Ao nacer puxéronlle o nome de Marion Robert Morrison, aínda que os seus pais llo mudaron polo de Marion Michael Morrison cando decidiron chamarlle Robert ao seu seguinte fillo. Foi o primoxénito dunha familiapresbiteriana. O seu pai, Clyde Leonard Morrison, era descendente deescoceses eirlandeses, e fillo dun veterano daguerra civil americana, mentres que a súa nai, Mary Alberta Brown, era descendente de irlandeses. En1911 toda a familia mudouse a Glendale,California. Foron os veciños de Glendale os que comezaron a chamar a Wayne polo alcumeBig Duke (Gran Duque) porque estar co seu can, unAiredale Terrier, que se chamabaLittle Duke (Pequeno Duque). El prefería Duke a Marion, polo que este nome lle quedou para o resto da súa vida.
Os seus primeiros anos estiveron marcados pola pobreza. Duke era un estudante bo e popular. Alto para a súa idade, foi un xogador estrela defútbol para a escola secundaria de Glendale, e foi recrutado polaUniversidade do Sur de California.
Nesta universidade foi membro dosTrojan Knights, e uniuse á fraternidade Sigma Chi. Duke tamén xogou no equipo defútbol americano da universidade baixo as ordes do lendario adestrador Howard Jones. Unha lesión sufrida aparentemente mentres nadaba cortou a súa carreira deportiva, e tamén perdeu a súa bolsa de estudos deportiva, polo que non puido finalizar a carreira.
Mentres estaba estudando, Duke comezou a traballar cerca dos estudios de filmación locais. A estrela docine do OesteTom Mix ofreceulle un traballo temporal durante un verán a cambio de entradas para os partidos de fútbol, e Duke pronto comezou a ter pequenos papeis, e fixo amizade co director de cineJohn Ford. Durante este período, Wayne apareceu xunto cos seus compañeiros de equipo da University of Southern California como xogador de fútbol na películaMaker of Men deColumbia Pictures (filmada en1930 e estreada en1931), protagonizada porRichard Cromwell eJack Holt. Na película, o Duke aparece nos créditos como Marion Morrison.
O seu primeiro papel como protagonista foi despois de dous anos de traballo enWilliam Fox Studios, na películaThe Big Trail de 1930. O director da película,Raoul Walsh (considerado como descubridor seu), deulle o nome artístico deJohn Wayne polo xeneral daGuerra da Independencia dos Estados UnidosAnthony Wayne. Actores especialistas en escenas de risco ensináronlle a cabalgar, entre outras habilidades empregadas no cine do Oeste.
John Wayne enCentauros do deserto.
The Big Trail foi a primeira película do Oeste épica con son, na cal Wayne mostrou as súas habilidades na escena, aínda que despois a película fose un fracaso comercial. Nove anos despois, a súa actuación enA dilixencia converteuno nunha estrela. Entre tanto, realizou varios filmes do Oeste (os máis destacados con Monogram Pictures) e series para Mascot Studios (onde fixo o papel deD'artagnan na serieThe Three Musketeers do ano 1933). Ese mesmo ano, Wayne tivo un pequeno papel na exitosa e escandalosa película de Alfred E. GreenBaby Face.
Un dos papeis máis apreciados de Wayne foi enThe hight and the mighty (1954), dirixida porWilliam A. Wellman e baseada na novela deErnest K. Gann. O seu papel de heroico aviador gañou unha ampla aclamación.Island in the sky (1953) está relacionada a esta película, e ambas as dúas foron feitas cun ano de diferenza cos mesmos produtores, director, escritor, editor e distribuidor.
Wayne gañou unOscar ao mellor intérprete masculino polo seu papel na películaValor de lei (1969). Moitos pensan que o premio lle foi outorgado en recoñecemento aos seus 40 anos de carreira máis que polo seu labor neste filme en particular, xa que tivo mellores actuacións enRío vermello (1948) e enCentauros do deserto (1956). Wayne tamén estivo nomeado como mellor actor enSands of Iwo Jima, e o filmeO Álamo (1960) estivo nomeado para oOscar ao mellor filme, sendo Wayne director e produtor da mesma. El tamén dirixiu o filmeThe Green Berets (1968), a única película feita durante aGuerra do Vietnam que mostrou soldados norteamericanos a favor do conflito.
Talvez debido á súa gran popularidade, ou á súa posición como orepublicano máis famoso de Hollywood, o Partido Republicano propúxolle presentarse como candidato a presidente en 1968. Wayne rexeitou a proposta porque non cría que o público puidese tomar en serio a un actor naCasa Branca. Porén, Wayne apoiou a candidatura do seu amigoRonald Reagan como gobernador deCalifornia en 1966 e en 1970.
Wayne estivo casado tres veces, as súas esposas foron Josephine Alicia Sánchez (divorcio 1945), Esperanza Baur (divorcio 1954) e Pilar Palette (con quen seguía casado cando morreu, en 1979). Con Josephine tivo catro fillos, dous varóns e dúas nenas: Michael Wayne (1934 - 2003), Toni Wayne (1936 - 2000) Patrick Wayne (1939), Melinda Wayne (1940) e tres con Pilar: Aissa Wayne (1956) (que escribiu unha memoria da súa vida como filla de John Wayne), Ethan Wayne (1962) e Marisa Wayne (1966).
En 1964 foille diagnosticado un cancro de pulmón, e foi sometido a unha intervención cirúrxica para lle extraer o pulmón esquerdo e dúas costelas. John Wayne finou por mor dun cancro de estómago. O seu corpo foi soterrado no cemiterio Pacific View Memorial Park de Corona del Mar, California. Na súa lápida figura a frase en castelán "Feo, fuerte y formal".
↑Era chamadoDuke polos seus amigos e acreditado comoDuke Morrison nas súas primeiras películas. Cando se fai referencia a el en terceira persoa, xeralmente é chamadoThe Duke.