![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en)James Joseph Chamberlin![]() 10 de xuño de 1964 ![]() Joliet, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Joliet West High School(en)![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico de jazz, batería![]() |
Período de actividade | 1980![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo![]() |
Instrumento | Batería![]() |
Selo discográfico | Caroline Records![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih,![]() ![]() |
Sitio web | jimmychamberlin.com![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
James Joseph "Jimmy" Chamberlin, nado o10 de xuño de1964 en Joliet,Illinois, é un batería, compositor e produtorestadounidense. É sobre todo coñecido por ter sido o batería da banda derock alternativoThe Smashing Pumpkins. Formou parte deZwan, despois da separación da primeira no ano2000. No ano2005 editou o seu primeiro disco en solitario tituladoLife Begins Again co seu proxectoThe Jimmy Chamberlin Complex. En2009 abandonou The Smashing Pumpkins e na actualidade toca no grupoSkysaw.
Chamberlin, que orixinalmente formouse como un batería dejazz, cita ao músicos de jazzBenny Goodman,Duke Ellington,Gene Krupa eBuddy Rich, así como aos baterías de rockKeith Moon,Ian Paice eJohn Bonham como as súas principais influencias.
Chamberlin formouse como batería dejazz e tocou en numerosos conxuntos locais antes de unirse aThe Smashing Pumpkins pouco despois da súa formación en1988.
Chamberlin tivo problemas coas drogas o que fixo que fose expulsado da banda en1996. Durante a xira doMellon Collie and the Infinite Sadness, antes duns concertos no Madison Square Garden, enNova York, Jimmy e Jonathan Melvoin, teclista da banda durante a xira, consumiron heroina no hotel, e este último morreu de sobredose. Este feito propiciou a súa saída da banda. Durante o resto da xira foi substituído por baterías de estudio.
A finais dese mesmo ano, mentres estaba en proceso de rehabilitación, uniuse á banda The Last Hard Men do ex-cantante de Skid Row Sebastian Bach. O grupo editou un único álbum co mesmo nome que a banda.
Tres anos máis tarde, en1999, Chamberlain volveu aThe Smashing Pumpkins. Porén, un ano despois, en decembro do2000, a banda separouse. El tocou nos dous últimos álbums da banda,Machina eMachina II.
En2001 uniuse á nova banda do seu amigo e compañeiro enThe Smashing PumpkinsBilly Corgan,Zwan. O conxunto separaríase en2003, despois de editar o seu único disco,Mary Star of the Sea.
Durante a existencia deZwan, en2002 Chamberlin casou coa súa moza Lori. O matrimonio tivo unha filla, Audrey, en decembro dese mesmo ano.
Posteriormente Chamberlin formouThe Jimmy Chamberlin Complex, coa cal gravou o seu álbum de estrea en2004. A banda incluía a Chamberlin (batería e voz), Billy Mohler (baixo; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme (guitarra; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel).The Jimmy Chamberlin Complex editouLife Begins Again o25 de febreiro de2005. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.
RecentementeThe Smashing Pumpkins volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin eBilly Corgan da súa antiga formación. A finais do ano2006 comezaron a gravación do seu novo disco,Zeitgeist, que será editado o10 de xullo do2007. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do2000 o día22 de maio do2007 enParís. A nova formación conta co guitarristaJeff Schroeder e a baixistaGinger Reyes.
En marzo do ano2009 Chamberlin abandonouThe Smashing Pumpkins afirmando que a banda xa non cumpría as súas expectativas musicais. A finais dese ano anunciou o seu novo proxecto, unha banda chamada This, xunto co multi-instrumentista Mike Reina e o guitarrista Anthony Pirog.