Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Joakim Noah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoakim Noah

(2011)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Joakim Simon NoahEditar o valor en Wikidata
25 de febreiro de 1985Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Nova York, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
ResidenciaNova YorkEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Florida
United Nations International School(en)Traducir
Poly Prep Country Day School(en)Traducir
Lawrenceville School(en)Traducir
Ivy Preparatory School League(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura211 cmEditar o valor en Wikidata
Peso105 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónbaloncestistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade2007Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
DeportebaloncestoEditar o valor en Wikidata
LigaNBA G League,National Basketball Association eBaloncesto masculino da División I da NCAAEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivoteEditar o valor en Wikidata
Número deportivo13Editar o valor en Wikidata
Convocado porChicago BullsEditar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de partidos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
Memphis Grizzlies
2004–2007Florida Gators (Pivote,forward)
2004–2007Florida Gators
2007–2016Chicago Bulls (Pivote)
2016–New York Knicks (Pivote)
Participou en
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisYannick NoahEditar o valor en Wikidata  e Cecilia RodheEditar o valor en Wikidata
IrmánsJoalukas Noah
Eleejah NoahEditar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webjoakimnoahonline.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm2710540Facebook: joakimnoah13Twitter: JoakimNoahInstagram: stickity13Editar o valor en Wikidata

Joakim Simon Noah, nado o25 de febreiro de1985 enNova York, é un ex xogador profesional internacional debaloncesto. Neoiorquino de nacemento, é fillo de naisueca (a escultura e modelo Cécilia Rodhe) e de paifrancés (o tenista e músicoYannick Noah, fillo do futbolista camerunés Zacharie Noah), tendo as nacionalidades estadounidense, sueca e francesa, con cuxa selección nacional foi internacional. A nivel universitario xogou para aUniversidade de Florida, onde gañou dous campionatos daNCAA de xeito consecutivo:2006 e2007. Xa como profesional foi seleccionado noDraft da NBA de2007 polosChicago Bulls no noveno posto da primeira rolda. Noah é dúas vecesAll-Star da NBA e gañou o premio aoDefensor do Ano da competición en 2014.

Traxectoria deportiva

[editar |editar a fonte]

Instituto e universidade

[editar |editar a fonte]

Noah xogou a baloncesto en diferentes institutos da contorna deNova York eNova Jersey, participando ademais en numerosos torneos na rúa, onde recibía o alcume de "The Noble One" (doinglés:o da nobreza), xa que alguén ouviu dicir que era fillo dun famoso tenista profesional. No seu último ano de instituto alcanzou o título estatal tras facer unha media de 24 puntos e 12 rebotes por partido. Tras o instituto ingresa naUniversidade de Florida.

Durante a súa primeira temporada cosFlorida Gators xogou pouco máis de 10 minutos por partido, facendo unha media de tan só 3,9 puntos e 2,7 rebotes por encontro. Mellorou notabelmente no seu segundo ano, liderando ao seu equipo en puntos (14,2 por partido) e tapóns (2,4), sendo segundo en rebotes (7,1), só por detrás do seu compañeiroAl Horford. De ser case un descoñecido ao comezo da temporada, pasou a ser un xogador moi considerado en todo o país, tendo moitas opcións dunha boa posición noDraft da NBA de2006. Porén, tras gañar o título daNCAA, anunciou, xunto aos seus compañeirosAl Horford eCorey Brewer, a súa intención de permanecer un ano máis na universidade, repetindo triunfo por segundo ano consecutivo. No torneo de2006 Noah foi nomeado Xogador máis destacado. O3 de abril de2006 liderou aos Gators na vitoria na final ante osUCLA Bruins por 73-57, conseguindo 16 puntos, 9 rebotes e o récord de tapóns nunha final con 6.

NBA

[editar |editar a fonte]

Foi elixido na novena posición doDraft da NBA de2007 porChicago Bulls, sendo a primeira vez na historia do draft que un trío de xogadores procedentes da mesma universidade (Noah, Horford e Brewer) logran colocarse entre as 9 primeiras posicións do mesmo. O6 de novembro debuta na liga saíndo desde o banco, despois de terse perdido os tres primeiros partidos da temporada por mor dunha lesión no nocello. O seu primeiro ano non foi moi destacado, mais o seu decoro xa comezara a gustar aos seareiros de Chicago.

A súa segunda temporada na NBA non empezou demasiado ben. Tras un verán difícil no que se viu envolvido en asuntos de alcol e drogas, Noah non chegou nun bo momento, realizando unha primeira parte da temporada pésima. Tanto queAaron Gray chegou a quitarlle o posto depivote titular, até que o Noah combativo dos seus anos de universidade e a súa primeira temporada na liga rexurdiu e fíxose de novo co posto de 5 titular. Terminou a temporada regular a gran nivel e chegou co seu equipo na primeira rolda dos playoffs daConferencia Leste, onde esperaban os vixentes campións:Boston Celtics. Alí terminou de estoupar e foi unha das claves duns Bulls que forzarían o sétimo partido, aínda que acabaron perdendo nunha eliminatoria de gran nivel. Con todo, foi no sexto partido onde Noah se amosou decisivo de verdade: co marcador 123-123, na terceira prórroga, roubou un balón aPaul Pierce e percorreu o campo para acabar cun mate que se converteu nun 2+1 e que ademais significou a sexta falta do xogador dos Celtics. Os Bulls gañarían ese partido por 128-127.

O 21 de abril de 2014, Noah foi nomeadoMellor Defensor da NBA.[1] É o segundo xogador dos Chicago Bulls en gañar este premio, despois de queMichael Jordan o gañase natemporada 1987-88. O 4 de xuño de 2014, Noah foi nomeado noMellor Quinteto da NBA de 2014.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. NBA.com, ed. (21 de abril de 2014)."Joakim Noah wins Kia Defensive Player award"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 6 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Primeira Rolda
Segunda Rolda
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joakim_Noah&oldid=6834402»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp