Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jimi Hendrix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJimi Hendrix

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Johnny Allen HendrixEditar o valor en Wikidata
27 de novembro de 1942Editar o valor en Wikidata
Seattle (Estados Unidos de América)Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1970Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Kensington, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental,asfixiaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreenwood Memorial Park(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Outros nomesJimmy JamesEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericanoEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico non practicanteEditar o valor en Wikidata
EducaciónFort Campbell(pt)Traducir
Garfield High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura1.800 mmEditar o valor en Wikidata
LateralidademanichoEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónguitarristaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1965Editar o valor en Wikidata - 1970Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRock psicodélico,hard rock,Acid rock,blues rock eblues elétrico(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
TesituraBarítonoEditar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra,kazoo(pt)Traducir,Glockenspiel evozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoMCA Inc.
Reprise RecordsEditar o valor en Wikidata
Participou en
1970Festival da Ilha de Wight de 1970(pt)Traducir
15 de agosto de 1969Festival de Música e Artes de Woodstock
16 de xuño de 1967Festival Pop de Monterey(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
ParellaDevon Wilson
Lithofayne Pridgon
Linda Keith
Kathy EtchinghamEditar o valor en Wikidata
PaisAl HendrixEditar o valor en Wikidata  e Lucille HendrixEditar o valor en Wikidata
IrmánsLeon HendrixEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African MusiciansEditar o valor en Wikidata
Sitio webjimihendrix.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001342Allocine: 801Rottentomatoes: celebrity/jimi_hendrixTV.com: people/jimi-hendrixIBDB: 73101
Facebook: JimiHendrixTwitter: JimiHendrixInstagram: jimihendrixMySpace: officialjimihendrixYoutube: UCEqrtYLjy1o4hvaUI0J530wEnciclopedia Galega Universal: 149578BNE: XX1093929Spotify: 776Uo845nYHJpNaStv1Ds4iTunes: 62852Last fm: Jimi+HendrixMusicbrainz: 06fb1c8b-566e-4cb2-985b-b467c90781d4Songkick: 263306Discogs: 110593Allmusic: mn0000354105WikiTree: Hendrix-634Find a Grave: 471Deezer: 849Genius: Jimi-hendrixEditar o valor en Wikidata
Jimi Hendrix Memorial, enSeattle.

James Marshall Hendricks, máis coñecido polo nome artístico deJimi Hendrix, nado enSeattle (Washington,Estados Unidos) o27 de novembro de1942 e finado enNotting Hill (Londres,Reino Unido) o18 de setembro de1970,[1] foi unguitarrista,cantante ecompositor estadounidense. Malia que a súa carreira profesional só durou catro anos, é frecuentemente considerado por parte da crítica como o mellorguitarrista eléctrico dorock. OSalón da Fama do Rock and Roll descríbeo como «Indiscutiblemente un dos músicos máis grandes da historia dorock».

Alcanzou a fama internacional en1967 logo de participar noFestival Pop de Monterey. Outros festivais nos que tamén participou foron oFestival de Woodstock de1969 e oFestival da illa de Wight de1970.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Músico autodidacta, dende pequeno escoitouBlues eR&B da colección de discos do seupai, quen lle mercou a súa primeiraguitarra cando tiña 10 anos. Ó ano seguinte o seu pai foi a unha tenda de música deSeattle e mercou unhaguitarra eléctrica para Jimi e unsaxofón para el, saxofón que tería que devolver para poder rematar de pagar a guitarra. Inspirouse na innovación de xente comoB. B. King,Albert King eT-Bone Walker e converteu aguitarra eléctrica nun instrumento distinto a unha guitarra normal amplificada, que era como se viña utilizando ata o de entón. Sendo aíndaadolescente, xa adquirira unha considerable reputación coma guitarrista tocando con xente coma Ike eTina Turner,Little Richard ou o mesmoB.B. King.

En1965 Jimi formou a súa propia banda, chamadaJimmy James and the Blue Flames. Chas Chandler, baixista dos Animals, oíuno tocar e ofreceulle inmediatamente trasladarse aLondres. Jimi volveu a adoptar o seu verdadeiro nome modificando a ortografía.Chas Chandler conseguiulle coma baixista aNoel Redding, quen en realidade era unguitarrista que necesitaba o emprego, e a un batería chamadoMitch Mitchell. Xuntos formaronThe Jimi Hendrix Experience. Os Experience sacaron o seu primeiro single con Polydor, "Hey Joe" (canción de Tim Robins) chegou ó nº4 das listas. Durante 1967 conseguiu outros tres singles de éxito considerados hoxe coma clásicos: "Purple Haze", "The Wind Cries Mary" e "The Burning of the Midnight Lamp".

A finais de1967 regresou aosEUA para tocar noFestival Pop de Monterrey. Ó finalizar a súa actuación prendeulle lume á guitarra, cousa que non fixo moita graza a un dos seus representantes.Bill Graham fíxose cargo entón da banda contratándoa como abreconcertos durante varias noites ósJefferson Airplane. Despois da impresionante actuación de Jimi na primeira noite, os Airplane retiráronse do cartel.

En1969 Jimi, canso dosExperience, separouse e sacou un disco en directo conBill Cox óbaixo eBuddy Miles ábatería que non tivo moito éxito. De mala gana volve reunir ósExperience, pero comeza a rexeitar as actuacións en directo. Instala enNova York os seus propios estudios ("Electric Lady Studios") e dedicase a gravar.

O 18 de setembro de1970 morre por mor dunha inxestión masiva debarbitúricos, afogado no seu propio vómito. Truncábase deste xeito a carreira do máis grande guitarrista de tódolos tempos.

En realidade só os catro primeiros discos foron sacados en vida, os demais son obras póstumas.

Ademais dos álbums oficiais hai unha chea de discos con recompilacións, actuacións en directo, festivais... Afortunadamente, hai moitísimos discos en directo non oficiais cun son mellor que os directos oficiais de moitos outros grupos.

Equipo

[editar |editar a fonte]

A maior parte da súa carreira Jimi tocou conFender Stratocaster normais (preferentemente brancas) postas ó revés e coas cordas en orde inversa, xa que erazurdo. Usou tamén unhaFender Jaguar,Gibson Les Paul,Gibson SG e aGibson Flying V para zurdos (el chamábaa o meu anxo voador).

Coma amplificadores usaba seispantallas acústicas Marshall de 4 x 12, un monitor de 4 x 12 e nada menos que catro cabezas para poder manter o equipo funcionando nos concertos, xa que o puña ó máximo controlando o volume cópotenciómetro daguitarra, así saturaba o amplificador.Un dos legados de Jimi foi o uso do Wah-Wah entre os guitarristas, usaba modelos Vox ou Crybaby, ademais dun Fuzz-Box para saturar o amplificador. Coma complementos utilizaba un divisor de oitavas, un phaser e un delay analóxico.

Jimi, coma moitos grandes guitarristas (Eric Clapton,Jeff Beck etc.), facía el mesmo modificacións á electrónica das súas guitarras, experimentando con calquera cousa posible e conseguindo deste modo sons inverosímiles.

Discografía

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSeloObservacións
Are You Experienced1967Track RecordsConThe Jimi Hendrix Experience
Axis Bold As Love1967Track Records
Electric Ladyland1968Reprise, Track,Barclay,Polydor
Band Of Gypsys1970Capitol RecordsÁlbum ao vivo sen a súa banda orixinal

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Marcos, Carlos (18 de setembro de 2020)."50 años sin Jimi Hendrix: así fueron sus últimos días y su aún misteriosa muerte".elpais.com(encastelán). Consultado o 18 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Jimi HendrixModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jimi_Hendrix&oldid=7157869»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp