David John Moore Cornwell, nado enPoole,Dorset,Reino Unido, o19 de outubro de1931[1] e finado enTruro o12 de decembro de2020,[2] foi unnovelistabritánico, máis coñecido co sobrenome deJohn le Carré.
Durante as décadas de 1950 e 1960, traballou no Servizo de Seguridade (MI5) e no Servizo Secreto de Intelixencia (MI6). A súa terceira novela,The Spy Who Came in from the Cold (1963), converteuse nun best-seller internacional e abandonou os traballos anteriores parta se converter en escritor a tempo completo. Especializouse no xénero de relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época daGuerra fría e outros escritores como Frederick Forsyth o consideran o mestre das novelas de espías.[3]
Tivo unha infancia difícil pois foi abandonado pola súa nai cando tiña 5 anos e seu pai era un estafador profesional.[1][3]
Estudou linguas naUniversidade de Berna e no Lincol College daUniversidade de Oxford, e foi profesor naUniversidade de Eton entre1956 e1958 e ingresou no corpo diplomático como segundo secretaro na embaixada de Bonn entre1960 e1964. A súa carreira diplomática rematou en 1964 cando o seu nome apareceu na lista que Kim Philby ofreceu aos soviéticos e na que delataba a axentes británicos.[1]
O final da Guerra fría levouno a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento daUnión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axenteSmiley, son complexos e turbios, o máis oposto aoaxente 007 deIan Fleming.
Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.
A novelaThe Spy Who Came in from the Cold, publicada en 1963, foi elixida porPublishers Weekly comoa a mellor novela de espionaxe de tódolos tempos. Tamén forma parte da lista das 100 mellores da Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos (Mystery Writers of America).[4]
- Call for the Dead (1961),ISBN0-143-12257-6
- A Murder of Quality (1962),ISBN0-141-19637-8
- The Spy Who Came in from the Cold (1963),ISBN0-143-12475-7
- The Looking Glass War (1965),ISBN0-143-12259-2
- A Small Town in Germany (1968),ISBN0-143-12260-6
- The Naïve and Sentimental Lover (1971),ISBN0-143-11975-3
- Tinker Tailor Soldier Spy (1974),ISBN0-143-12093-X
- The Honourable Schoolboy (1977),ISBN0-143-11973-7
- Smiley's People (1979),ISBN0-340-99439-8
- The Little Drummer Girl (1983),ISBN0-143-11974-5
- A Perfect Spy (1986),ISBN0-143-11976-1
- The Russia House (1989),ISBN0-743-46466-4
- The Secret Pilgrim (1990),ISBN0-345-50442-9
- The Night Manager (1993),ISBN0-345-38576-4
- Our Game (Hodder & Stoughton 1995),ISBN0-345-40000-3
- The Tailor of Panama (1996),ISBN0-345-42043-8
- Single & Single (1999),ISBN0-743-45806-0
- The Constant Gardener (2001),ISBN0-743-28720-7
- Absolute Friends (2003),ISBN0-670-04489-X
- The Mission Song (2006),ISBN0-340-92199-4
- A Most Wanted Man (2008),ISBN1-416-59609-7
- Our Kind of Traitor (2010),ISBN0-143-11972-9
- A Delicate Truth (2013),ISBN0-143-12531-1
- A Legacy of Spies (Penguin 2017),ISBN978-0-735-22511-4
- Agent Running in the Field (Viking 2019),ISBN1984878875
- The Spy Who Came in from the Cold, dirixida porMartin Ritt en 1965, protagonizada porRichard Burton.
- The Deadly Affair, adaptación deCall for the Dead, dirixida porSidney Lumet en 1966, protagonizada porJames Mason.
- The Looking Glass War, dirixida porFrank Pierson en 1969, protagonizada porAnthony Hopkins.
- The Little Drummer Girl, dirixida porGeorge Roy Hill en 1984, protagonizada porDiane Keaton.
- The Russia House, dirixida porFred Schepisi en 1990, protagonizada porSean Connery.
- The Tailor of Panama, dirixida por John Boorman en 2001, protagonizada porPierce Brosnan.
- The Constant Gardener, dirixida porFernando Meirelles en 2005, protagonizada porRalph Fiennes.
- Tinker Tailor Soldier Spy, dirixida porTomas Alfredson en 2011, protagonizada porGary Oldman.
- A Most Wanted Man, dirixida porAnton Corbijn en 2014, protagonizada porPhilip Seymour Hoffman.
- Our Kind of Traitor, dirixida porSusanna White en 2016, protagonizada porEwan McGregor.
- Tinker Tailor Soldier Spy, adaptada polaBBC en 1979, conAlec Guinness.
- Smiley's People, adaptada pola BBC en 1981, con Alec Guinness.
- A Perfect Spy, adaptada pola BBC en 1987, conPeter Egan.
- A Murder of Quality, adaptada porThames Television e dirixida porGavin Millar en 1991, conDenholm Elliott.
- The Night Manager, adaptada pola BBC en 2016, conTom Hiddleston eHugh Laurie.