Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Joachim Murat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoachim Murat

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1767Editar o valor en Wikidata
Labastide-Murat, Francia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1815Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Pizzo, Italia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte,ferida por arma de fogoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 39
Pizzo(pt)Traducir
Grave of Joachim Murat(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro do Senado Conservador
4 de febreiro de 1805 –
Deputado da Asemblea Nacional
20 de agosto de 1804 – 4 de febreiro de 1805
Circunscrición electoral:Lot
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoParísEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, oficial, militarEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarGrande ArméeEditar o valor en Wikidata
Rango militarMarshal of the Empire(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Reserve Cavalry Corps(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras Napoleónicas
Battle of Donauwörth(en)Traducir
Batalha de Wertingen(pt)Traducir
batalla de Austerlitz
Batalla de Jena
Batalha de Eylau(pt)Traducir
Batalha de Heilsberg(pt)Traducir
Batalha de Smolensk(pt)Traducir
Batalha de Borodino(pt)Traducir
Batalha de Dresden(pt)Traducir
Batalha das Nações(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuqueEditar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Murat(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
CónxuxeCaroline Bonaparte(1800–)Editar o valor en Wikidata
FillosPrince Achille Murat, Letizia Murat, Lucien Murat, Luisa Rasponi MuratEditar o valor en Wikidata
PaisPierre Murat-JordyEditar o valor en Wikidata  e Jeanne LoubièresEditar o valor en Wikidata
ParentesEdmond Mainard,sobriño
René Auberjonois,great-great-great-grandchildEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мюрат Иоахим)
Allgemeine Deutsche Biographie
Enciclopedia militar SytinEditar o valor en Wikidata
BNE: XX1439356WikiTree: Murat-8Find a Grave: 7827Editar o valor en Wikidata

Xoaquín Murat (enfrancésJoachim Murat ouJoachim-Napoléon Murat), nado enLabastide-Fortunière (Reino de Francia) o25 de marzo de1767 e finado enPizzo (Calabria,Reino de Nápoles) o13 de outubro de1815, foi unnobre emilitarfrancés ao servizo do seu cuñadoNapoleón Bonaparte.

Foimariscal de Francia,gran duque de Berg (entre1806 e1808), erei de Nápoles (entre1808 e1815).

Infancia e xuventude

[editar |editar a fonte]

Fillo dun posadeiro e destinado á carreira eclesiástica, abandonou os seus estudos deteoloxía para alistarse no exército tras estoupar aRevolución francesa. Formou parte da garda constitucional deLois XVI, e despois no exército da república no que iría ascendendo na escala de oficiais.

Xoaquín Murat, subtenente (alférez) do 12º rexemento de cazadores en 1792.

En1798Napoleón solicitou os seus servizos para aCampaña de Exipto, logrando nela o ascenso a xeneral. Xogou un papel crucial na segunda batalla deAbukir, onde pese a resultar ferido consegue capturar ao xequemamelucoMustafá Paxá. Cando lle presentan ao prisioneiro, Murat desenvaíña o seu sabre e córtalle tres dedos dunha man como castigo por ordenar a decapitación de todos os franceses, vivos ou mortos, advertíndoo de que se volvía algunha vez a dar unha orde semellante, lle cortaría"partes máis importantes".

Polo seu valor e grandes servizos prestados, Napoleón infórmao dos seus plans para volver aFrancia. Xunto a outros xenerais, abandonaExipto e volve ao país a bordo da fragataMuiron.

No Consulado

[editar |editar a fonte]

Participou activamente no golpe de Estado do18 de brumario do ano VIII daRevolución francesa (que correspondería co9 de novembro de1799), onde a unha orde de Napoleón toma coas súas tropas o Palacio de Saint Cloud, sede da Asemblea. Tras a proclamación doConsulado foi nomeado comandante da Garda Consular.

Casou conCarolina Bonaparte, irmá de Napoleón, o20 de xaneiro de1800. O 10 de novembro dese ano foi elixido deputado polo departamento de Lot. Consegue un novo ascenso cando Napoleón o nomea Comandante da Primeira División Militar e Gobernador de París en substitución deJean-Andoche Junot, duque de Abrantes, cargo que lle permitiría ter 60.000 homes baixo o seu mando directo.

Responsábel da seguridade do goberno, frustra varios complots contra o Primeiro Cónsul, pero non logra impedir un atentado contra Napoleón no ano1800, do que tanto Bonaparte como Xosefina salíron ilesos, aínda que deixou decenas de mortos entre escoltas e transeúntes. As investigacións do Ministro de PolicíaFouché indican a culpabilidade dos realistas. Cando meses despois se desbarata outra conspiración para acabar coa vida de Napoleón, este encarga a Murat nomear a comisión militar que xulga aLuís Antonio Enrique de Borbón-Condé, principal sospeitoso. Aínda que o xuízo realizouse respectando todos os aspectos formais, Napoleón xa decidira de antemán a súa condena a morte a pesar da oposición do propio Murat e da mesmaXosefina.

Mariscal do Imperio

[editar |editar a fonte]
Xoaquín Murat en 1805 en uniforme de Grande Almirante do Imperio.

O18 de maio de1804, tras da proclamación doImperio, Murat foi nomeadomariscal de Francia e Grande Almirante do Imperio. Despois, na Guerra daTerceira Coalición, en1806, Murat loita nabatalla de Ulm contra os austríacos e despois na deAusterlitz contra os rusos.

Na Campaña de Prusia ten un papel crucial nabatalla de Jena, oonde liderará unha espectacular persecución que destruirá por completo o exército prusiano e tras a cal envía unha nota a Napoleón onde di:Sire, le combat cesse faut de combattants (Sire, o combate cesa por falta de combatentes). O seu valor e a súa lealdade fano merecedor do título deGran Duque de Berg (Alemaña) en1806.

Mantén o seu posto na fronte europea sempre ao mando da cabalaría pesada de Napoleón. Así, en1807 desata a maior carga de cabalaría da Historia durante abatalla de Eylau, dirixindo entre 10.000 e 12.000 xinetes para evitar que os rusos dividiran en dúas partes as tropas francesas.

En España:Lugartenente do Reino

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Levantamento do 2 de maio e Xunta Suprema de Goberno (1808).

En1808 entra enEspaña co rango de comandante xeral do exército e gobernador deMadrid. Como tal, viviu como protagonista olevantamento do 2 de maio de 1808, unha verdadeira revolta popular antifrancesa que Murat reprimiría pola brava: ordenou disparar á multitude que se congregaba ante oPalacio Real e despois enviou áas tropas que se encontraban acampadas fóra de Madrid para que ocuparan a capital e sufocaran o levantamento. Deu instrucións para levar a cabo un castigo exemplar durante os días 2 e 3 de maio, incluíndo numerosos fusilamentos sen ningún tipo de xuízo. Finalmente, elaborou un detallado informe que sería enviado aNapoleón, que se encontraba enBaiona (Francia) reunido co reiCarlos IV e o seu filloFernando; en dito informe analiza os feitos con tal crueza que Napoleón culpa a pai e fillo do derramamento de sangue e exixe a abdicación de ambos os dous.

Cando o infanteAntonio Pascual —que o seu sobriñoFernando VII deixara en Madrid como presidente daXunta Suprema de Goberno encargada darexencia de España na súa ausencia— escapou da capital cara a Baiona o 4 de maio, Murat presentouse na Xunta Suprema para pedir formar parte dela, recibindo daquela unha negativa inicial; pero volveu presentarse sorpresivamente outra vez, nunha reunión na noite, e os restantes membros, querendo evitar males maiores, aceptárono.[1]

Xoaquín Murat co uniforme de gala de mariscal do Imperio.

O 6 de maio a Xunta recibiu un decreto datado o día 4 polo queCarlos IV nomeaba a Murat comoLugartenente do Reino para que gobernara no seu nome (do rei Carlos),[2] en virtude da autoridade que outorgaba a protesta da renuncia ao trono do 19 de marzo; e o 10 de maio recibiu os decretos de 5 de maio de convocatoria de Cortes e de traslado da Xunta a lugares seguros, e o de 6 de maio de renuncia de Fernando VII, que revertía os seus dereitos no seu pai Carlos IV.[3]

A Xunta Suprema decidiu ignorar o de 5 de maio e publicar o de renuncia do 6 de maio. Porén, dado que Carlos IV xa renunciara, de novo, á coroa, Murat quedou como Lugartenente dun Reino sen rei, cuxos dereitos ostentaba o emperador dos franceses até o nomeamento dun novo rei (como o apreciamos nun decreto do 25 de maio).[4]

Murat, aproveitando a ocasión, chegou a propoñerse como candidato a rei e, de feito, comportouse como tal até que Napoleón designou ao seu irmánXosé, aínda que oconsolaría dándolle, o15 de xullo de 1808, otrono de Nápoles, que deixaba vacante Xosé,[5] e que ocuparía co nome de Xoaquín I Napoleón.[6] España estaba, pois, nese momento, en interregno (termo que aparece no decreto de 6 de xuño proclamando a Xosé I rei de España).[7] Unha vez conseguidas as renuncias reais e a submisión das autoridades, en maio, Napoleón, depositario dos dereitos do Trono, encomendou ao Lugartenente do Reino e á Xunta Suprema de Goberno a convocatoria dunha Deputación xeral ou Asemblea de notábeis, de 150 persoas, que se reuniría en Baiona para tratar do estado do reino de España.[8]

E o 25 de maio o propio Napoleón lanzou unha proclama aos españois na que indicaba que non ía reinar en España, confirmando a convocatoria da Asemblea de notábeis en Baiona e, de paso, confirmando no seu posto a Murat.[4]

O 6 de xuño, ditou un decreto no que nomeaba ao seu irmán Xosé como rei de España.[7] Ao día seguiente, Napoleón pediulle ao seu irmán, que acababa de chegar a Baiona, que aceptara a corona. Alí foi recoñecido como tal polas autoridades españolas presentes. Xosé aceptou a coroa o 10 de xuño, e confirmou a Murat como Lugartenente do reino. O rei Xosé chegou a Madrid o 20 de xullo, sendo proclamado rei o 25, acabando con iso a historia da Xunta Suprema de Goberno.

Rei de Nápoles

[editar |editar a fonte]

Como vimos, Murat aproveitara a oportunidade para postularse a si mesmo como rei de España, pero Napoleón prefiriu entregar dito cargo ao seu irmán Xosé, nomeando a Murat o15 de xullo de1808 comorei de Nápoles, estado no que reinou co nome de Xoaquín I Napoleón .[6]

Durante o seu reinado tratou de introducir na vida napolitana os costumes franceses, fomentou as artes e financiou numerosas obras públicas para tratar de gañar o afecto dos seus súbditos, que sempre mostraron nostalxia polos antigos reis daCasa de Borbón. Mellor opinión mereceron as escavacións dePompeia,Herculano eEstabia que foron promovidas cun mecenado e unha paixón descoñecida até entón, e que puxo en evidencia o desdén e a falta de interese do antigo rei Borbón polo tema unha vez conseguida a notoriedade que lle outorgou a publicación do textoLi Antichità di Ercolano Esposte (Real Academia, Nápoles, 1767).

En1812 Napoleón reclámao para aCampaña de Rusia, onde dirixe a vangarda na marcha cara aMoscova. Como sempre, actúa valentemente en pequenas escaramuzas e, sobre todo, na sanguentabatalla de Borodino, onde lanza unha espectacular carga que logra destruír a artillaría rusa. Porén, a campaña foi un desastre e, tras a retirada de Moscova, Napoleón vese obrigado a regresar aParís para controlar o Imperio. Antes da súa marcha establece un cuartel de inverno enVilna e nomea a Murat comandante en xefe das tropas na súa ausencia. Pero Murat móstrase de contado incapaz de remediar o descontento dos seus soldados, que saquean Vilna e os cofres do exército antes de desbandarse. Temendo un motín incontrolábel, Murat abandona o seu posto sen avisar a Napoleón e regresa a Nápoles.

Comeza de inmediato a negociar con Lord Henry Bentinck, embaixador inglés, para manter a súa Coroa temendo unha inevitábel derrota de Napoleón. Porén, cando lle chegaron noticias da inesperada vitoria do emperador nabatalla de Lützen, Murat, temendo enfrontarse a el, deixa as negociacións coos británicos en mans da súa esposa Carolina e acode á fronte para reconciliarse co seu cuñado. As condicións de Bonaparte son duras: exíselle reincorporarse ao seu posto no exército e que o apoie na Campaña de Alemaña, onde Murat acudirá de mala gana, e que se saldará cunha nova derrota francesa nabatalla de Leipzig.

Volve a fuxir a Nápoles e comeza a negociar, esta vez cos austríacos, que o manteñen no trono a cambio de que declare a guerra aFrancia. Continúa gobernando de forma segura até o retorno de Napoleón, que escapou do seu exilio enElba e proclama o seuII Imperio ou Imperio dosCen Días. Aterrorizado por crer a Napoleón invencíbel, traizoa aos austríacos e intenta sublevar aospatriotas italianos. Declara a guerra aAustria, pero é derrotado nabatalla de Tolentino polo barón Federico Bianchi.

Abdicación e morte

[editar |editar a fonte]

Murat foxe a Nápoles, pero inmediatamente abdica e consegue escapar a Francia xunto a súa esposa. Solicita unha audiencia especial e é recibido por Napoleón nasTullerías. Arrepentido, pide perdón ao emperador e solicita o seu vello posto á fronte dacabalaría. Porén, un canso e amolado Napoleón repróchalle as súas traizóns e o seu absurdo ataque aos austríacos, que lle privara dun aliado no sur. Enfurecido ao ver que Napoleón no accede aos seus rogos, toma unha postura máis orgullosa e advirte: "Sire, non pode permitirse o luxo de despedirme. Necesítame". Este comentario irrita sobremaneira a Napoleón, que dá por finalizada a entrevista e borra o nome de Murat da lista de mariscais, aínda que lle garantiza o respecto aos seus bens e a súa vida como consideración cara á súa irmá e aos seus sobriños. Xamais volverían a verse.

Despois dabatalla de Waterloo e a ulterior caída de Napoleón, Murat e Carolina entenden que non cabe xa esperar clemencia por parte deLois XVIII ou dos austríacos. Murat foxe aCórsega, desde onde intenta organizar a reconquista de Nápoles cun plan que imitaba ao que utilizara Napoleón tras a súa fuga de Elba. Desembarcou enCalabria acompañado por trinta fieis, pero a poboación non só non o recibiu como un liberador, senón que non fixo nada para evitar o seu posterior arresto. Foi encerrado no castelo de Pizzo, onde unconsello de guerra sumario xulgouno, condenándoo a morte e executándoo nunha das salas da fortaleza, concedéndolle como única graza escribir á súa esposa.

Durante o proceso, Murat pediu clemencia e suplicou pola súa vida, pero unha vez tomou consciencia de que nada do que dixese podería salvalo, recuperou a compostura. O día do seu fusilamento marchou cara ao lugar da execución vestindo o seu uniforme de mariscal de Francia. Non aceptou a cadeira que lle ofreceron e tampouco consentiu que lle vendaran os ollos, dicindo:

A execución de Murat enPizzo (Calabria).
J'ai bravé la mort trop souvent pour la craindre. (Desafiei á morte en demasiadas ocasións como para terlle medo)

.

Mantívose firme, orgulloso e arrogante, aínda que cortés incluso cos soldados do pelotón. Cando estivo preparado, bicou un cristal de cuarzo alaranxado que tiña o rostro da súa esposa gravado e exclamou:

Sauvez ma face, visez à mon cœur... Feu! (Respectade o meu rostro, apuntade ao corazón... Fogo!).

O seu corpo foi enterrado, sen ningunha cerimonia, na igrexa de Pizzo, pero o seu nome está inscrito xunto ao de todos os mariscais napoleónicos noArco do Triunfo de París.

Descendencia

[editar |editar a fonte]

Murat e a súa esposa Carolina tiveron catro fillos:

  • Aquiles (1801-1847). Casou enTallahassee,Florida con Catherine Willis Gray. Non tiveron descendencia.
  • Leticia (1802-1859). Casou enVenecia co marqués Guido Taddeo Pepoli, conde de Castiglione; con descendencia.
  • Luciano (1803-1878). Casou enBordentown,Nova Jersey con Caroline Georgina Fraser; con descendencia.
  • Luísa (1805-1889). Casou enTrieste co conde Giulio Rasponi; con descendencia.
Predecesor:
Maximiliano de Baviera

Gran Duque de Berg

15 de marzo de18061 de agosto de1808
Sucesor:
Lois I
Predecesor:
Xosé I Bonaparte

Rei de Nápoles

1 de agosto de180819 de maio de1815
Sucesor:
Fernando I de Borbón

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Gazeta de Madrid de 10 de maiop. 442.
  2. Gazeta de Madrid de 13 de maiopp. 457 e458.
  3. Gazeta de Madrid de 13 de maiopp. 458 e459.
  4. 4,04,1Gazeta de Madrid de 3 de xuñop. 530
  5. Artola, Miguel (1973):La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara, pp. 9-11.
  6. 6,06,1Maceroni. Francis (1838):Memoirs of the life and adventures of colonel Maceroni. London: John Macrone, St. James' Square.
  7. 7,07,1Gazeta de Madrid de 14 de xuñop. 568.
  8. Gazeta de Madrid de 24 de maiopp. 491,492,493,494, e495.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Joachim Murat

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Connelly, Owen (1985):Blundering to Glory: Napoleon's Military Campaigns. Wilmington, Delaware: Scholarly Resources Imprint.ISBN 0-8420-2375-5.
  • Dupont, Marcel (1980):Murat, Cavalier, Maréchal de France, Prince et Roi, Éditions Copernic.ISBN 2-85984-050-8.
  • Hulot, FrédericMurat (1998):La chevauchée fantastique. París: Éd. Pygmalion.ISBN 2-85704-536-0.
  • Prieur, Jean (1985):Murat et Caroline. París: Éditions Fernand Lanore.ISBN 2-85157-011-0.
  • Tulard, Jean (1999):Murat. París: Fayard.ISBN 2-213-60372-3.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joachim_Murat&oldid=7128910»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp