Joseph Conrad
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | (pl)Józef Teodor Konrad Korzeniowski 3 de decembro de 1857 Terekhove, Ucraína(en)  |
|---|
| Morte | 3 de agosto de 1924 (66 anos) Bishopsbourne, Reino Unido |
|---|
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
|---|
| Lugar de sepultura | Canterbury City Cemetery(en) Canterbury |
|---|
| Grupo étnico | Pobo polaco |
|---|
| Relixión | Ateísmo |
|---|
| Educación | Bartłomiej Nowodworski High School(en)  |
|---|
| Actividade |
|---|
| Campo de traballo | Fiction(en)  |
|---|
| Ocupación | escritor, escritor de ciencia ficción, autobiógrafo, guionista, novelista, ensaísta, slave driver(en)  |
|---|
| Período de actividade | 1895 - 1926 |
|---|
| Xénero artístico | Novela curta |
|---|
| Movemento | Literatura modernista |
|---|
| Influencias | |
|---|
| Obra |
|---|
Obras destacables |
| Arquivos en | |
|---|
| Familia |
|---|
| Familia | Nałęcz(en) eQ63532412  |
|---|
| Cónxuxe | Jessie George |
|---|
| Pais | Apollo Korzeniowski e Ewa Korzeniewska |
|---|
| Parentes | Stefan Bobrowski,tío materno Aniela Zagórska,curmá entregue Tadeusz Bobrowski,tío materno |
|---|
| Cronoloxía |
|---|
|
| marzo de 1933-outubro de 1933 | queima de libros na Alemaña nazi |
|
Sinatura  |
|
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Конрад Джозеф) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|---|
  
            |
Joseph Conrad, nado comoJózef Teodor Nałęcz Konrad Korzeniowski enBerdychev (Ucraína, daquela pertencente aoImperio Ruso) o3 de decembro de1857 e finado enCanterbury (Inglaterra) o3 de agosto de1924, foi un novelistabritánico de orixepolaca. As súas novelas, etiquetadas ás veces derománticas[Cómpre referencia], anticipan no tratamento docolonialismo e nas tinturas irónicas a nova estética domodernismo.
Foi fillo dun aristócrata, de quen herdaría o seu amor pola literatura. Seu pai, deideoloxíanacionalista eliberal, sería arrestado enVarsovia polo seu apoio á insurrección polaca de1863 e condenado a traballos forzados enSiberia polas autoridadesrusas. Morta a súa nai detuberculose en1865 e o seu pai en1869, un tío materno deCracovia encargarase do pequeno Conrad ata que en1874 viaxe aMarsella onde se embarcará como mariñeiro.
Ata1878 navegará enmercantes franceses porSuramérica,India,Arquipélago Malaio,África,Australia eInglaterra, onde finalmente ingresará naMariña Real, da que chegará a ser capitán. Adoptou a nacionalidade británica en 1886, mudando o seu nome polaco polo máis simple de Joseph Conrad.
Logo dunha tentativa desuicidio fanado por unha historia de amor, e de servir durante dezaseis anos na mariña mercante británica, abandonará a súa vida de mariño e comezará a escribir. Viviu por temporadas enLondres, en Lowestoft, enSuffolk e Bishopsbourne, preto deCanterbury. Coñeceu e mantivo relacións de amizade conJohn Galsworthy,Rudyard Kipling,Henry James,Bernard Shaw eBertrand Russell.
Está enterrado enCanterbury.
A súa obra narrativa, escrita toda eninglés, sitúase entre orealismo literario, na tradición deCharles Dickens eFiódor Dostoievski, e omodernismo, sendo en boa medida a síntese dunha reelaboración autobiográfica. O mar e as aventuras da vida mariña narradas cun dominio lingüístico pouco usual calaron fondo nun pobo marítimo como o inglés. Bertrand Russell, que sentía verdadeira admiración pola obra de Conrad, bautizaría un dos seus fillos co seu nome.
A súa primeira novela,Almayer's Folly (1895), sitúa a acción na costa leste deBorneo.Nostromo (1904) é un estudo panorámico da revolución en Suramérica, mentresThe Secret Agent eUnder Western Eyes foron das primeiras novelas modernas en tratar doterrorismo e aespionaxe. O tránsito da mocidade ó mundo dos adultos e das súas responsabilidades é narrado co pano de fondo do mar e da vida a bordo enA liña de sombra. As operacións de tráfico de armas e as conspiracións políticas en que se viu envolto o Conrad mozo terían o seu reflexo na súa novela tardía,A frecha de ouro (The Arrow of Gold).
A novela máis coñecida éCorazón da escuridade (Heart of Darkness). Baseada na viaxe que fixera en1890 polorío Congo, considérase un alegado contra docolonialismo europeo en África, pero é tamén unha historia de nobres ideais que se transforman en barbarie e perversión.
- "The Idiots" (o primeiro relato breve de Conrad, publicado enSavo 1896 e recollido enTales of Unrest, 1898).
- "The Black Mate" (escrito en 1886 segundo Conrad; publicado en 1908; recollido postumamente enTales of Hearsay, 1925).
- "The Lagoon" (composto en 1896; publicado enCornhill Magazine 1897; recollido enTales of Unrest, 1898).
- "An Outpost of Progress" (redactado en 1896 e recoñecido en 1906 por Conrad, despois da publicación deLord Jim eHeart of Darkness, como o seu mellor relato breve; publicado enCosmopolis 1897 e recollido enTales of Unrest 1898; comparado conHeart of Darkness, novela coa que ten numerosas afinidades temáticas).
- "The Return" (escrito en torno a 1897; recollido enTales of Unrest, 1898; Conrad odiábao).
- "Karain: A Memory" (escrito en 1897 e publicado ese mesmo ano enBlackwood's; recollido enTales of Unrest, 1898).
- "Falk" (novela breve escrita en 1901; recollida enTyphoon and Other Stories, 1903).
- "Amy Foster" (redactada en 1901; publicada enIllustrated London News e compilada con outros relatos breves enTyphoon and Other Stories, 1903).
- "To-morrow" (escrita en 1902; serializada enPall Mall Magazine, 1902, e recollida enTyphoon and Other Stories, 1903).
- "Gaspar Ruiz" (escrita despois de "Nostromo" en 1904-1905; publicada enStrand Magazine en 1906 e recollida enA Set of Six, 1908. Este relato foi o único adaptado para o cine polo autor comoGaspar the Strong Man, 1920).
- "An Anarchist" (escrito en 1905; serializado enHarper's in 1906; aparece enA Set of Six, 1908)
- "The Informer" (escrito antes de xaneiro de 1906; publicado en decembro enHarper's e recollido enA Set of Six, 1908)
- "The Brute" (escrito a comezos de 1906; publicado enThe Daily Chronicle en decembro de 1906; recollido enA Set of Six, 1908)
- "The Duel" (publicado en varias entregas no Reino Unido (RU) enPall Mall Magazine en 1908; recollido enA Set of Six en 1908 e publicado por Garden City Publishing in 1924.)
- "Il Conde" (i.e., 'Conte' [count]: apareceu enCassell's [RU] 1908 eHampton's [EUA] en 1909; recollido enA Set of Six, 1908)
- "The Secret Sharer" (escrito en decembro de 1909; publicado enHarper's e recollido enTwixt Land and Sea 1912)
- "Prince Roman" (escrito en 1910, publicado en 1911 enOxford and Cambridge Review; baseado na historia do PríncipeRoman Sanguszko dePolonia 1800-1881)