John Logie Baird naceu enHelensburgh,Argyll and Bute (por entónDunbartonshire). Era o menor dos catro fillos do reverendo John Baird, un ministro da Igrexa de Escocia na igrexa local de St Bride, e de Jessie Morrison Inglis, sobriña orfa dunha rica familia de construtores navais deGlasgow. Estudou na Academia Larchfield (arestora parte da Escola Lomond), en Helensburgh, na Escola Técnica de Glasgow, e o oeste de Escocia (que máis tarde se convertería na Universidade de Strathclyde), e na Universidade de Glasgow.
Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, codisco de Nipkow, un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células deselenio que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de1924 transmitiu imaxes estáticas a través dun sistema mecánico detelevisión analóxica desde un laboratorio sobre unha tenda en Queen's Arcade, na localidade deHastings, onde residía desde1922.[1] O30 de outubro de1925 transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira[2] demostración pública dun sistema real de televisión o26 de xaneiro de1926. Tamén foi un dos pioneiros da gravaciónvideográfica[3][4]. En1927 fundou a Baird Television Development Company coa que en1928 fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entreLondres eNova York e fixo o primeiro programa de televisión para aBBC. En1931 realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.
Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de varrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata1937 en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos dasegunda guerra mundial traballou no desenvolvemento datelevisión en cor, e o16 de agosto de1942 realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor.[5]
Algúns dos primeiros inventos de Baird non tiveron moito éxito. Aos vinte anos intentou creardiamantes quentandografito. Máis tarde, Baird inventou unha maquiniña de afeitar de vidro, que era resistente á oxidación, pero rompía. Inspirado nas rodas pneumáticas, intentou fabricar zapatos pneumáticos, pero o seu prototipo contiña globos semi-inflados, que estalaron (anos máis tarde esta mesma idea foi adoptada con éxito para as botas Dr. Martens). Tamén inventou un calcetín térmico (o calcetín Baird), que tivo un éxito moderado. Baird sufría de pés fríos e, após varias probas, descubriu que unha capa extra dealgodón dentro do calcetín proporcionaba calor.[8]
Entre 1926 e 1928, intentou desenvolver un primeiro dispositivo de gravación de vídeo, que bautizou como Phonovision.[9] O sistema consistía nun gran disco de exploración Nipkow unido por unha ligazón mecánica a un torno de corte de discos. O resultado era un disco que podía gravar un sinal de vídeo de 30 liñas. As dificultades técnicas do sistema impediron o seu desenvolvemento posterior, pero consérvanse algúns dos discos orixinais de Phonovision.[10][11]
Outros desenvolvementos de Baird foron enfibra óptica,radiogoniometría,infravermellos,visión nocturna eradar. Discútese a súa contribución exacta ao desenvolvemento do radar, xa que os seus proxectos de defensa en tempos de guerra nunca foron recoñecidos oficialmente polo goberno británico. Segundo Malcolm Baird, o seu fillo, o que se sabe é que en 1926 Baird presentou unha patente para un dispositivo que formaba imaxes a partir das ondas de radio reflectidas, un dispositivo notabelmente similar ao radar, e que mantiña correspondencia co goberno británico naquela época.[12] A contribución do radar está en disputa. Segundo algúns expertos, a "Noctovision" de Baird non é un radar. A diferenza do radar (agás o radar Doppler), a Noctovision é incapaz de determinar a distancia ao suxeito escaneado. A Noctovision tampouco pode determinar as coordenadas do suxeito no espazo tridimensional.[13]
↑McLean, Donald F (abril de 1985). "Computer-based analysis and restoration of Baird 30-line television recordings (análises e restauración por ordenador das gravacións de televisión de 30 liñas de Baird)".Journal of the Royal Television Society22. pp. 87–94.