A información sobre a súa orixe varía segundo as fontes. Sábese que naceu o27 de maio de1887 enterritorio indio no estado deOklahoma. O seu nome nativo eraWha-Tho-Huk, que significa carreiro brillante, debido a que no momento do seu nacemento, un raio de sol iluminou a estancia onde se atopaba. No certificado de bautismo, aparece comoJacobus Franciscus Torpe.
O seu pai Hiram Thorpe era fillo dunirlandés e dunha india, mentres que os pais da súa nai, Charlotte Vieux, eran unfrancés e unha india.
Xunto ao seu irmán xemelgo Charlie, comezou os seus estudos escolares enStroud,Oklahoma, na escola india. O seu irmán morreu depulmonía aos 8 anos, isto afectou moito a Jim e en varias ocasións escapouse da escola. O seu pai enviouno entón á Universidade India das Nacións de Haskell, enKansas. Dous anos máis tarde morreu a súa nai e Thorpe caeu nunha forte depresión. Logo de varias discusións co seu pai, abandonou o seu fogar e comezou a traballar nun rancho de cabalos.
En1904, regresa xunto ao seu pai e incorpórase á Escola Industrial India deCarlisle enPensilvania, onde comeza a xogar a fútbol americano. Ese mesmo ano, á morte do seu pai, abandona a escola e volve ao seu traballo na granxa durante algúns anos, para despois regresar a Carlisle no ano1907 e comezar a súa carreira atlética. Durante os anos seguintes, ademais de atletismo practicoufútbol americano,béisbol,lacrosse,baloncesto e atabaile de salón.
Conseguiu popularidade a nivel nacional en1911 ao gañar coa súa escola o campionato nacional colexial de fútbol americano. Este deporte era o preferido de Thorpe, con todo foi nas pistas de atletismo onde conseguiu fama mundial.
En1912, participou nos Xogos Olímpicos celebrados enEstocolmo. Conseguiu a medalla de ouro enpéntatlon (salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, 200 metros, lanzamento de disco e 1500 metros) e o mesmo metal endécatlon. Tamén participou na final de salto de altura (4º posto) e na de salto de lonxitude (7º posto).
Ao ano seguinte, fóronlle retiradas as medallas por xogar anos antes a béisbol semi profesional cobrando 25 dólares á semana. O lado positivo disto foi que recibiu suculentas ofertas de equipos profesionais de béisbol. Fichou polosXigantes deNova York e posteriormente xogou tamén noutros equipos ata a súa retirada en1928.
Contraeu matrimonio en1913 con Iva Miller en Carlisle, tiveron catro fillos Jim Jr. (morto aos dous anos), Gale, Charlotte e Grace. Debido aos seus problemas coa bebida, separáronse en1924. Volveu casar en 1926 con Freeda Kirkpatrick coa que tivo catro fillos: Carl, William, Richard e John.
Logo de terminar a súa carreira deportiva, loitou para sacar adiante á súa familia. Atopou serias dificultades para traballar fóra dos deportes e non aguantaba moito tempo nun mesmo posto. A gran depresión de1929 empeorou as cousas e Thorpe foi de traballo en traballo. Actuou como extra en varias películas, case sempre no papel de xefe indio. Tamén traballou na construción, como porteiro de club e en 1945 estaba na mariña mercante.
Catro anos antes divorciouse da súa segunda esposa polas longas ausencias do fogar. En1950, estaba practicamente na ruína, foi hospitalizado por caridade debido a un cancro de beizo. Tres anos máis tarde sufriu o seu terceiro ataque ao corazón mentres comía coa súa terceira esposa, morrendo pouco despois á idade de 65 anos.