Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

José Ramón Romero García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón Romero García
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1975Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Boiro, EspañaEditar o valor en Wikidata
Alcalde de Boiro
2019 –
← Juan José Dieste OrtigueiraEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, políticoEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de GaliciaEditar o valor en Wikidata

José Ramón Romero García,Martiño, nado enBoiro o16 de xullo de1975, é un político e empresario galego doPSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Carreira profesional

[editar |editar a fonte]

Xerente da empresa familiar Autoescolas Martiño. Foi presidente da Federación de Empresarios do Barbanza de2012 a2017. Así mesmo, foi membro da xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios, formou parte do consello social daUniversidade da Coruña e foi secretario da Asociación de Autoescolas de Galicia.

Carreira política

[editar |editar a fonte]

En novembro de2018 foi proposto pola executiva local do PSdeG-PSOE de Boiro como candidato á alcaldía desta formación naseleccións municipais de 2019.[1] En ditos comicios o PSdeG logrou unha mellora substancial dos seus resultados, pasando de 2 a 5 concelleiros e conseguindo que oPPdeG perdese a maioría absoluta que ostentara os dous anteriores mandatos. Deste xeito, foi investido alcalde co apoio doBNG, a marea Boiro Novo e o exalcalde e exsocialistaManuel Velo Velo de ICBoiro.[2] Gobernou en minoría ata outubro de2021, cando chegou a un acordo de goberno coa edil de Boiro Novo e o concelleiro electo por Ciudadanos, que abandonou dita formación.[3] Dende febreiro de2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Industria. Nasmunicipais de 2023 encabezou de novo a candidatura socialista e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.[4]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lorenzo, A. (4 de novembro de 2018)."El PSOE confirma a José Ramón Romero como candidato a la alcaldía de Boiro".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  2. Blanco, M.X. (16 de xuño de 2019)."Martiño asume la alcaldía boirense con el reto de cumplir la demanda colectiva de transparencia".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  3. Sevilla, Álvaro (06 de outubro de 2021)."El gobierno de Boiro se convierte en tripartito para superar el «bloqueo»".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  4. Redacción (21 de xullo de 2023)."Romero configura la organización del gobierno de Boiro según las aptitudes de los concejales".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]


Predecesor:
Juan José Dieste
 
Alcalde de Boiro
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Ramón_Romero_García&oldid=6633302»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp