Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Josep Fontana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosep Fontana

(2017)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1931Editar o valor en Wikidata
Barcelona, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 2018Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Barcelona, EspañaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíacaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de BarcelonaEditar o valor en Wikidata
Director de teseFabián Estapé(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoriaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario, escritorEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona
Universidade Autónoma de Barcelona
Universidade de Valencia
Universidade Pompeu Fabra
Universidade de LleidaEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartit Socialista Unificat de Catalunya(1957–1980)
Barcelona en ComúEditar o valor en Wikidata
Interesado enFranquismo ehistoria contemporánea de EspañaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaioEditar o valor en Wikidata
ProfesoresJaime Vicens Vives eFerran Soldevila Zubiburu(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
18 de febreiro de 2014Intellectuals for the Third Republic(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoRoberto Fernández Díaz,Jaume Claret Miranda,Martí Grau i Segú(pt)Traducir,Josep Maria Fradera(en)Traducir eJordi Figuerola(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDiccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002)(en)Traducir, (sec:Fontana Lázaro, Josep, p.260–261)Editar o valor en Wikidata
BNE: XX882645Bitraga: 4199Dialnet: 105630

Josep Fontana i Lázaro, nado enBarcelona o20 de novembro de1931 e finado na mesma cidade o28 de agosto de2018,[1][2] foi un historiadorcatalán. Foi unha das figuras máis relevantes da historiografía catalá e española.[3]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras, sección de Historia en 1956 naUniversidade de Barcelona, onde fixo o doutoramento enHistoria en 1970. Entre 1957 e 1966, foi axudante deJaume Vicens Vives eJordi Nadal na Facultade de Ciencias Económicas de Barcelona.[1]

En 1966, por mor dunha serie de protestas contra a represión franquista, xunto con outros profesores, foi expulsado da universidade non retornará até 1968 como interino na Universidade Autónoma de Barcelona[1] onde estivo até 1974 cando gañou a cátedra de Historia Económica e Mundial naUniversidade de Valencia.[2] En 1976, retornou á Universidade Autónoma de Barcelona onde foi vicerreitor e decano da facultade de Letras.[1]

En 1990, participou na fundación daUniversidade Pompeu Fabra e onde foi catedrático até a súa xubilación en 2001, cando foi nomeado catedrático emérito. En 1991, fundou o Instituto Universitario de Historia Jaume Vicens Vives, dependente da Universidade Pompeu Fabra.[3]

Josep Fontana foi membro do consello editorial da revistapolíticaSin Permiso. Dende abril de 2010 fixo o labor de analista para o diarioPúblico.

Traxectoria política

[editar |editar a fonte]

Foi unha persoa comprometida politicamente durante o franquismo e que militou noPSUC dende 1957 até comezos da década dos 80. Naseleccións municipais de 2015, foi no derradeiro lugar da lista deBarcelona en Comú, que levaría á súa candidataAda Colau á alcaldía de Barcelona.

Influencias

[editar |editar a fonte]

Foi alumno deFerran Soldevila eJaume Vicens Vives.

Obra

[editar |editar a fonte]
  • 1971:La quiebra de la monarquía absoluta (1814-1820). Barcelona: Ariel.
  • 1972:Política i economía a la Catalunya del siglo XX. Barcelona: Ariel.
  • 1975:Cambio económico y actitudes políticas en la España del siglo XIX. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-0736-1
  • 1977:La revolucion liberal [Texto impreso] : política y hacienda en 1833-1845. Madrid: Instituto de Estudios FiscalesISBN 8471960346
  • 1979:La crisis del Antiguo Régimen (1808-1831). Barcelona: Crítica.ISBN 8474230845
  • 1980:La Hacienda en la historia de España: 1700-1931. Madrid: Instituto de Estudios Fiscales.ISBN 8471963174
  • 1981:La invasió napoleònica: economía, cultura i societat. Barcelona: Universitat Autónoma, Servei de Publicacions.ISBN 8474880181
  • 1982:Historia: análisis del pasado y proyecto social
  • 1992:La història després de la fi de la història
  • 1994:Europa ante el espejo
  • 1999:Enseñar historia con una guerra civil de por medio
  • 1999:Introducció a l'estudi de la història
  • 2000:La història dels homes
  • 2005:Aturar el temps
  • 2006:De en medio del tiempo
  • 2006:La construcció de la identitat. Barcelona: Base.ISBN 84-85031-51-2 (edición en galego:A construción da identidade e outros traballos de historia (2007). Ames [A Coruña]: Laiovento.ISBN 978-84-8487-112-5)
  • 2007:Historia de España, vol. 6: La época del liberalismo
  • 2010:L'ofici d'historiador (Documenta Universitària)
  • 2011:Por el bien del imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona: Pasado & Presente.ISBN 978-8493914349
  • 2013:El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona: Pasado & Presente.ISBN 978-84-939863-5-3
  • 2013:De en medio del tiempo: la Segunda Restauración Española, 1823-1834. Barcelona: Crítica.ISBN 978-84-9892-554-8
  • 2014:La formació d'una identitat: una història de Catalunya. Vic: Eumo.ISBN 978-84-9766-526-1
  • 2017:El siglo de la revolución: una historia del mundo desde 1914. Madrid: ed. Crítica.ISBN 978-84-16771-50-9
  • 2018:L'ofici d'historiador (nova edició ampliada, Arcàdia)

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]

En 2006, recibiu aCreu de San Jordi e no 2007 foi recoñecido co primeiro Premio Nacional á Traxectoria Profesional e Artística concedido polaGeneralitat de Catalunya.[1][2]

O 11 de xuño de 2010 recibiu o título dedoutor honoris causa polaUniversidade Rovira i Virgili deTarragona[4], o 25 de novembro de 2011 polaUniversidade de Valladolid e o 14 de marzo de 2013 polaUniversidade de Xirona, xunto conRamón Garrabou eJordi Nadal.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,4"Josep Fontana i Lázaro".Gran enciclopèdia catalana(encatalán). Consultado o 02-09-2018. 
  2. 2,02,12,2Lorenci, Miguel (28-08-2018)."Josep Fontana, historiador y maestro de historiadores".lavozdegalicia.es. Consultado o 01-09-2018. 
  3. 3,03,1"Mor Josep Fontana Lázaro, un dels més grans renovadors de la historiografia catalana i espanyola".upf.edu(encatalán). 20-08-2018. Consultado o 02-09-2018. 
  4. "Josep Fontana, investit doctor honoris causa per la Universitat Rovira i Virgili".upf.edu(encatalán). 11-06-2010. Arquivado dendeo orixinal o 31-05-2020. Consultado o 02-09-2018. 
  5. "Josep Fontana, investit doctor honoris causa per la Universitat de Girona".upf.edu(encatalán). 15-03-2013. Consultado o 02-09-2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Josep FontanaModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Josep_Fontana&oldid=6791715»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp