Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Joakim Bonnier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2017.)
Modelo:BiografíaJoakim Bonnier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1930Editar o valor en Wikidata
Estocolmo, SueciaEditar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1972Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Le Mans, FranciaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLidingö kyrkogård(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de OxfordEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula UnEditar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaSueciaEditar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismoEditar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le MansEditar o valor en Wikidata
Familia
PaiGert BonnierEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteQ21586309Traducir, (sec:BONNIER, J K JOAKIM, p.184)
Vem är det 1963(en)Traducir, (sec:Bonnier, J K Joakim, p.145)
Vem är det 1967(en)Traducir, (sec:Bonnier, J K Joakim, p.121)Editar o valor en Wikidata
Discogs: 5310199WikiTree: Bonnier-74Editar o valor en Wikidata
Bonnier noGran Premio de Alemaña de 1962 pilotando unPorsche 804.

Joaquín "Jo" Bonnier (nado enEstocolmo,Suecia o 31 de xaneiro de 1930 e finado enLe Mans,Francia o 11 de xuño de 1972) foi un pilotosueco deFórmula 1 que competiu en varios equipos.

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]
Bonnier nunChaparral, durante a práctica enNürburgring en 1966.

Jo Bonnier naceu enDjurgården,Estocolmo, no seo da rica familia Bonnier. Falaba seis idiomas. Os seus pais esperaban que fora médico. O seu pai, Gert, foi profesor dexenética naUniversidade de Estocolmo. Moitos membros da súa numerosa familia estaban no negocio editorial, e foi a súa aspiración unirse a eles durante un tempo. Asistiu áUniversidade de Oxford durante un ano, estudou idiomas. A continuación, marchou aParís,Francia pensando en aprender sobre o negocio editorial.

Primeira competición

[editar |editar a fonte]

Bonnier comezou a competir nas carreiras en Suecia aos 17 anos, nunha vella motocicletaHarley-Davidson. Regresou a casa a Suecia en 1951 logo da súa viaxe a París. Participou en varios rallies como o orgulloso propietario dunSimca.[1]

Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

Bonnier entrou na Fórmula Un en1956 cunMaserati. A carreira deportiva de Bonnier case terminou en setembro de 1958 nunha carreira enImola, preto deModena. Debutou nun Maserati 1500 e correu a través da pista logo dun mal comezo. Bonnier pasou aLuigi Musso e foi sacando ao líderEugenio Castellotti ao redor de dous segundos por volta. Bonnier perdeu o control cando outro automóbil parou diante de el, mentres negociaba unha curva rápida. O seu Maserati golpeou unha roca grande no bordo da estrada e catapultouno. O outro condutor pasou por debaixo del mentres viraba unha e outra vez no aire. Mentres estaba boca abaixo o casco do seu competidor púxose en contacto co seu. O Maserati de Bonnier aterrou de costado antes de derrapar 75 metros e dirixirse a unha gabia, onde se detivo contra un poste. Bonnier foi lanzado fóra do coche. Sufriu unha conmoción cerebral, varias costelas rotas e unha vértebra rota. Nada quedaba do seu coche a parte dunha chea de chatarra fumeante.

O seu maior logro na F1 foi a vitoria lograda paraBRM noGran Premio dos Países Baixos de 1959 enZandvoort, cando o seu moi pouco fiable coche funcionou ben por unha vez (Dan Gurney eHans Herrmann tiveron accidentes logo de fallarlles os freos). Tamén gañou o Gran Premio de Alemaña de 1960 cunPorsche 718, unha carreira celebrada enFórmula 2. Bonnier foi un dos impulsores daAsociación de Pilotos de Grandes Premios.

Bonnier en1966

Malia a súa vitoria para BRM, Bonnier non pilotou en moitos equipos de fábrica en toda a súa carreira, cunhas participacións illadas como piloto substituto enLotus,Brabham eHonda. Tralo seu debut nun Maserati de fábrica, logo conduciu á súa propia escuderíaJoakim Bonnier Team Racing e para aScuderia Centro Sud de Mimmo Dei nos últimos anos da década dos 50, antes de atopar un lugar nos equipos BRM ePorsche.

Logo de que Porsche deixara os Grandes Premios a final da tempada1962 de Fórmula Un, Bonnier marchou aRob Walker Racing Team, o único equipo privado que anotara vitorias en probas do Mundial, onde pilotouCoopers e Brabhams, anotando algúns puntos.

En 1966 refundou o seu propio equipo como Anglo-Suisse Racing Team (que máis tarde sería renomeado como Ecurie Bonnier), pero o seu interese na F1 diminúe gradualmente. A súa última tempada completa foi a de1968, no que cambiou o seu vello Cooper T86 por un velloMcLaren. Correu en ocasionalmente na F1 ata1971.

En 1966, xunto cos pilotos estadounidensesPhil Hill,Richie Ginther eCarroll Shelby, foi o asesor de carreiras da famosa películaGrand Prix protagonizada porJames Garner. Todas as persoas mencionadas (incluíndo Garner, que fixo toda á súa propia condución) foron empregados como pilotos das escenas de carreiras. Durante a rodaxe noGran Premio de Bélxica de 1966 no circuíto de Spa-Francorchamps, Bonnier, xunto con máis da metade dos participantes, incluíndoJackie Stewart,Bob Bondurant,Graham Hill eDenny Hulme, estreláronse na primeira volta da carreira. Segundo Phil Hill, Bonnier pasou por un espazo á beira da pista e non puido participar no rodaxe posterior no circuíto.

Carreiras de Coches Deportivos

[editar |editar a fonte]
1965

Ademais de F1, Bonnier tamén participou en moitas carreiras de autos deportivos. Gañou aTarga Florio de 1960, co-pilotando un Porsche 718 de fábrica conHans Herrmann, e en 1962 cunFerrari 250 TRI patrocinado poloConde Giovanni Volpi acadou os máximos honores nas12 Horas de Sebring, compartindo o coche conLucien Bianchi. En 1963 foi unha vez máis gañador na Targa Florio, conCarlo Mario Abate noutro Porsche 718 de fábrica.

1964 foi o seu mellor ano noautomobilismo, onde co-pilotando unFerrari P patrocinado porMaranello Concessionaires conGraham Hill, logrou cun 330P o segundo lugar nas24 Horas de Le Mans e unha vitoria enMontlhéry, na carreira de 12 horas deReims tamén logrou o primeiro lugar nun 250LM.

Logo gañou os1000 quilómetros Nürburgring nunChaparral en 1966 (conPhil Hill), a súa última vitoria nun grande evento deportivo, pero aínda logrou vitorias menores, os 1.000 quilómetros de Barcelona enMontjuïc en 1971 (conRonnie Peterson) e as 4 horas deLe Mans en 1972 (con Hughes de Fierlant).

Bonnier comprou un McLaren M6B para facer a campaña nasCan-Am series de 1968. Na primeira saída no GP Karlskoga en Suecia, Bonnier tiña a pole, pero unha excursión fóra da pista na primeira volta levoulle a terminar segundo tras David Piper nun Ferrari 330P3 / 4. Logo correu co seu McLaren en cinco das seis carreirasCan-Am, o seu mellor resultado un oitavo en Las Vegas.[2] El estivo repleto de problemas mecánicos a maioría da tempada. Con todo, terminou terceiro no M6B na carreira das 200 millas do Monte Fuji.[3]

A principios dos anos setenta, tomou á dirección do seu equipo, presentando varios coches nas carreiras doCampionato do Mundo Sportscar quedando nun segundo plano como piloto. Tamén foi dos primeiros na loita pola seguridade nas pistas, que comezara nesa época. Con todo, viuse involucrado nun accidente na recta entre Mulsanne e a curva Indianápolis enLe Mans en 1972, cando o seu convertibleLola -Cosworth T280 colisionó cunFerrari Daytona pilotado por un piloto suízo afeccionado Florian Vetsch. O seu coche foi catapultado ás árbores e matouse. O pilotoVic Elford viu o Ferrari ardendo furiosamente, sacou o seuAlfa Romeo Tipo 33 cara ao lado dereito da pista e correu a través da pista ata o Ferrari, abrindo a porta, tratando de sacar a Vetsch. Pero Vetsch xa saíra do coche e estaba no lado da pista onde Elford estacionara o seu Alfa. Elford viu Vetsch e logo viu os restos do Lola amarelo de Bonnier no bosque á beira da pista. Segundo Elford, o último que viu do Lola de Bonnier era que estaba "dando voltas nas árbores como un helicóptero". Máis tarde Elford entregou o seu Alfa aHelmut Marko, pero a caixa de cambios gripou e retirouse da carreira. Elford máis tarde dixo que "foi a primeira vez na miña carreira deportiva que alégrome de que o meu coche rompera."

Morte

[editar |editar a fonte]

Bonnier morreu nun accidente nas24 Horas de Le Mans de 1972 no que o seu coche de carreiras Lola golpeou unha barreira e o auto doutro competidor antes de golpear contra as árbores do lado da pista, morrendo instantaneamente.[4][5]

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indicanpole position; as carreiras encursiva indicanvolta rápida.

AnoEquipoChasisMotor12345678910111213PosPuntos
1956Officine Alfieri MaseratiMaserati250FMaseratiStraight-6ARX
MON
500
BEL
FRA
RU
ALE
ITA
Ret
NC0
1957Scuderia Centro SudMaserati250FMaseratiStraight-6ARX
7
PES
Ret
ITA
Ret
NC0
Joakim Bonnier Racing TeamMON
NP
500
FRA
RU
Ret
ALE
1958Scuderia Centro SudMaserati250FMaseratiStraight-6ARX
NP
ALE
Ret
18º3
Joakim Bonnier Racing TeamMON
Ret
NED
10
500
BEL
9
RU
Ret
POR
Ret
Giorgio ScarlattiFRA
8
Owen Racing OrganisationBRMP25BRMStraight-4ITA
Ret
MOR
4
1959Owen Racing OrganisationBRMP25BRMStraight-4MON
Ret
500
NED
1
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
5
POR
Ret
ITA
8
USA
10
1960Owen Racing OrganisationBRMP25BRMStraight-4ARX
7
18º4
BRMP48MON
5
500
NED
Ret
BEL
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
POR
Ret
ITA
USA
5
1961Porsche System EngineeringPorsche787PorscheFlat-4MON
Ret
NED
11
15º3
Porsche718BEL
7
FRA
7
RU
5
ALE
Ret
ITA
Ret
USA
6
1962Porsche System EngineeringPorsche804PorscheFlat-4NED
7
FRA
10
RU
Ret
ALE
7
ITA
6
USA
13
RSA
15º3
Porsche718MON
5
BEL
WD
1963Rob Walker Racing TeamCooperT60ClimaxV8MON
7
BEL
5
NED
11
FRA
NC
11º6
CooperT66RU
Ret
ALE
6
ITA
7
USA
8
MEX
5
RSA
6
1964Rob Walker Racing TeamCooperT66ClimaxV8MON
5
15º3
BrabhamBT11BRMV8NED
9
BEL
Ret
FRA
RU
Ret
ALE
Ret
BrabhamBT7ClimaxV8AUT
6
ITA
12
USA
Ret
MEX
Ret
1965Rob Walker Racing TeamBrabhamBT7ClimaxV8RSA
Ret
MON
7
BEL
Ret
FRA
Ret
RU
7
NED
Ret
ALE
7
ITA
7
USA
8
MEX
Ret
NC0
1966Anglo-Suisse RacingCooperT81MaseratiV12MON
NC
BEL
Ret
NED
7
ALE
Ret
ITA
Ret
USA
NC
MEX
6
17º1
BrabhamBT22ClimaxStraight-4FRA
NC
BrabhamBT7ClimaxV8RU
Ret
1967Joakim Bonnier Racing TeamCooperT81MaseratiV12RSA
Ret
MON
NED
BEL
Ret
FRA
RU
Ret
ALE
6*
CAN
8
ITA
Ret
USA
6
MEX
10
15º3
1968Joakim Bonnier Racing TeamCooperT81MaseratiV12RSA
Ret
ESP
22º3
McLarenM5ABRMV12MON
DNQ
BEL
Ret
NED
8
FRA
RU
Ret
ALE
DNA
ITA
6
CAN
Ret
USA
NC
HondaRA301HondaV12MEX
5
1969Écurie BonnierLotus63CosworthV8RSA
ESP
MON
NED
FRA
RU
Ret
NC0
Lotus49BALE
Ret
ITA
CAN
USA
MEX
1970Écurie BonnierMcLarenM7CCosworthV8RSA
ESP
MON
BEL
NED
FRA
RU
ALE
AUT
ITA
DNQ
CAN
USA
Ret
MEX
NC0
1971Écurie BonnierMcLarenM7CCosworthV8RSA
Ret
ESP
MON
NED
FRA
RU
ALE
DNQ
AUT
DNS
ITA
10
CAN
USA
16
NC0
  • Bonnier foi 6º noGran Premio de Alemaña de 1967 pero otrogaronlle os puntos do quinto lugar porque os pilotos de F2 que competiron na mesma carreira non eran elixibles para gañar puntos.

Resultados nas carreiras non de campionato

[editar |editar a fonte]

(Carreiras en letra grosa indican pole position)(Carreiras enitálica indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor123456789101112131415161718192021
1957Joakim Bonnier Racing TeamMaserati250FMaseratiStraight-6SYR
PAU
GLV
NAPRMS
Ret
CAE
4
INT
4
MOD
MOR
1958Joakim Bonnier Racing TeamMaserati250FMaseratiStraight-6GLV
SYR
2
AIN
INT
Ret
CAE
2
1959Owen Racing OrganisationBRMP25BRMStraight-4GLV
4
AIN
Ret
INTOUL
DNA
SIL
1960Owen Racing OrganisationBRMP25BRMStraight-4GLV
6
INT
NC
SILLOM
3
OUL
5
1961Scuderia ColoniaLotus18ClimaxStr.-4LOMGLVPAU
2
VIE
WD
Porsche System EngineeringPorsche718PorscheFlat-4BRX
Ret
AINSYR
3
NAPLONSOL
2
KAN
2
DANMOD
2
FLG
3
OUL
WD
LEWVALRAN
3
NAT
3
RSA
3
UDT-Laystall RacingLotus18/21ClimaxStr.-4SIL
11
1962Porsche System EngineeringPorsche718PorscheFlat-4CAP
3
BRX
2
LOM
3
LAVGLVPAU
Ret
AININT
12
NAPMAL
6
CLPRMS
8
Porsche804SOL
2
KAN
3
MEDDANMEX
DNA
RANNAT
Rob Walker Racing TeamLotus24ClimaxV8OUL
Ret
1963Rob Walker Racing TeamCooperT60ClimaxV8LOMGLVPAU
Ret
IMO
Ret
INT
5
ROMSOL
9
MED
4
AUT
Ret
Lotus24SYR
5
AIN
CooperT66KAN
5
OUL
Ret
RAN
1964Rob Walker Racing TeamCooperT66ClimaxV8DMT
2
NWT
Ret
SYR
4
AIN
4
INT
16
BrabhamBT11BRMV8SOL
5
MEDRAN
1965Rob Walker Racing TeamBrabhamBT7ClimaxV8ROC
3
SYR
4
SMT
5
INT
5
MED
Ret
Lotus25RAN
Ret
1966Rob Walker Racing TeamLotus25ClimaxV8RSA
Ret
BrabhamBT11BRMV8SYR
5
Anglo-Suisse RacingCooperT81MaseratiV8INT
3
OUL
1967Écurie BonnierCooperT81MaseratiV8ROCSPRINT
Ret
SYR
5
OULESP
1968Écurie BonnierMcLarenM5ABRMV8ROC
Ret
INT
Ret
OUL
Ret
1969Écurie BonnierLotus49BCosworthV8ROC
INT
MADOUL
DNS
1971Écurie BonnierLolaT190ChevroletV8ARX
NC
ROCQUESPRINT
RIN
OULVIC

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Bonnier Seeks Grand Prix Win,Los Angeles Times, October 9, 1962, Page B2.
  2. "1968 Can-Am Stardust Grand Prix, Las Vegas". Arquivado dendeo orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  3. "1968 Fuji 200 World Challenge Cup". Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  4. Unique Cars and Parts. Retrieved 2013-02-03.
  5. IMDB. Retrieved 2013-02-03.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Joakim BonnierModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joakim_Bonnier&oldid=6789304»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp