Joseph Kabila, nado o4 de xuño de1971, foi opresidente daRepública Democrática do Congo desde o asasinato do seu paiLaurent-Désiré Kabila en xaneiro de 2001, no transcurso daSegunda Guerra do Congo, até o ano2019.
Gañou aseleccións presidenciais de 2006 polo que continuou no cargo. O seu partido político é oPartido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia.
Intentou deter aguerra civil e facer que se retiraran as tropas estranxeiras do Congo con certo éxito. Tras un acordo de paz, unha administración temporal púxose en marcha en 2003. Nela incluíronse ós xefes dos dous principais grupos rebeldes nos cargos de vicepresidentes. Coa fin de organizar eleccións antes da fin de 2005, distribuíronse os cargos proporcionalmente.
O 28 de marzo de 2004 os seguidores do antigo presidenteMobutu Sese Seko intentaron derrocar ó fillo de Kabila mediante ungolpe de estado.
Desde a súa chegada ó poder, Joseph Kabila debeu facer fronte a continuas guerras no leste do Congo ou ás forzas rebeldes internas ou apoiadas polos gobernos veciños (Uganda eRuanda) que fan reinar a inestabilidade mediante a violencia, o crime e a pillaxe dos recursos mentres acomunidade internacional parece desviar a mirada. Os rebeldes séntense ademais motivados por cousas distintas á obtención da vitoria e o control das minas de ouro ediamante: que Kabila permita que os antigosxenocidashutus se rearmen e realicen incursións militares enBurundi. Tanto Ruanda como Burundi desexan acabar co período de inestabilidade da rexión dos Grandes Lagos, así como dar caza ós milicianos que se reagrupan ó leste do Congo.
En outubro de 2021, Joseph Kabila defendeu a súa tese de graduación na Universidade de Johannesburgo. Concedéuselle un máster en ciencias políticas e relacións internacionais ao remate dos seus estudos de cinco anos de duración.