| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de xullo de 1843 Prenzlau, Alemaña |
| Morte | 4 de xullo de 1901 Berlín, Alemaña |
| Lugar de sepultura | Kaiser Wilhelm Memorial Cemetery(en) |
| Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade de Jena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Lingüística,filoloxía,linguas indoeuropeas,lingüística comparada eLingua sánscrita |
| Lugar de traballo | Bonn Graz |
| Ocupación | lingüista, profesor universitario, filólogo |
| Empregador | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade de Graz Universidade Humboldt de Berlín |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Ernst Fraenkel(pt) |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шмидт Иоганнес) Enciclopedia Soviética Armenia Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Johannes Friedrich Heinrich Schmidt, nado enPrenzlau (Brandeburgo) o29 de xullo de1843 e finado enBerlín o4 de xullo de1901, foi un lingüista alemán. Desenvolveu a chamadaWellentheorie (teoría das ondas) da evolución das linguas.
Recibiu educación nas Universidades deBonn eJena onde estudoufiloloxía (lingüística histórica) co granindoeuropeístaAugust Schleicher e especializouse enindoeuropeo, especialmente enlinguas eslavas. Obtivo un doutoramento en 1865 e traballou desde 1866 como profesor nogymnasium enBerlín.
En 1868 aUniversidade de Bonn invitouno a tomar posesión como profesor dealemán e linguas eslavas. EnBonn publicou a obraDie Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen ('As relacións das linguas indoeuropeas', 1872), onde aparece presentada a súaWellentheorie ('teoría das ondas'). Segundo esta, novos trazos dunha lingua espállanse desde un punto central en círculos concéntricos cada vez máis febles, de forma semellante ás ondas que se crean cando se bota unha pedra na auga. Isto pode levar a que linguas diferentes converxan. A teoría opúñase á doutrina dalei fonética introducida polosneogramáticos en 1870.
Desde 1873 a 1876 Schmidt foi profesor de filoloxía naUniversidade de Graz enAustria. En 1876 volveu a Berlín, onde traballo como profesor naUniversidade Humboldt.
Foi coeditor con Ernst Kuhn daZeitschrift für vergleichende Sprachforschung (‘Revista para a investigación lingüística comparada’) desde 1875 ata 1901.