Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Joseph Mascis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseph Mascis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1965Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Amherst, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Massachusetts Amherst
Amherst Regional High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, actor de cinema, actor de televisión, actor, cantante, cantautor, produtor de cinemaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1982Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativoEditar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra evozEditar o valor en Wikidata

Sitio webjmascis.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0556208Allmovie: p101580
Facebook: JMascisOfficialTwitter: jmascisMySpace: jmascisYoutube: UCNHL4feEEfVFpUaSYpLHlkwBNE: XX1177433Spotify: 1PokjXeIq2zVosXbTEaNlxLast fm: J+MascisMusicbrainz: 82315599-2215-4c3e-a36f-87be58d06ec0Songkick: 226924Discogs: 97679Allmusic: mn0000086774Genius: J-mascisEditar o valor en Wikidata

J Mascis, nado o10 de decembro de1965 en Amherst,Massachusetts, é un músico estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o cantante, guitarrista e compositor deDinosaur Jr., a pesar de traballar ocasionalmente como produtor ou como compositor de música de películas.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Nado en Amherst,Massachusetts, fillo dun dentista local,[1] medrou na mesma zona coa súa irmá Patty e o seu irmán maior Mike.[2] A súa nai, Theresa, morreu en 1985 mentres que o seu pais, Joseph Sr., morreu en 1993.[3][4]

Mascis converteuse nun fan da música e entusiasta da batería aos 9 anos, e posteriormente uniuse ao conxunto de jazz do colexio como batería.[5]

Aos 17 anos, a principios dos 80, Mascis uniuse á bandahardcore de curta vidaDeep Wound, cos amigos do institutoLou Barlow,Scott Helland e Charlie Nakajima.[4] Comezou tocando abatería, pero cambiou para aguitarra cando fundou o grupoDinosaur Jr. (co baixista Barlow e o bateríaPatrick "Murph" Murphy) en1984 acadando éxito en todo o país.[4] A súa voz foi comparada coa deNeil Young, e os seus riffs de guitarra designados coma "monolíticos".[6] Despois de que Mascis despedise a barlow deDinosaur Jr. en1989 gravou varios discos coa banda ata1997, e tamén un álbum en solitarios acústico tituladoMartin + Me en1996. En 1989Kurt Cobain suxeriu que Mascis se unise aNirvana como guitarrista.[7]

Foi batería do proxecto paralelo Upsidedown Cross, unha banda dedoom metal deBoston que tamén contaba con Seth Putnam deAnal Cunt, que editou un álbum auto-titulado co selo Taang! Records en1991. Mascis escribiu temas para a películaGas, Food, Lodging e fixo un cameo na mesma. En1996 tivo un pequeno papel no filmeGrace of my Heart e achegou un par de temas á súa banda sonora. No ano2000 comezou a traballar nos discos da súa nova banda, J Mascis and the Fog.

En abril do2005 Mascis reuniuse con Barlow e Murph, o trío orixinal deDinosaur Jr., para realizar unha xira de celebración da re-edición dos seus primeiros tres álbums. Dende entón lanzaron dous novos traballos:Beyond (2007) eFarm (2009).

No mes de agosto do 2005 Mascis editou un novo traballo en solitrio baixo o nome de J Mascis and Friends,J and Friends Sing and Chant For Amma, un álbum adicado ao líder relixioso hindúMata Amritanandamayi, sobre o cal anteriormente compuxera a canción "Ammaring", aparecida no primeiro álbum de J Mascis + The FogMore Light. Os beneficios do disco foron doados á organización de Mata Amritanandamayi, que actuou axudando aos damnificados do tsunami do ïndico do ano anterior.

Discografía

[editar |editar a fonte]

En solitario

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Several Shades of Why2011Sub Pop Records
Tied to a Star2014Sub Pop Records
Elastic Days2018Sub Pop Records
What Do We Do Now2024Sub Pop Records

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lester, Paul (2012-08-03)."J Mascis: 'I never took it that seriously'".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Consultado o2024-03-08. 
  2. "Picking Up the Slack".Spin. Consultado o 8 de marzo de 2024. 
  3. "J Mascis".Exclaim!(eninglés). Consultado o2024-03-08. 
  4. 4,04,14,2"Dinosaur Jr.: Rediscovering the Gnarl".Spin. Consultado o 8 de marzo de 2024. 
  5. "How a 16-year-old J Mascis from Dinosaur Jr. got into straight-edge and learnt to play anywhere".Loud And Quiet(eninglés). Consultado o2024-03-08. 
  6. "J Mascis Songs, Albums, Reviews, Bio & More".AllMusic(eninglés). Consultado o2024-03-08. 
  7. "How J Mascis Almost Joined Nirvana (Twice!) and Built to Spill".Spin. Consultado o 8 de marzo de 2024. 
Álbums de estudio
Sinxelos
Artigos relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joseph_Mascis&oldid=6710298»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp