Jeffrey Leon "Jeff" Bridges, nado nosÁnxeles (California) o4 de decembro de1949, é un actor e músico estadounidense. Gañou oOscar ó mellor actor polo seu papel de Otis "Bad" Blake no filme de 2009Crazy Heart.
Algúns dos filmes polos que é máis coñecido sonTron,Fearless,Iron Man,The Contender,Starman,The Fabulous Baker Boys,Jagged Edge,Against All Odds,The Fisher King,Un botín de 500.000 dólares,Seabiscuit,Tron: Legacy eO gran Lebowski.
Bridges casou con Susan Geston en 1977. O 19 de outubro de 2020, Bridges anunciou que lle diagnosticaronlinfoma e que pasou porquimioterapia.[1] Bridges tamén anunciou que contraeuCOVID-19 mentres estaba en tratamento e sinalou que foi unha experiencia difícil que, segundo dixo, fixo que ocancro "parecese como un pedazo de pastel". Dixo que agora está totalmente vacinado contra a COVID-19.[2]