Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jimmy Greaves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJimmy Greaves

(1964)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)James Peter GreavesEditar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1940Editar o valor en Wikidata
Manor Park, Reino Unido(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 2021Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Danbury, Reino Unido(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura1,73 mEditar o valor en Wikidata
Peso64 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, autobiógrafo, presentador de televisiónEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1957Editar o valor en Wikidata - 1979Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterraEditar o valor en Wikidata
DeportefútbolEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiroEditar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de eventos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
Borussia Dortmund
Woodford Town F.C.
1957–1961 Chelsea F.C.157(124)
1961–1961 A.C. Milan12(9)
1961–1970Tottenham Hotspur321(220)
1970–1971West Ham United FC38(13)
1975–1976Brentwood Town F.C.
1976–1977Chelmsford City Football Club
1977–1979Barnet Football Club
1979–1980Bush Hill Rangers F.C.
 Selección nacionalNúmero de eventos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
1957–1962 Inglaterra sub-21
1959–1967 Inglaterra57(44)
Participou en
xuño de 1968Eurocopa de Fútbol Italia 1968
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
1962Mundial de Fútbol Chile 1962Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteJimmy Greaves, English Soccer Star, Is Dead at 81(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Sitio webjimmygreaves.netEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm1273695Musicbrainz: 67e5c333-6ec7-459c-948e-d581231e80edFIFA: 174575UEFA: 36391WikiTree: Greaves-1479Editar o valor en Wikidata

James Peter 'Jimmy' Greaves, nado enManor Park,Essex, o20 de febreiro de1940 e finado enDanbury, Essex, o19 de setembro de2021, foi un futbolistainglés.

Carreira de Xogador

[editar |editar a fonte]

Chelsea, AC Milan, e Spurs

[editar |editar a fonte]

Greaves foi un abraiante dianteiro, anotando no seu debut coChelsea en1957. Sería o máximo goleador nos anos 1959 e 1961. Os seus 41 goles neste último ano aínda son un récord no club, máis goles marcados por un xogador nunha soa tempada.

No1960 convértese no xogador máis xove en chegar ós 100 goles en liga, á idade de 20 anos 290 días.

En1961 viaxa ata aItalia para unirse aoA.C. Milan e marca 9 goles en 12 encontros. Ao pouco é transferido oTottenham Hotspur por 99.999 libras. Esta cantidade púxose porque no club non querían darlle a presión de se-lo primeiro xogador que chegaba ás 100.000 libras de custo por traspaso.

Ficou no club dende1961 ata1970, anotando 266 goles en 379 encontros. Rematou coma máximo goleador catro anos (1963,1964,1965 e 1970). A súa marca de seis veces máximo artilleiro nunca foi superada nin igualada.

Cos Spurs, gañou aFA Cup en1962 e1967. Tamén conseguiu aRecopa no1963 anotando dous goles na final (5-1) contra oAtlético de Madrid. Este foi o primeiro trofeo europeo gañado por unha escuadrabritánica.

Carreira Internacional

[editar |editar a fonte]

Graves debutou coaselección inglesa en1959, e chegou a xogar 57 encontros e anotou 44 goles, 5 menos queBobby Charlton pero cunha media moito maior de goles por encontro. Ata o día de hoxe segue a se-lo terceiro máximo anotador despois deBobby Charlton eGary Lineker. Greaves tamén ten a marca de número detripletes coa selección, cun total de seis.

NoMundial de Fútbol Chile 1962, no encontro disputado contra oBrasil un can entrou no terreo de xogo e eludiu tódalas tentativas de collelo ata que Greaves logrou atrapalo. Nese intre o can mexou sobre a camisola do xogador. Ao brasileiroGarrincha fíxolle graza o incidente e acabou levando o can á súa casa para telo como mascota.

NoMundial de Fútbol Inglaterra 1966 Greaves era o dianteiro titular, mais unha inoportuna mancadura nunha perna no encontro contraFrancia fixo que tivera que ser substituído. O elixido foiGeoff Hurst, que anotou o gol decisivo nos cuartos de final e xa non sairía do equipo. Na final, este xogador fixo o famoso triplete grazas ó calInglaterra foi campioa.

West Ham e Barnet

[editar |editar a fonte]

En 1970, Greaves fichou poloWest Ham United. Anotou no seu debut, (tal coma fixera en tódolos equipos para os que xogou incluíndo a selección sub-21 e a absoluta), con dous goles contra oManchester City o 21 de marzo. Dous meses despois, o 28 de maio, rematou sexto noLondon-to-Mexico World Cup Rally co co-condutorTony Fall. Retirouse en1971 despois de xogar 516 encontros de liga e anotar 357 goles.

Greaves volveu do seu retiro aos 38 anos, xogando para oBarnet F.C. naSouthern League, actuando de mediocampista, anotou 25 goles e foi proclamado mellor xogador da tempada.

Despois do fútbol

[editar |editar a fonte]

A mediados dos anos 70 Greaves loitaba contra un grande problema dealcoholismo, deixando finalmente a bebida cara ao ano1978. Converteuse nun popular presentador de televisión, formando parella conIan St. John nun programa futbolístico chamadoSaint & Greavsie

No2002 entrou a formar parte doEnglish Football Hall of Fame. Faleceu o 19 de setembro de 2021 aos 81 anos.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Association, The Football."FA saddened by death of former England international Jimmy Greaves".www.thefa.com(eninglés). Consultado o2021-09-19. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jimmy_Greaves&oldid=6699026»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp