| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1900 Vigo, España |
| Morte | 30 de xaneiro de 1996 Vigo, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritor |
| Membro de | |
| Familia | |
| Pai | José Gómez Veiga |
| Premios | |
| |
José Gómez Posada-Curros, nado enVigo en1900 e finado na mesma cidade o30 de xaneiro de1996, foi un xornalista e escritor galego.
Fillo do compositor e concertista compostelánJosé Gómez Veiga e Concepción Posada Román. Estudou Maxisterio naEscola Normal de Santiago de Compostela. Doutor en Filosofía e Letras, foi catedrático de bacharelato no instituto deLugo.
Con 17 anos dirixiu o semanario estudantilMaruxa e ao ano seguinte a revistaLa Raza; a finais de 1924 dirixiuLa Última Hora e ao ano seguinte fundou e dirixiuVida Céltica. Foi o último xornalista que entrevistou aRamón María del Valle-Inclán. En 1926 estreouse a súa comedia dramáticaAmor de Amores. Foi redactor deFaro de Vigo, onde dirixiu a súa "Página Literaria" en 1923, eEl Pueblo Gallego e arquiveiro do Concello de Vigo, onde recompilou as Ordenanzas de la Villa dende 1560.
En 1922 participou como actor na representación da obraTrebón deArmando Cotarelo Valledor, e antes diso escribira o libreto dunhazarzuela en galego chamadaO sangue berra, con música de Lozano. En 1944 escribiu a obra coral en castelánCanción Galega, publicada en 1991 en galego co título deNin me abandonarás nunca con tradución deXosé Luís Méndez Ferrín. Esta obra foi levada a escena en 1994 poloCentro Dramático Galego.
Foi membro correspondente daReal Academia Galega. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Recibiu a Medalla do Traballo en1980 e aXunta de Galicia concedeulle amedalla Castelao en1995.