John Major, nado enLondres o29 de marzo de1943, é unpolítico británico que foiprimeiro ministro do Reino Unido e líder doPartido Conservador de1990 a1997. Exerceu como membro do gabinete deMargaret Thatcher como secretario xefe do Tesouro (1987-1989), secretario de Asuntos Exteriores (1989) e chanceler do Tesouro (1989-1990). Recibiu, entre outros, o título deSir.
Major naceu no Hospital St Helier Hospital. Deixou a escola aos 16 anos.[1][2] En1968 chegou a serconcelleiro conservador. Nas eleccións xerais de1979, Major foi elixido Membro do Parlamento (MP) por Huntingdonshire (Huntingdon despois de1983).
Despois de ocupar varios cargos no gabinete, Major foi elixido para substituír a Margaret Thatcher como primeira ministra e líder do partido.[3] Ao asumir o cargo, viu a acción británica naGuerra do Golfo (1991) e a estreita reelección do seu partido nas eleccións xerais de 1992.
Despois diso, os conservadores baixo Major tornáronse impopulares debido á caída do mercado de valores do "Mércores Negro" a finais de1992 e como se dividiron sobre o tema daUnión Europea.
Durante o seu mandato tivo tensións internas sobre as cuestións económicas e sensibilidades políticas deIrlanda do Norte eEscocia[4], mais conseguiu manter a tranquilidade facendo certas concesións, como a devolución aos escoceses daPedra de Scone.[5]
Golpeado nas eleccións xerais de1997, Major foi sucedido como primeiro ministro porTony Blair doPartido Laborista, e foi substituído como líder conservador porWilliam Hague. Dimitiu como deputado nas eleccións xerais de2001.
Major casou con Norma Johnson (agoraNorma Major) o 3 de outubro de1970. Eraprofesora e membro das xuventudes conservadoras (Young Conservatives). Comprometéronse despois de só dez días de se coñecer.[6] Teñen un fillo, James, e unha filla, Elizabeth. Teñen unha casa de vacacións na costa norte deNorfolk.É un gran seareiro docrícket, dascarreiras de motor e doChelsea Football Club.[7]
Major rexeitou até agora unha pensión vitalicia ao desistir doParlamento.[8]