Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

John William Strutt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2018.)
Modelo:BiografíaJohn William Strutt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1842Editar o valor en Wikidata
Maldon, Reino Unido(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte30 de xuño de 1919Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Terling Place, Reino Unido(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTerling (All Saints) Churchyard(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ChancelerUniversidade de Cambridge
1908 – 1919
← Spencer Cavendish, 8th Duke of Devonshire(en)TraducirArthur Balfour →
39ºPresidente da Royal Society
1905 – 1908
← William HugginsArchibald Geikie(pt)Traducir →
Membro do Consello Privado do Reino Unido
1905 –
Lord Lieutenant of Essex(en)Traducir
2 de febreiro de 1892 – 1 de agosto de 1901
← Chichester Parkinson-Fortescue(pt)TraducirFrancis Greville, 5th Earl of Warwick(en)Traducir →
Membro da Cámara dos Lords
14 de xuño de 1873 – 30 de xuño de 1919Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTerling Place(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónTrinity College (1861–)
Harrow School (1855–)
Eton College
Universidade de CambridgeEditar o valor en Wikidata
Director de teseEdward Routh,George Stokes eJames Clerk MaxwellEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísicaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoTerling Place(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, matemático, profesor universitario, político, químicoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge,Cavendish Professor of Physics(1879–1884)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFísicaEditar o valor en Wikidata
AlumnosJoseph John Thomson eJagadish Chandra BoseEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJoseph John Thomson eJagadish Chandra Bose(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBaron Rayleigh(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
CónxuxeEvelyn Strutt, Baroness Rayleigh of Terling Place(1871–)Editar o valor en Wikidata
FillosRobert Strutt, Arthur Strutt, Julian Balfour Strutt, William Maitland StruttEditar o valor en Wikidata
PaisJohn Strutt, 2nd Baron Rayleigh of Terling PlaceEditar o valor en Wikidata  e Clara VicarsEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рэлей Джон Уильям)
Enciclopedia Soviética Armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 175658BNE: XX916350WikiTree: Strutt-86Find a Grave: 98251162Editar o valor en Wikidata
John William Strutt

John William Strutt, terceiro Barón deRayleigh, nado enLangford Grove,Essex, o12 de novembro de1842 e finado enWitham, Essex, o30 de xuño de1919, foi unfísico e profesor universitariobritánico galardoado coPremio Nobel de Física en1904.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

En1873, á morte do seu pai, John James Strutt, herdou o título de barón. Nos primeiros anos da súa vida sufriu fraxilidade física e mala saúde. Estudoumatemáticas noTrinity College daUniversidade de Cambridge en1861, graduándose en1865. Comezou a traballar en1879 como profesor de física experimental na devandita universidade e como director do Laboratorio Cavendish defísica experimental (1879-1884).

En1887 trasladouse aLondres, onde foi profesor defilosofía natural da Real Institución ata1905. Foi tamén secretario da Real Sociedade de Londres (1887-1896) e presidente da mesma (1905-1908). Desde1892 ata1901 actuou como gobernador do condado de Essex por expreso desexo do rei e foi chanceler da Universidade de Cambridge desde1908 ata1919.

Investigacións científicas

[editar |editar a fonte]

As primeiras investigacións de Rayleigh recóllense na súa obraThe Theory of Sound (2 vols., 1877-78), na que se describe un novo procedemento para medir as vibracións acústicas. No campo daóptica realizou unha serie de traballos sobre apolarización da luz, contribuíu á teoría daradiación do corpo negro e logrou dar unha explicación da cor azul do ceo. Ademais foi o responsable da determinación de unidades eléctricas de medida e realizou traballos sobre aluz, acor, aelectricidade, adinámica da resonancia, asvibracións de gases e sólidos elásticos.

Tamén fixo estudos acerca dacapilaridade e doelectromagnetismo e achegou ideas á teoría da formación e estabilidade das veas líquidas. Pero probablemente o seu labor científico máis importante consistiu na coidadosa determinación das densidades dosgases atmosféricos. Buscando unha explicación á diferenza de densidades donitróxeno do aire e do obtido a partir donitrato amónico, descubriu, en colaboración con SirWilliam Ramsay, o elementoargon (1894).

Ingresou na Orde do Mérito con motivo da coroación deEduardo VII e en1904 foi galardoado coPremio Nobel de Físicapolas súas investigacións sobre a densidade dun bo número de gases así como polo descubrimento do argon.

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]

Na súa honra denominouse o "cráter Rayleigh" daLúa e o "cráter Rayleigh" deMarte.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Henri Becquerel
Marie Curie
e
Pierre Curie
Premio Nobel de Física

1904
Sucesor:
Philipp Lenard
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_William_Strutt&oldid=6750898»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp