Atanasoff naceu enHamilton, Nova York. O seu pai, Ivan Atanasov era de ascendenciabúlgara, nado en 1876 na vila deBoyadzhik, preto deYambol, entón noImperio Otomán. Mentres Ivan aínda era un neno, o seu propio pai foi asasinado por soldados otománs tralolevantamento de abril búlgaro.[6] En 1889, Ivan Atanasov emigrou aos Estados Unidos co seu tío, e chegou a ser enxeñeiro eléctrico, mentres que a súa nai, Iva Lucena Purdy (de orixe francesa e irlandesa), era profesora de matemáticas nunha escola. As ambicións e os intereses intelectuais do novo Atanasoff estaban en parte influídas polos seus pais, interesados nas ciencias naturais e aplicadas e que imbuíron nel un sentido de curiosidade crítica.
Continuou a súa educación noIowa State College e en 1926 obtivo un grao enmatemáticas. Completou a súa educación formal en 1930 recibindo un doutoramento naUniversidade de Wisconsin–Madison coa súa tese,The Dielectric Constant of Helium. Tras completar o seu doutoramento, Atanasoff aceptou un posto como profesor axudante no Iowa State College en matemáticas efísica.
John Atanasoff coñeceu aJohn Mauchly na American Association for the Advancement of Science celebrado enFiladelfia en deembro de 1940, onde Mauchly realizaba unha demostración do seu "harmonic analyzer". Era unhacalculadora analóxica para a análise de datos meteorolóxicos. Atanosoff falou a Mauchly sobre o seu novo enxeño dixital e invitouno a velo. Durante esa mesma viaxe a Filadelfia, Atanasoff e Berry visitaron a oficina de patentes en Washington, onde a súa investigación lles asegurou que os conceptos en que se baseaba a súa máquina eran novos.
O 15 de xaneiro de 1941, un artigo aparecido noDes Moines Register falaba do ABC como "unha máquina de computación electrónica" con máis de 300 tubos de baleiro que podía "calcular complicadas ecuacións alxébricas". En xuño de 1941 Mauchly visitou a Atanasoff enAmes, Iowa, para ver o ABC. Durante eses catro días como convidado de Atanasoff, Mauchly discutiu minuciosamente o prototipo do ABC, examinouno, e revisou o deseño manuscrito de Atanasoff en detalle. Antes desa visita, Mauchly no propuxera o deseño dun computador dixital. En setembro de 1942 Atanasoff abandonou o Iowa State por un posto no Naval Ordenance Laboratory deWashington, D.C.. Confiou a solicitude da patente do ABC aos administradores do Iowa State College. A solicitude nunca foi completada.
Mauchly visitou a Atanasoff en múltiples ocasións en Washington durante 1943 e discutiron teorías de computación, mais non mencionou que andaba a traballar nun proxecto para a construción dun computador. O traballo persoal de Mauchly, como el mesmo dixo, era demasiado secreto para ser revelado. A construción doENIAC de John Mauchly coa axuda deJ. Presper Eckert entre 1943 e 1946, o primeiro computador de Turing (é dicir, que pode realizar as mesmas funcións que a máquina teórica de Nactt), suscitou a controversia sobre quen era o verdadeiro inventor do computador moderno.
Réplica de 1997 do computador Atanasoff-Berry, Durham Center, Iowa State University
A disputa sobre os dereitos da patente desembocaron nun preito o 26 de maio de 1967 de Honeywell Inc. contra a patente doENIAC, defendida por Sperry Rand en nome de Mauchly e Eckert no xulgado do distrito deMinneapolis,Minnesota. O proceso, un dos máis longos e custosos nos xulgados federais no seu tempo, comezou o 1 de xuño de 1971 e durou ata o 13 de marzo de 1972 e contou con 77 testemuñas. Foi resolto legalmente o venres 19 de outubro de 1973, cando o xuíz de distrito Earl R. Larson declarou inválida a patente, ditaminando que o ENIAC herdara moitas ideas clave do computador Atanasoff-Berry. O xuíz Larson dixo textualmente, "Eckert e Mauchly non inventaron eles sós o primeiro computador electrónico, senón que partiron dende un do Dr. John Vincent Atanasoff". A decisión en Honeywell Inc. contra Sperry Rand Corp. et al. foi tan ben corroborada que non houbo apelación. Con todo, o veredicto foi pouco publicitado no seu tempo, quizais porque quedou ensombrecido polo casoWatergate. A pesar da reivindicación de Atanasoff, a súa vitoria non foi completa, xa que oENIAC, e non o ABC, continúa a ser considerado o primeiro computador moderno.
Tras rematar asegunda guerra mundial Atanasoff continuou a traballar para o goberno e desenvolveusismógrafos e microbarómetros, especializados na detección de explosións a longa distancia. En 1952 fundou e dirixiu a Ordnance Engineering Corporation. En 1956 vendeu a súa compañía á Aerojet General Corporation e converteuse no presidente da súa división atlántica.
O ABC convirteuse nunha simple lembranza. Non foi ata 1954 cando se escoitaron rumores de que algunhas das súas ideas foran "tomadas prestadas". A patente do ENIAC foi solicitada en 1947, mais non foi concedida ata 1964. En 1961, Atanasoff fundou outra empresa, Cybernetics Incorporated. Só se involucrou gradualmente na disputa legal vendo o rápido crecemento das compañías de computadores. Seguindo a resolución da patente, Atanasoff foi recoñecido polo Iowa State College, que se convertera na Iowa State University, e posteriormente chegaron máis premios.
Retirouse enMaryland e faleceu en1995. John Mauchly, Presper Eckert, e as súas familias nunca admitiron conduta incorrecta ningunha.
↑"ATANASOFF, JOHN VINCENT".Who's Who in America 1995. 1 (A-K) (49th ed.). New Providence, NJ: Marquis Who's Who. 1994. p. 129.ISBN0837901596. Consultado o 22 de xaneiro de 2020 – vía Internet Archive.