![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1943![]() Filadelfia, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade das Artes South Philadelphia High School(en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura![]() |
Ocupación | escultor![]() |
John M. Mercanti, nado o27 de abril de1943 enFiladelfia,Pensilvania, é unescultor edeseñador egravador demoedaestadounidense, que ocupou ata2010 o posto degravador xefe daCasa da Moeda dos Estados Unidos.[1][2][3]
A marca de gravador que estampa nas súas moedas e medallas é JM.
Na súa xuventude, Mercanti estudou en Filadelfia, a súa cidade natal, naPennsylvania Academy of Fine Arts, naUniversidade das Artes e naFleisher Art Memorial School.[4] Por outra parte, serviu tamén naGarda Nacional en Pensilvania durante seis anos.[1][2]
En1974, Mercanti ingresou naUS Mint como escultor-gravador axudante, no equipo dirixido porFrank Gasparro, e posteriormente traballou tamén comoilustrador.[4][5] O19 de maio de2006 foi nomeado "supervisor de deseño e mestre especialista en desenvolvemento de ferramentas", un posto equivalente ao anteriormente denominado "gravador xefe".[6] Esta situación mantívose ata o3 de febreiro de2009, cando odirector da casa da moeda, Edward C. Moy, restableceu a denominación clásica do cargo e nomeou formalmente a John Mercanti como "gravador xefe".[1][2][7][8]
Logo do seu retiro en2010 comogravador xefe daUS Mint, en xuño de2011 Mercanti integrouse como voceiro e imaxe pública dacompañíaGoldline International.[1][9] Tamén colabora profesionalmente conProfessional Coin Grading Service (PCGS).[10][11]
John Mercanti foi recoñecido en2021 co Premio á Arte Numismática pola Excelencia na Escultura da Medalla, outorgado polaAmerican Numismatic Association (ANA).[10] A mesma entidade premiárao xa en2001 co galardón ao Escultor do Ano.[3]
En 2017, o Distrito Histórico de Rittenhouse, en Filadelfia, concedeulle o premioDavid Rittenhouse.[12]
Ao longo da súa carreira naUS Mint, Mercanti foi o responsable do deseño e do gravado de máis dun cento de moedas, máis que calquera outro gravador na historia daceca estadounidense. Entre os seus traballos máis significativos destacan as moedas deprata e deplatino das seriesSilver Eagle ePlatinum Eagle.[2] Tamén é o autor de varias das moedascirculantes de cuartodólar dedicadas a cada un dosestados dos EEUU, pertencentes á serie50 State Quarters Program (en concreto as dos estados deArcansas,Iowa,Carolina do Norte,Pensilvania eVirxinia Occidental).[13]
Paralelamente, Mercanti é autor de varias series de moedas conmemorativas emitidas porAustralia ecuñadas naCasa da Moeda de Perth.[14]
Predecesor: Elizabeth Jones | ![]() Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos 2006 -2010 | Sucesor: Joseph Menna |