Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jim Clark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Clark

(1965)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1936Editar o valor en Wikidata
Kilmany, Reino Unido(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 1968Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Hockenheimring, AlemañaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de tráficoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChirnside Parish Churchyard(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónLoretto School(en)Traducir
Clifton Hall School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, labrego, actor de cinemaEditar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEscociaEditar o valor en Wikidata
DeporteautomobilismoEditar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le MansEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0164089Enciclopedia Galega Universal: 101342BNE: XX4614921WikiTree: Clark-56956Find a Grave: 4046Editar o valor en Wikidata

James Clark Jr., Jim ou Jimmy ClarkOBE , nado enKilmany,Escocia, o4 de marzo de1936 finou enHockenheim,Alemaña o7 de abril de1968, foi un piloto deautomobilismo. Gañou dous campionatos do Mundo deFórmula 1 en1963 e1965.

Morreu nun accidente nunha carreira de Fórmula dúas enHockenheimring (Hockenheim), Alemaña en 1968. No momento da súa morte, gañara máis carreiras de Gran Premio (25) e alcanzado máispole position (33) que calquera outro piloto. En 2009,The Times colocou a Clark na cima dunha lista dos máis grandes pilotos da Fórmula 1.[1]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Inicios

[editar |editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia labrega deKilmany, nocondado deFife,Escocia. Único home, e o menor nunha familia de cinco irmáns, estaba predestinado a facerse cargo da granxa familiar, circunstancia que provocou que os seus pais opoñéranse á idea de Clark de adicarse ás carreiras de coches. Comezou a súa carreira nos rally de estradas e subidas locais conducindo o seu propio Sunbeam-Talbot, demostrando ser un competidor temible desde o principio. A súa primeira carreira foi o16 de xuño de1956 ao volante dun DKW Sonderklasse enCrimond, Escocia. En1958, Clark estaba pilotando para o equipo localBorder Reivers, conducindo Jaguar D-Type ePorsche nas competicións nacionais, e gañando 18 carreiras.

No Boxing Day de 1958, Clark correu contra o home que o lanzará á fama. Conducindo un Lotus Elite, terminou segundo contra Colin Chapman nunha carreira de GT de 10 voltas en Brands Hatch. En1959 conducindo un Lotus Elite, terminou décimo en Le Mans asociado con John Whitmore. Chapman quedou o suficientemente impresionado como para dar a Clark, un asento nun dos seus coches de Fórmula Júnior.

Lotus e Clark

[editar |editar a fonte]
Jim Clark enNürburgring,1965.

A súa primeira carreira para Lotus foi en1960 noGran Premio dos Países Baixos, onde participou no lugar deJohn Surtees quen seguía competindo en motocicletas nese tempo. A carreira ía sen problemas ata que alcanzou o quinto lugar e tivo que retirarse por problemas coa caixa de cambios. A seguinte carreira foi enSpa, Bélxica. Estecircuíto de Spa-Francorchamps era un dos máis perigosos desa época, unha enorme pista de máis de 14km onde en 1960 perderon a vida dous pilotos, incluíndo o compañeiro de equipo de ClarkAlan Stacey. Aínda así Clark logrou terminar en quinto lugar no seu segundo gran premio.

NoGran Premio de Italia Clark estivo involucrado nun accidente polémico e controvertido, o seu Lotus chocou coFerrari doalemánWolfgang von Trips. O Ferrari saíu lanzado cara aos espectadores matando a varios deles así como ao piloto alemán.

A carreira profesional de Clark en Fórmula 1 foi na súa totalidade co equipo Lotus, para quen conduciu desde os seus inicios en1960 ata1968. Os seus maiores éxitos ocorreron en 1963 coLotus 25, co cal Clark gañou sete de dez grandes premios, logrando coroarse comoCampión Mundial de Pilotos e levando a Lotus a gañar o seu primeiroCampionato Mundial de Construtores. En 1965 Clark e Lotus repetiron campionato.

Nese mesmo ano Clark gañou na famosa carreira das500 millas de Indianápolis. Para iso debeu ausentarse do prestixioso Gran Premio de Fórmula 1 deMónaco. Con todo fixo historia ao triunfar por primeira vez nesa carreira cun automóbil comotor colocado detrás do piloto.

Ao seguinte ano, 1966, Lotus, baixo as novas regras de motores de 3.0litros, non acadou bos resultados. Comezaron a tempada de Fórmula 1 cun motorCoventry Climax de 2.0 litros montado no chasis doLotus 33. Ao avanzar a tempada cambiaron a unLotus-BRM 43 cun moi complexo motorBRM H16; o H16 consistía basicamente de dous motores V8 de 1.5 litros unidos para formar unha soa unidade.

En 1967 Clark e Lotus correron con tres combinacións completamente distintas de chasis e motor. O Lotus-BRM foi usado na primeira carreira do campionato enSuráfrica con resultados negativos. En Monaco usou por última vez o Lotus 33, retirándose a metade de carreira cunha avaría na suspensión. A continuación comezou a nova asociación de Lotus conFord Motor Company eCosworth. O motorCosworth DFV usado por primeira vez por Lotus non só gañou a primeira carreira na que foi usado, o Gran Premio dos Países Baixos, senón que ademais converteríase no motor de maiores éxitos na historia da Fórmula 1.

Morte

[editar |editar a fonte]

O 7 de abril de 1968, durante unha carreira de Fórmula 2 no circuíto deHockenheimring enHockenheim,Alemaña Jim Clark morreu despois de que o seu automóbil saísese da pista e chocase contra as árbores. As causas do accidente nunca foron definitivamente esclarecidas, con todo os investigadores suxiren como a posibilidade máis factible, unha súbita e repentina perda de presiónpneumática nunha das rodas traseiras. En circunstancias parecidas á morte deAyrton Senna en 1994, a súa morte causou grande impacto no mundo da competición automobilística. Clark era o mellor piloto e dominaba os campionatos da época co mellor equipo de entón. Lotus e Clark foron inseparables desde o principio. O campionato de 1968 foi gañado polo compañeiro de equipo de Clark,Graham Hill (pai do logo tamén campiónDamon Hill).

Un xenio na pista

[editar |editar a fonte]
Lotus 25.

Ao longo da súa carreira Clark gañou 25 grandes premios e obtivo a pole en 33 ocasións. Clark diferenciábase dos pilotos actuais de Fórmula 1 na súa habilidade para conducir e gañar en calquera tipo de vehículo. A súa capacidade de pelexar vitorias conducindo o sedan de produciónLotus Cortina era impresionante; correu na tempadaNascar enEstados Unidos para o equipo Holman e Moody; batallou cos caprichosos Lotus deportivos modelos 30 e 40; e ata un Lotus deIndyCar Series nunhacarreira de montaña enSuíza.

Clark foi o mellor nunha época onde a habilidade innata e a xenialidade para conducir do piloto baixo calquera circunstancias eran moito máis importantes que a tecnoloxía e as asistencias externas. Considerábaselle un terrible piloto de probas, pois era capaz de acomodarse ao auto e facelo parecer mellor do que en realidade era; ao contrario doutros pilotos que probarían o auto por varias voltas, facéndolle axustes ata conseguir o mellor tempo posible, Clark lograba o mellor tempo así no xeito como atopaba ao auto, e dicíalle aos mecánicos "déixeno, así está ben". Debido a isto facíaselle difícil entender como outros pilotos non podían ser igual de rápidos ca el.

Cando Clark faleceu, atribúeselle ao corredorChris Amon o dicir "se isto pódelle pasar a Clark, que esperanza podemos ter os demais". Hoxe en día é consierado un dos mellores pilotos da historia da Fórmula 1.

Clark está enterrado na vila deChirnside enBerwickshire.

No ano de1990 foi admitido noInternational Motorsports Hall of Fame.

Rexistro de carreiras

[editar |editar a fonte]

Resultdos completos nas 24 Horas de Le Mans

[editar |editar a fonte]
AnoEquipoCo-PilotosCocheClasevoltasPos.Clase
Pos.
1959 Border ReiversSir John WhitmoreLotus Elite Mk.14GT
1.5
25710º
1960 Border ReiversRoy SalvadoriAston Martin DBR1/300S
3.0
306
1961 Border ReiversRon FlockhartAston Martin DBR1/300S
3.0
132RetRet

Resultados completos na Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letragrosa indicanpole position; as carreiras encursiva indicanvolta rápida.

AnoEquipoChasisMotor123456789101112Pos.Pts.[2]
1960Team LotusLotus18ClimaxI4ARX
MON
500
NED
Ret
BEL
5
FRA
5
GBR
16
POR
3
ITA
USA
16
10º8
1961Team LotusLotus21ClimaxI4MON
10
NED
3
BEL
12
FRA
3
GBR
Ret
ALE
4
ITA
Ret
USA
7
11
1962Team LotusLotus25ClimaxV8NED
9
MON
Ret
BEL
1
FRA
Ret
GBR
1
ALE
4
ITA
Ret
USA
1
RSA
Ret
30
1963Team LotusLotus25ClimaxV8MON
8
BEL
1
NED
1
FRA
1
GBR
1
ALE
2
ITA
1
USA
3
MEX
1
RSA
1
54 (73)
1964Team LotusLotus25ClimaxV8MON
4
NED
1
BEL
1
FRA
Ret
GBR
1
ITA
Ret
32
Lotus33ClimaxV8ALE
Ret
AUT
Ret
USA
7
MEX
5
1965Team LotusLotus33ClimaxV8RSA
1
MON
BEL
1
GBR
1
NED
1
ALE
1
ITA
10
USA
Ret
MEX
Ret
54
Lotus25ClimaxV8FRA
1
1966Team LotusLotus33ClimaxV8MON
Ret
BEL
Ret
FRA
NTS
GBR
4
NED
3
ALE
Ret
16
Lotus43BRMH16ITA
Ret
USA
1
MEX
Ret
1967Team LotusLotus43BRMH16RSA
Ret
41
Lotus33ClimaxV8MON
Ret
Lotus49FordV8NED
1
BEL
6
FRA
Ret
GBR
1
ALE
Ret
CAN
Ret
ITA
3
USA
1
MEX
1
1968Team LotusLotus49FordV8RSA
1
ESP
MON
BEL
NED
FRA
GBR
ALE
ITA
CAN
USA
MEX
11º9

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato

[editar |editar a fonte]

(key) (Carreiras engrosa indicanpole position, carreiras encursiva indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor123456789101112131415161718192021
1960Team LotusLotus18ClimaxI4GLVINTSIL
Ret
LOM
2
OUL
Ret
1961Team LotusLotus18ClimaxI4LOM
6
GLVPAU
1
BRX
Ret
VIEAIN
9
SYR
6
NAPLONDAN
7
Lotus21SIL
2
SOL
7
KAN
Ret
MOD
4
FLG
4
OUL
Ret
LEWVALRAN
1
NAT
1
RSA
1
1962Team LotusLotus21ClimaxI4CAP
2
Lotus24ClimaxV8BRX
Ret
LOM
1
LAVGLVPAU
Ret
AIN
1
INT
2
NAP
Lotus25ClimaxV8MAL
Ret
CPLRMS
Ret
SOL
Ret
KANMEDDANOUL
1
MEX
1
RAN
1
NAT
2
1963Team LotusLotus25ClimaxV8LOM
2
GLVPAU
1
IMO
1
SYR
WD
AIN
3
INT
1
ROM
SOL
NC
KAN
1
MED
AUT
Ret
OUL
1
RAN
16
1964Team LotusLotus25ClimaxV8DMT
Ret
NWT
1
SYR
INT
Ret
MED
2
RAN
Lotus33AIN
Ret
SOL
1
1965Team LotusLotus33ClimaxV8ROC
Ret
SYR
1
Lotus25SMT
1
INTMED
2
RAN
1966Team LotusLotus33ClimaxV8RSASYRINTOUL
3
1967Team LotusLotus49FordV8ROCSPRINTSYROULESP
1

Despois de que Clark fose descualificado por arrincar empuxando, asumiu o control o coche deTrevor Taylor.

Récords de Fórmula 1

[editar |editar a fonte]

Clark ten as seguinte marcas na fórmula 1:

RécordLogrado
Maior nº de Grand Slams (pole, vitoria, volta rápida, líder en todas as voltas na mesma carreira)8
Maior porcentaxe de puntos posibles no campionato nunha tempada100% in1963 e19651
Maior porcentaxe liderando voltas nunha tempada71.47% en1963

1Récord compartido conAlberto Ascari en1952

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis

[editar |editar a fonte]
Ano[3]Coche
Saídacual.
speed
Speed
rank
FinalVoltas
completadas
voltas
líder
Carreira
status
Chasis
1963925149.7507220028CorrendoLotus-Ford 29/3
196461158.8281244714SuspensiónLotus-Ford 34/3
1965822160.72921200190CorrendoLotus-Ford38/1
1966192164.1142220066CorrendoLotus-Ford38/4
19673116163.2132331350PistónLotus-Ford38/7
Totais682298
Saídas5
Poles1
1ª fila3
Vitorias1
Top 53
Top 103
Retiradas2
  • As posicións iniciais de Clark desde 1964, 1965 e 1966 representan a mellor racha inicial de tres carreiras dos anos sesenta.
  • A vitoria de Clark en 1965 foi a primeira vitoria para un coche de motor traseiro nas 500 Millas de Indianápolis. Ningún coche con motor dianteiro gañou a carreira desde entón.

Resultados completos nas Tasman Series

[editar |editar a fonte]
AnoCoche12345678RanqPuntos
1965Lotus 32BPUK
Ret
LEV
1
WIG
1
TER
(1)
WAR
1
SAN
2
LON
5
35 (44)
1966Lotus 39PUK
Ret
LEV
2
WIG
Ret
TER
Ret
WAR
1
LAK
3
SAN
2
LON
7
25
1967Lotus 33PUK
2
WIG
1
LAK
1
WAR
2
SAN
1
LON
2
45
1968Lotus 49TLEV
Ret
PUK
Ret
WIG
1
TER
2
ORA
1
SUR
1
ADE
1
SAN
5
1st44

Resultados na Tasman Series fora do campionato

[editar |editar a fonte]
anoCoche12
1967Lotus 33LEV
1
TER
1

Resultados na Fórmula 2

[editar |editar a fonte]

(Carreiras engrosa indicanpole position, carreiras encursiva indican volta rápida.)

Por razóns de espazo, só mónstranse os eventos de Fórmula 2 nos que Clark correu.

AnoEquipoChasisMotor123456789101112
1960Team LotusLotus18ClimaxFPFBRX
Ret
BRC
Ret1
SOL
8
BRH
1
1964Ron Harris Team LotusLotus32CosworthSCAPAU
1
ADC
1
GRV
1
RMS
4
BET
1
KAN
2
ALB
Ret
OUL
2
1965Ron Harris Team LotusLotus35CosworthSCAMAL
DNS2
SNE
3
PAU
1
LON
1
RMS
3
ROU
1
KAN
Ret
BET
1
OUL
6
ROU
1
1966Ron Harris Team LotusLotus35CosworthSCAOUL
DNS2
SMT
Ret
PAU
7
Lotus44BAR
Ret
KAN
3
FIN
3
MNT
2
BLM
6
BAR
NC
BRH
3
1967Team LotusLotus48CosworthFVAPAU
4
BAR
1
ADC
Ret
LIM
2
RMS
Ret
ROU
Ret
FTL
Ret
MAD
1
KAN
3
FIN
1
HÄM
3
ALB
3
1968Team LotusLotus48CosworthFVABAR
Ret
HOC
Ret

1Innes Ireland tomou o coche de Clark e terminou no 9º lugar.
2 Carreiras canceladas debido ao mal tempo.

Premios

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Phil Hill
Campión da Fórmula 1
1962
Sucesor:
Jim Clark
Predecesor:
Denny Hulme
Campión da Fórmula 1
1968
Sucesor:
Jackie Stewart

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
AGalicitas posúe citas sobre:  Jim Clark
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Jim Clark

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
  1. Times Online, 27 March 2009: The 50 greatest Formula One drivers: Nos 10–1Arquivado 7 de maio de 2009 enWayback Machine.
  2. Ata 1990, non todos os puntos anotados por un piloto contribuían ao resultado final do Campionato do Mundo (ver lista desistemas de puntuación da Fórmula 1). Os números sen parénteses son puntos do campionato; Os números entre parénteses son os puntos totais obtidos.
  3. "Jim Clark Indy 500 Race Stats". Indy500.com. 2012-01-05. Arquivado dendeo orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o2012-07-20. 
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jim_Clark&oldid=6790759»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp