Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

José Ramos-Horta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramos-Horta
Orde do Infante Don HenriqueEditar o valor en Wikidata

(2022)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1949Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Dili (Timor portugués)Editar o valor en Wikidata
Presidente de Timor Leste
20 de maio de 2022 –
← Francisco Guterres
Presidente de Timor Leste
20 de maio de 2007 – 20 de maio de 2012
← Xanana GusmãoTaur Matan Ruak →
Primeiro ministro de Timor Oriental
26 de xuño de 2006 – 19 de maio de 2007
← Marí bim Amude AlkatiriEstanislau da Silva →
Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
15 de xullo de 2001 – 10 de xullo de 2006
Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
12 de xullo de 2000 – 31 de marzo de 2001
Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
1 de decembro de 1975 – 17 de decembro de 1975Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónAntioch College(en)Traducir-Estudos para a paz(pt)Traducir,polemologia(pt)Traducir (–1984)
Academia de Direito Internacional de Haia(pt)Traducir-dereito internacional (–1983)
Fondation René-Cassin(en)Traducir
School of International and Public Affairs
Universidade ColumbiaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado, conselleiro legalEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de OxfordEditar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor
FretilinEditar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAna Pessoa Pinto(–valor descoñecido),divorcioEditar o valor en Wikidata
FillosLoro HortaEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Sitio webramoshorta.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0708522Facebook: officialramoshortaEditar o valor en Wikidata

José Manuel Ramos-HortaGColIHGCL, nado enDili o26 de decembro de1949, é unpolítico exuristatimorense, presidente do seu país de2007 a2012. Inicialmente fora o voceiro da resistencia timorense no exilio durante a ocupaciónindonesia entre1975 e1999. Secuencialmente, foiMinistro de Negocios Estranxeiros deTimor-Leste desde a súa independencia en2002.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Nacido de naitimorense, de nome Natalina Ramos Filipe Horta, e paiportugués (exiliado en Timor), foi educado nunha misión católica en Soibada. Debido á actividade política pro-independencia, estivo exiliado durante un ano (1970-1971) durante a época colonial enMozambique.

Considerado como moderado, ocupa o cargo de Ministro das Relacións Exteriores no goberno auto-proclamado o28 de novembro de1975, con só 25 anos de idade. Deixou Timor-Leste só tres días antes da invasión indonesia, de viaxe aNova York para presentar ásNacións Unidas o caso timorense. Alí expón a violencia perpetrada por Indonesia na ocupación do territorio, tornándose o representante permanente da Fretilin naONU nos anos seguintes.

En decembro de1996, José Ramos-Horta partilla oNobel da Paz co compatriotabispoCarlos Filipe Ximenes Belo. O Comité Nobel laureounos polo continuo esforzo para rematar coa opresión vixente en Timor-Leste, esperando queo premio sirva para o encontro dunha solución diplomática para o conflito en Timor-Leste con base no dereito dos pobos á autodeterminación.

José Ramos Horta estudou Dereito Internacional na Academia de Dereito Internacional da Haia, nosPaíses Baixos (1983) e na Universidade de Antioch (Estados Unidos) onde completou o mestrado en Estudos da Paz (1984), ben como unha serie doutros cursos de post-graduación sobre a temática do Dereito Internacional e da Paz. O 9 de xuño de 1998 foi agraciado coa Gran Cruz da Orde da Liberdade dePortugal.[1] En outubro de 2000 foi investido, xuntamente con D. Ximenes Belo e Xanana Gusmão, como doutor «Honoris causa» pola Universidade do Porto (por proposta da respectiva Facultade de Letras).

En 2003, José Ramos Horta apoiou a invasión do Iraq polas tropas anglo-norteamericanas, criticando o réxime ditatorial deSadam Hussein e aAl Qaeda, lembrando queOsama bin Laden xustificara o ataque terrorista de Balí entre outros argumentos como o feito de ser Timor-Leste supostamente vítima de ataques contra o islam polos países occidentais (Indonesia ten a maior poboación islámica no mundo).

Carreira gobernamental

[editar |editar a fonte]

Foi Ministro dos Negocios Estranxeiros no I Goberno de Transición de Timor-Leste e II Goberno de Transición de Timor-Leste, liderado polasNacións Unidas, de 2000 a 2002 e no I Goberno Constitucional, de 2002 a 2006.

A finais de xuño de2006, renunciou ao cargo de Ministro de Negocios Estranxeiros e da Defensa ao saber que o cuestionado primeiro ministroMari Alkatiri permanecería no cargo.

Tras a crise que culminou na renuncia de Alkatiri, asumiu en8 de xullo de2006 o cargo de primeiro ministro, xunto con Estanislau da Silva como viceprimeiro ministro e Rui Araújo como segundo viceprimeiro ministro.

José Ramos-Horta era descrito pola prensa portuguesa como un dos sucesores deKofi Annan no cargo de secretario-xeral da ONU. Ramos-Horta non confirmou o seu interese no cargo, mais tampouco excluíu a hipótese.

Na segunda volta das eleccións de9 de maio de2007, Ramos-Horta foi elixido Presidente da República de Timor-Leste, en disputa con Francisco GuterresLu Olo, sucedendo aXanana Gusmão no cargo. Terminou o seu mandado en 2012, sendo seguido porTaur Matan Ruak.

Desde outubro de 2014 é presidente do Panel Independente de Alto Nivel para as Operacións de Paz da ONU e copresidente da Comisión Internacional sobre o Multilateralismo.[2]

Atentado

[editar |editar a fonte]

Na mañá de11 de febreiro de2008 recibiu un tiro no estómago, durante un ataque armado á súa casa. O ataque foi perpetrado polo grupo disidente das forzas armadas liderado por maior Alfredo Reinado, que morreu no ataque.[3]

Honras

[editar |editar a fonte]
  • Doutor Honoris causa pola Universidade do Porto (2000)
  • Doutor Honoris causa pola Victoria University   (2001)AustraliaAustralia[4]
  • Gran Colar da Orde do Infante D. Henrique dePortugal (13 de novembro de 2007)[1]
  • Doutor Honoris causa pola Gyungwoon University of Busan   (25 de xuño de 2018)Corea do Sur
  1. 1,01,1"Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "José Ramos Horta". Consultado o2014-05-18. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 09 de xullo de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2020. 
  3. "Presidente de Timor Leste, Nobel da Paz Ramos-Horta é ferido a tiros em ataque". 10 de fevereiro de 2008. Consultado o 26 de dezembro de 2012. 
  4. Victoria University."The VU Timor-Leste Alliance - People". Consultado o 4 de Maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  José Ramos-Horta


Predecesor:
Xanana Gusmão
Presidente da República Democrática de Timor Leste

2007-2012
Sucesor:
Taur Matan Ruak
Predecesor:
Mari Alkatiri
Primeiro ministro da República Democrática de Timor Leste

2006-2007
Sucesor:
Estanislau da Silva
Predecesor:
Joseph Rotblat e aConferencia Pugwash
Premio Nobel da Paz

1996
Sucesor:
Jody Williams e aCampaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersoa
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Ramos-Horta&oldid=6713997»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp