José María Aznar López, nado o25 de febreiro de1953 enMadrid, foi o cuarto presidente do gobernoespañol dende a democracia. O seu mandato durou dende o4 de maio de1996 ata o17 de abril de2004. É presidente daFundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES) e membro doConsello de Estado.
Neto deManuel Aznar Zubigaray, xornalista, político e diplomáticonavarro e fillo deManuel Aznar Acedo, falanxista e oficial do Exército Nacional que durante aditadura deFranco ocupou diversos cargos en organismos de radiodifusión e propaganda.
Durante a súa mocidade, militou noFrente de Estudiantes Sindicalistas, sindicato que foi o inicio deFalange Española Independiente. Aznar foi un dos moitos responsables do FES que se pronunciaron nunha actitude crítica cara ó franquismo postreiro e a súa fachada política, e que reivindicaban as ideas orixinais do fundador da Falange,José Antonio Primo de Rivera. Esta organización xuvenil deixou paso a un pensamento demócrata conservador.Estudou dereito na Complutense deMadrid, licenciandose no1975, ó ano seguinte aprobou as oposicións de inspector de Facenda e en 1977 casou conAna Botella.
O27 de xaneiro de1979 afiliouse aAlianza Popular deLogroño, onde residía e o6 de outubro era elixido secretario xeral do PP daRioxa. Elixido deputado no Congreso nas eleccións de1982 por Ávila, reelixido en1986. En1985 foi elixido presidente de AP enCastela e León e dende1987 ata1989 exerceu o cargo de presidente daXunta de Castela e León. Cando en xaneiro de1989 o seu partido pasou a chamarse Partido Popular, Aznar foi elixido un dos vicepresidentes. Tras a saída deAntonio Hernández Mancha polas súas negociacións conAdolfo Suárez, Aznar foi designado candidato á presidencia do Goberno para as eleccións xerais do29 de outubro de1989, cesando como presidente de Castela e León en setembro, foi elixido presidente do PP o1 de abril de1990. Enfrontouse, sen éxito, aFelipe González nas eleccións do6 de xuño de1993 pero conseguiu superar oPSOE nas eleccións europeas de1994. O19 de abril de1995 saíu ileso dun atentado deETA con coche bomba en Madrid, saíndo ileso grazas á blindaxe do seu vehículo.
Nas eleccións xerais do1996, oPP converteuse no principal partido deEspaña, superando en 300.000 votos ó PSOE, aínda que sen obter a maioría absoluta na cámara (156 de 350 deputados). Tras longas negociacións coas principais formacións nacionalistas deCataluña (CiU),País Vasco (PNV) eCanarias (CC), logrou o apoio das mesmas na sesión de investidura do4 de maio do1996, polo que ao día seguinte xurou o cargo como presidente do Goberno de España.
Despois de deixar a política ten ocupado diversos cargos en empresas, como administrador en Afinity Ltd[1].
- ↑"La empresa de inteligencia artificial de los Aznar capta 68 millones desde el paraíso fiscal de Bermudas".eldiario.es(encastelán). Consultado o2018-11-29.