O topónimo "Jilin" podería vir deGirin ula, un termomanchú que se traduce como "ao longo do río", transcrito comoJilin wula (T: 吉林烏拉 / S: 吉林乌拉) aochinés, e simplificado comoJilin, que literalmente en chinés é "bosque auspicioso".
A zona de maior altitude de Jilin atópase no sueste, descendendo lenemente cara ao noroeste. NasMontañas Changbai, na zona suroriental, sitúase o cumio máis alto da provincia, o monte Baiyun (2.691 metros). Outras cadeas montañosas son Jilinhada, Zhang Guangcai e Longgang. En Jilin hai diversas concas fluvials: as dos ríos Yalu e Tume (que forman a fronteira entre a China e Corea do Norte no suroeste, as de diversos afluentes do río Liao na fronteira meridional e dos ríos Songhua e Nen, que desembocan norío Amur. O clima é continental monzónico con invernos longos e moi fríos e veráns curtos e cálidos. A temperatura media do mes de xaneiro obscila entre -20 °C e -14 °C. As precipitacións son escasas, cunha media de 350–1000 mm
Na antigüídade habitaban Jilin diversos pobos, como osMohe e osWuji. O reino de Balhae establecuse na zona o ano698 e perdurou ata o 926, caendo sucesivamente nas mans dadinastía Liao dosKhitan, a Jin dos Jurchen e a Yuan dos mongois. Durante adinastía Qing gran parte da zona estaba baixo o control do xeneral de Jilin, que gobernaba ata oMar do Xapón. Nesta época a inmigración han estaba estritamente controlada, o que vai mudar despois da cesión a Rusia dePrimorie. O goberno Qing comezou a abrir a zona aos inmigrantes han, a maioría procedentes deShandong, e ao comezar o século XX eran a etnia dominante na rexión. En1932, Jilin incorporouse ao estado doManchukuo que tiña como capitalChangchun. Despois da derrota do Xapón en 1945 a rexión foi liberada polos soviéticos para os comunistas chineses, que a utilizaron como plataforma para ocupar o resto da China.
En 1949, a provincia de Jilin era moito máis pequena, abranguendo tan só os arredores deChangchun e a cidade de Jilin, onde estaba a capital. Nos anos cincuenta ampliouse ata a súa extensión actual. Durante aRevolución Cultural ampliouse de novo para incluír parte da Mongolia Interior, ata a fronteira conMongolia, aínda que este cambio non durou moito.