Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Johnny Briceño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohnny Briceño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)John Antonio BriceñoEditar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1960Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Orange Walk, Belize(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
President of the Caribbean Community(en)Traducir
1 de xaneiro de 2022 – 30 de xuño de 2022
← Gaston BrowneChan Santokhi →
Minister of Finance(en)Traducir
16 de novembro de 2020 –
Primeiro ministro de Belice
12 de novembro de 2020 –
← Dean Barrow
Nomeado por:Colville Young
Leader of the Opposition of Belize's House of Representatives(en)Traducir
31 de xaneiro de 2016 – 12 de novembro de 2020
← Francis Fonseca(en)TraducirPatrick Faber(en)Traducir →
Deputy Prime Minister of Belize(en)Traducir
28 de agosto de 1998 – 5 de xuño de 2007
← Dean BarrowJuan Vildo Marin(en)Traducir →
Member of the House of Representatives of Belize(en)Traducir


Circunscrición electoral:Orange Walk Central(en)Traducir
Member of the House of Representatives of Belize(en)Traducir


Circunscrición electoral:Orange Walk Central(en)Traducir
Minister of the Environment(en)Traducir

← Henry Young(en)TraducirJuan Vildo Marin(en)Traducir →
Minister of the Environment(en)Traducir

← Juan Vildo Marin(en)TraducirFlorencio Marin Sr.(en)Traducir →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónSt. John's College, Belize(en)Traducir-administración de empresasEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónpolíticoEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPeople's United Party(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRossana BriceñoEditar o valor en Wikidata
PaiElijio BriceñoEditar o valor en Wikidata
ParentesLeopoldo Briceño,sobriñoEditar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: johnbricenobzeEditar o valor en Wikidata

John Antonio Briceño, nado enOrange Walk Town,Honduras Británica, o17 de xullo de1960, é unpolíticobelizense, actualprimeiro ministro de Belize desde2020. É ademais o líder doPartido Popular Unido (PUP) desde 2016. Foi líder da oposición de 2008 a 2011 e de 2016 a 2020. De 1998 a 2007, foi viceprimeiro ministro durante o goberno deSaid Musa.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Naceu o o 17 de xullo de1960 enOrange Walk Town, na entónHonduras Británica.[1] O seu pai, Elijio Briceño, foi ministro do goberno nadécada de 1980, pero en1985 foi condenado por tentar introducirmarihuana ecocaína nosEstados Unidos, en colaboración cun irmán e un sobriño.[2]

Graduouse noMuffles College en 1978.[3] Obtivo un grao de asociado en administración de empresas no St. John's College en 1980, e un título de grao en administración de empresas da Universidade de Texas en Austin en 1985.[1] En 1990, Johnny Briceño e o seu irmán Jaime fundaron Centaur Communications,[4] un provedorde televisión por cable que máis tarde se expandiu comoservizo de Internet, noticias e radio.[5]

En 1993 foi elixido por primeira vez para a Cámara de Representantes de Belize, representando o distrito electoral de Orange Walk Central. En 1994 gañou as eleccións da alcaldía do concello de Orange Walk Town.[1] Tamén en 1994 foi elixido copresidente do Partido Popular Unido,[1] e dous anos máis tarde pasou a ocupar o cargo de vicelíder do partido.[6] Cando o PUP gañou as eleccións xerais de 1998, Briceño foi nomeado viceprimeiro ministro do goberno de Belize e Ministro de Recursos Naturais e Medio Ambiente.[1]

En agosto de 2004 dirixiu un grupo de ministros, coñecido como a alianza do G-7, que demandou unha serie de reformas, entre elas a destitución deRalph Fonseca do goberno. O primeiro ministro,Said Musa, non atendeu a estas demandas e o grupo dimitiu. Con todo, Musa acabou aceptando posteriormente todas as demandas agás a destitución de Fonseca e os ministros do G-7 permaneceron no Consello de Ministros.[7] Briceño gañou ademais unha carteira adicional, o Ministerio de Facenda.[1] Máis tarde foi un dos ministros que se opuxo á proposta de Musa de saldar a débeda dos Servizos Universais de Saúde do país. Como resultado disto, Musa intentou retirar a Briceño do seu cargo de vicepresidente do goberno, ofrecéndolle outros postos menores no goberno. Briceño non aceptou, e acabou por dimitir o 5 de xuño de 2007.[7]

Nunha convención nacional do PUP en xullo de 2007, Briceño foi reelixido como un dos vicedirixentes do partido.[8] Nas eleccións xerais de febreiro de 2008, nas que o PUP foi derrotado, Briceño foi reelixido na súa circunscrición de Orange Walk Central, sendo un dos únicos seis candidatos do PUP que o lograron.[9]

O 30 de marzo de 2008 foi elixido líder do PUP nunha convención do partido enBelmopán, sucedendo a Musa. Derrotou aFrancis Fonseca, que era considerado o candidato preferido pola dirección do partido, recibindo 330 votos fronte a 310 de Fonseca.[10]

Alegando problemas de saúde, dimitiu inesperadamente como líder do PUP e da oposición en outubro de 2011, sen ter liderado o partido nunhas eleccións xerais. Con todo, mantivo o seu escano na Asemblea Nacional.[11] Foi sucedido en ambos cargos por Francis Fonseca.[12]

Incidente de gravación de 2015

[editar |editar a fonte]

En marzo de 2015, pouco despois da derrota do PUP nas eleccións municipais, fíxose pública unha gravación de Briceño criticando duramente o goberno de Musa do período 1998-2008. Na gravación, Briceño acusaba a Musa e Ralph Fonseca de ter roubado "millóns, decenas de millóns de dólares" e afirmando que se o país fose outro, estarían no cárcere. Tamén se lle oía dicir que se tiña endebedado persoalmente como líder do PUP en nome do partido, e culpaba a Francis Fonseca de perder as eleccións xerais e locais de 2012. Briceño afirmou que a gravación se realizou sen o seu consentimento e rexeitou comentala. Francis Fonseca cualificou o suceso como un "asunto interno do partido".[13]

En 2016 foi elixido líder do partido por segunda vez.

Primeiro ministro de Belize (2020-presente)

[editar |editar a fonte]

O 11 de novembro de 2020, oPartido Popular Unido gañou as eleccións xerais, derrotando aoPartido Democrático Unido liderado porPatrick Faber. Briceño asumiu o cargo deprimeiro ministro de Belize o 12 de novembro de 2020. Converteuse así no primeiro primeiro ministro que non é natural daCidade de Belize.[14]

En xullo de 2021, o seu goberno aprobou unha lexislación que establece un mandato fixo de sete anos para ogobernador xeral de Belize. Durante o debate do proxecto de lei, afirmou que Belize debería comezar a considerar a substitución damonarquía por unharepública.[15]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Casou con Rossana,[16] coa que tivo tres fillos.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,41,51,6"Cablegate: Bio -- Belize: John Briceno,"(eninglés). 31 de marzo de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  2. "Former Belize minister gets 7 years on drug charges"(eninglés). 10 de setembro de 1985. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  3. "Prime Minister’s alma mater sends congratulations"(eninglés). 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  4. "Jaime Briceno".pup.org.bz(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  5. "OUR HISTORY".centaurbz.com(eninglés). Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  6. "From the Publisher"(eninglés). 15 de marzo de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  7. 7,07,1"Vildo is Deputy P.M. – Florencio replaces Johnny!".amandala.com(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 8 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  8. "Musa and Ralph step down - PUP D-day March 30!"(eninglés). 15 de febreiro de 2008. Arquivado dendeo orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  9. "Confirmed winners"(eninglés). 8 de febreiro de 2008. Arquivado dendeo orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  10. "Johnny stuns Francis in ‘Pan!"(eninglés). 1 de abril de 2008. Arquivado dendeo orixinal o 8 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  11. "Johnny Briceño steps down as Leader of the PUP"(eninglés). 7 de outubro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  12. "Francis Fonseca is the New Leader of the PUP"(eninglés). 20 de outubro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  13. "CONfirmation!"(eninglés). 13 de marzo de 2015. Arquivado dendeo orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  14. "Belize election: Opposition win brings change after 12 years".BBC(eninglés). 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  15. "Abandoning the realm: Republic of Belize?"(eninglés). 5 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  16. "Prime Minister’s alma mater sends congratulations"(eninglés). 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2022. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Johnny_Briceño&oldid=6360033»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp