |
Sitio web | josephwilliams.totoweb.org![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Joseph Stanley Williams, nado o 1 de setembro de1960, é uncantante,escritor ecompositor debandas sonorasestadounidense. Foi o vocalista principal da banda derockToto de1986 a1988 e de novo desde2010. É fillo da actrizBarbara Ruick e do prolífico compositorJohn Williams.[1] Fóra de Toto, traballou como compositor evocalista de estudo, incluíndo avoz cantante do Simba adulto no filme deanimación de1994The Lion King.
Williams foi vocalista de Toto nadécada de 1980, nos álbumsFahrenheit (1986) eThe Seventh One (1988) antes de marchar por problemas persoais. Tamén aparece no álbumToto XX (1998), unha recompilación de temas raros e inéditos, e no álbum de2006 de Toto,Falling in Between, compartindo a voz principal conSteve Lukather en "Bottom of Your Soul".
Williams reincorporouse a Toto tras a súa reforma en2010 e tocou nos últimos álbums en directo da banda e no álbum de estudo de2015Toto XIV. Cando o grupo se disolveu en2019 e posteriormente se reformou en2020, Williams foi o único membro da formación anterior ademais deLukather e os membros de xira Warren Ham e Xavier Taplin en regresar.
Joseph Williams lanzou o seu primeiro álbum en1982. Despois do seu primeiro período con Toto, lanzou outros nos que colaboraron moitos membros do grupo. En2003, liderou o proxecto Vertigo, publicando o álbum homónimo e encargándose da gravación e da voz.[2] O seguimento,Vertigo 2, chegou en2006. No mesmo ano, lanzou "Two of Us", un álbum de versións conpiano de cancións de artistas recoñecidos comoElton John eBryan Adams. Continuou este formato en2007 conSmiles and Tears. O seu último álbum de cancións orixinais,This Fall, foi lanzado en2008.
Joseph Williams tamén estivo ocupado como compositor departituras de filmes e series, como as deciencia ficciónRoswell eThe Lyon's Den.
Foi o autor das letras das cancións "Lapti Nek" e "Ewok Celebration" deO retorno do Jedi, compostas polo seu pai,John Williams.[3][4] Colaborou de novo co seu pai enThe Phantom Menace (1999) eAttack of the Clones (2002).
En2003, foi nomeado a unEmmy polaserieMiracles.[2] As músicas daminiserie daCBSCategory 7: The End of the World e dotelefilmeMomentum foron compostas por el.[5][6]
Williams foi moi demandado comovocalista de sesións e pódese escoitar en numerosos proxectos doutros artistas, así como enBSOs.
En1985 cantou a voz para a sintonía da serieGummi Bears deDisney.[7] Proporcionoucoros enWorld Falling Down dePeter Cetera e participou no álbumAirplay for the Planet deJay Graydon eIn the City of Angels deJon Anderson en1988. Nalonga de animación deDisneyThe Lion King, canta nas cancións "Hakuna Matata" e "Can You Feel the Love Tonight", e participou no filmeMickey's Magical Christmas: Snowed in at the House of Mouse. En1997 e1998, cantoua capella con The West Coast All Stars, xunto aBobby Kimball entre outros. Cantou tamén varias cancións do grupoChicago e coescribiu "What You're Missing" do álbumChicago 16.[8] Ademais, fixo coros en catro álbumes deSteve Lukather.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Williams![]() |