Trátase dun dos máis populares compositores de finais doséculo XIX e principios doséculo XX. A súamúsica, como opoema sinfónicoFinlandia e o seu xenio xogaron un importante papel na formación daidentidade nacional finlandesa, sendo xunto conJohan Ludvig Runeberg, un dos finlandeses que simbolizan este nacemento a pesar de seren suecofalantes.[nota 1][2] Sibelius converteuse non só no símbolo da música finlandesa, senón tamén de todo o país, e a súa música acadou un nivel de universalidade equiparable ao dos máis grandes espíritos da música occidental.[3]
Janne Sibelius no colo de súa nai Maria Charlotta e xunto á súa irmá Linda contra o1867.
Johan Julius Christian Sibelius naceu o8 de decembro de1865 enHämeenlinna (ensueco Tavastehus), noGran Ducado de Finlandia (daquela pertencente aoImperio Ruso). Jean foi o segundo dos tres fillos do doutorsuecofalante de 44 anosChristian Gustaf Sibelius eMaria Charlotta Sibelius (nada Borg), que ao tempo do seu nacemento contaba con 24 anos. Seus pais decidiron chamar a este seu segundo fillo Janne en memoria do seu tío paterno, Johan "Janne" Sibelius, que fora capitán dun barco mercante.[4] Aínda que era coñecido polo seu nome típico finlandés e sueco "Janne" por parte da súa familia, durante os seus anos de estudante comezou a empregar a formafrancesa do seu nome, "Jean", inspirado pola tarxeta de visita do seu tío,[5] sendo posteriormente coñecido universalmente como "Jean Sibelius".
En xullo de1868, durante os anos de fame severa e contando o pequeno Sibelius con algo máis de dous anos, seu pai morría defebre tifoide fortemente endebedado,[1] xa que tiña que pagar ao redor de 13.500euros (en moeda actual) para saldar as débedas dos amigos a quen estivera de garante, que xunto aos gastos polo funeral ascenderon a 15.000 euros, o que deixou á familia en bancarrota, facendo que a meirande parte das súas posesións pasasen aos acredores. A pensión de viuvez de súa nai non era suficiente para manter unha casa propia e á súa familia non lle quedou outro remedio que ir vivir coa súa avoa materna, Katarina Juliana Borg, que era a muller dun decano e vivía en Hämeenlinna xunto coas súas irmás solteiras.[4][6]
Pronto mostrou interese pola música, meténdose debaixo dopiano rectangular cando súa nai o tocaba e tentando asociar as notas que ela tocaba coas cores das raias da manta. A súa familia levouno a concertos dende moi pequeno, estando moi presente na memoria do compositor os seus veráns enLoviisa, onde pasaban os veráns coa súa avoa paterna Katarina Fredrika e súa tía Evelina, asistindo aos concertos de verán e ás veladas musicais e poéticas organizadas polos Sucksdorffs, emparentados coa súa familia.[4] Máis tarde Sibelius lembraba os seus veráns en Loviisa:
“
Loviisa era o meu sol e a miña felicidade. Hämeenlinna era a miña cidade escola, Loviisa era a liberdade.
Con cinco anos Sibelius comezou a tocar o piano, sendo capaz de memorizar e interpretar pasaxes dos seus concertos favoritos.[1] No outono de1872 comezou as clases na escola preparatoria sueca de Eva Savonius á vez que a súa tía Julia tentaba ensinarlle ao mozo Janne a tocar o piano con clases máis sistemáticas, pegándolle"nos dedos cunha agulla de tecer" tras cada nota falsa, un método que non se axustaba ao carácter de Janne e que o fixo caer na improvisación e a crítica aos alumnos de música da súa tía, se ben por consello dela aprendeu a ler música. Durante os anos seguintes dedicouse a tocar a música que lle interesaba, tanto pezas solistas coma dúos coa súa irmá Linda, quen posteriormente lembrou que seu irmán tamén escribira composicións para piano e violín a unha idade moi temperá.[4]
Janne procedía dunha familia suecofalante, mais en1874 foi trasladado á escola preparatoria enlingua finesa de Lucina Hagman, xa que tiña que aprender finés para ser admitido noLiceo Normal de Hämeenlinna (onde foi admitido en1876 e realizou os seus estudos ata1885), xa que en Hämeenlinna, ao contrario que na meirande parte das cidades finlandesas da época, un podía graduarse na escola secundaria en finés, non en sueco, algo infrecuente xa que o país formara parte deSuecia ata1809 e a lingua dominante das clases educadoras era o sueco e non o finés.[4] O Liceo de Hämeenlinna, dirixido daquela por Gabriel Geitlin e cuxo mestre de música era Emil Genetz, era considerado a pedra angular da educación, e tanto Janne como moitos dos seus compañeiros de clase converteríanse posteriormente en personalidades importantes en Finlandia.[6] Na escola, Janne e os seus amigos puxeron en marcha unha pequena orquestra con"ferriños, harmónicas, ocarinas de xoguete e campás", dirixindo el mesmo os concertos dende o piano.[4] Os seus estudos na escola finlandesa permitiríanlle familiarizarse co patrimonio e a cultura de Finlandia,[7] que tanto influiría posteriormente na súa obra.
Janne (violín), cos seus irmáns Linda (piano) e Christian (violonchelo) no spa casino de Loviisa cara a 1880 ou 1890.
Na primavera de1880 comezou as súas clases deviolín, quedando enfeitizado polo seu novo instrumento.[7] Pouco despois, en1881 concluíra a súa primeira composición,Vattendroppar (Pingas de choiva) para violín eviolonchelo,[nota 2] á vez que comezaba os seus estudos de violín conGustaf Levander (director da banda de música da súa cidade natal) tras un longo período de aprendizaxe autodidacta.[1] Janne progresou dun xeito rápido co violín e posteriormente formou un trío cos seus irmáns no que el mesmo tocaba o violín, Linda o piano, e o seu irmán máis novo Christian oviolonchelo, cos que inicialmente tocaba o repertorio clásico vienés e romántico, aínda que pronto pasarían a tocar obras de cámara do propio Janne.[7][8] Endecembro de 1881 uniuse á orquestra da escola, onde tocaba o segundo violín, e pronto comezou a tocar tamén nun cuarteto local afeccionado.[8]
A primeira mención a unha composición de Sibelius aparece nunha carta que escribiu dendeKalalahti o25 de agosto de1883, onde afirma que compuxera un trío (primeira composición que pode ser datada con certeza) e que estaba a traballar noutro, dos que afirmaba:[8]
“
Son máis ben pobres, mais é bo ter algo que facer nos días de choiva.
”
— Jean Sibelius, 1883
En febreiro de1884, Janne fíxose cun exemplar doLehrbuch der musikalischen Composition deJohann Christian Lobe, ao cal se refería comoCompositionslehre nunha carta ao seu tío Pehr, e seguindo as ensinanzas do libro Sibelius compuxo un cuarteto con piano e un trío con piano. A composición ocupaba boa parte do seu tempo, o que se reflectiu nos seus estudos, non obstante conseguiu superar o seu exame final na primavera de1885.[8]
Nas súas cartas, Sibelius parecía considerar a carreira de boticario ou secretario, mais alentado polo seu tío materno Axel Borg matriculouse na Facultade de Dereito daUniversidade de Helsinqui. A súa familia non quixo obstaculizar as súas actividades musicais, polo que tamén se matriculou como alumno especial no conservatorio, onde estudou violín conMitrofan Wasiljeff e teoría, contrapunto e harmonía conMartin Wegelius.[8]
Martin Wegelius, profesor de teoría, contrapunto e harmonía de Sibelius en Helsinqui.
Sibelius instalouse enHelsinqui en1885, xunto con súa nai e a súa irmá Linda, que ía comezar os seus estudos de posgrao, mentres que seu irmán máis novo Christian quedou en Hämeenlinna para continuar os seus estudos ao coidado da súa avoa e as súas tías. Nesa época comezou a mudar a súa percepción do mundo co seu traslado de Hämeenlinna (que contaba cuns poucos miles de habitantes) a unha cidade grande como Helsinqui (que daquela contaba cuns 60.000 habitantes), o feito de escoitar comentarios antirrelixiosos ás súa tías e a lectura da novelaRöda rummet (O cuarto vermello) deAugust Strindberg, que destruíu parte da súa inocencia xuvenil.[9]
Aínda que inicialmente Sibelius se trasladara á capital finlandesa para estudar Dereito, pronto se concentrou nas súas clases de música no Instituto Musical de Helsinqui que Martin Wegelius fundara en1882, inicialmente centradas no estudo do violín con Mitrofan Wasiljeff, quen considerou a Janne como un "xenio musical".[1][9] O propio Wegelius entusiasmouse co seu alumno, que xa escribira varias obras de cámara, e pouco a pouco as súas clases de teoría convertéronse en clases de composición nas que Janne aprendeu todo del.[9]
Na primavera de1886 comezou a empregar as tarxetas de visita de seu tío mariñeiro, afirmando nunha carta ao seu tío Pehr o31 de marzo que"Jean é agora o meu nome musical". Daquela a súa única conexión coa universidade era como violinista na orquestra deRichard Faltin, xa que abandonara os seus estudos de leis cando se comezou a dedicar por completo á música.[9][10]
Durante os primeiros anos en Helsinqui, Sibelius mostrou as súas dotes como violinista, sendo eloxiado "pola súa avanzada técnica", e converténdose na súa maior aspiración o converterse nun virtuoso do violín e facer carreira concertística.[9][10] No semestre de outono de 1886 realizou catro aparicións como solista, mentres que no de primavera de1887 tocou frecuentemente como músico de cámara. Porén, os seus soños de converterse nun virtuoso do violín sufriron un duro revés tras un concerto infrutuoso do Andante e Finale doconcerto para violín deFelix Mendelssohn no que o crítico musical Richard Faltin atopou fallos co seu son fino e áspero, o que provocou que Sibelius non avanzase máis como violinista, se ben continuaba a tocar en orquestras e grupos de cámara, e o seu profesor de violín pasou a ser Hermann Csillag, quen o convidou a tocar o segundo violín no cuarteto do Instituto. Na casa, Sibelius tocaba nun cuarteto co seu irmán Christian (que tamén se trasladara a Helsinqui), o fillo de Richard Faltin e Ernst Lindelöf.[9]
Na primavera de1888, Wegelius e Sibelius escribiron xuntos música paraNäcken deGunnar Wennerberg. Nunha revisión, Richard Faltin pai declarou que Sibelius era mesmo máis interesante como compositor que como violinista. En maio dese mesmo ano, o seu cuarteto de corda ouTema con Variacións endó sostido menor foi ben recibido, e Karl Flodin, o crítico de Nya Pressen, louvou "a habilidade teórica e o seu notable poder imaxinativo".[9]
Durante o verán de 1888 en Loviisa, Jean compuxo unha das súas mellores pezas temperás de música de cámara, oTrío Loviisa en dó maior, para piano, violín e violonchelo. Cada vez facíase máis evidente nos círculos musicais de Helsinqui que Sibelius sería compositor e non violinista. No outono dese ano, Wegelius conseguiu levar ao Instituto de Música aFerruccio Busoni (futuro pianista, compositor e director), quen coñeceu a Sibelius e deulle clases de piano, así como ao outro alumno máis destacado da institución,Armas Järnefelt, e aAdolf Paul.[1][9] Os compañeiros chamáronse a eles mesmos osLeskovites polo can de Busoni, Lesko, e pasaban moito tempo no apartamento de Busoni e nos cafés de Helsinqui. Busoni animou a Sibelius nas súas composicións e ese outono publicouse a súa primeira composición, aSerenad sobre un texto de Runeberg, publicada no folletoDet sjungande Finland II. Ese mesmo outono, Armas Järnefelt levou a Sibelius a coñecer á súa familia, foi daquela cando coñecería á súa futura muller, a irmá de Armas, Aino Järnefelt.[9]
Na derradeira primavera que pasou Sibelius en Helsinqui en1889, pasou moito tempo na residencia dos Järnefelt, coñecendo aos irmáns de Armas, Eero (que estaba a estudar para ser artista) e Arvid (e estaba a planear un novo xornal xunto co novelistaJuhani Aho e Eero Erkko, que sería editor). Deste xeito Sibelius entrou no círculo do xornalPäivälehti, o precursor do maior xornal finlandés, oHelsingin Sanomat. Este grupo influíu moito a Sibelius nunha dirección culturalmente progresista con énfase nalingua finesa. Sibelius declaraba posteriormente:[9]
“
Eu era case unSvecoman[nota 3] ata que o círculo Päivälehti espertou un novo espírito en min.
”
Dúas obras de cámara culminaron os seus estudos en Helsinqui: unha suite para violín e violonchelo e oCuarteto de corda en la menor. Das dúas, o cuarteto foi a de máis éxito, referíndose a ela Karl Flodin no Nya Pressen nestes termos:[9]
“
Dun só golpe uniu a vangarda dos que se lles confiou o futuro da arte da música en Finlandia.
”
— Karl Flodin
A obra foi considerada unha obra mestra, e a estrea foi unha experiencia tan abafadora queRobert Kajanus, o famoso compositor e director da Sociedade Musical de Helsinqui, declarou que renunciaría inmediatamente á súa obra como compositor, aínda que finalmente seguiu compoñendo, non obstante converteuse no primeiro director en gravar a música de Sibelius.[1][9] Xa era patente que o mozo Sibelius debía consagrarse á composición.[1]
Sibelius era entón a maior promesa da música finlandesa e recibiu a suma de 2.000marcos (ao redor de 8.000 euros da actualidade) para que puidese ir estudar aBerlín no outono. Ao mesmo tempo produciuse un cambio temporal na súa vida persoal, xa que o seu romance con Aino Järnefelt non progresou debido á relación que o compositor mantiña dende a primavera e o principio do verán con Betsy Lerche, a quen coñecera no Instituto de Música e que lle dedicou un valse alegre. Aínda que a relación con Betsy rematou rapidamente, Aino e Jean non tiveron tempo para reconciliarse e non se escribiron durante o tempo que el pasou estudando en Berlín.[9]
Con 23 anos Sibelius trasladouse a Berlín, onde puido asistir xa na súa primeira noite na capital alemá a unha representación deDon Giovanni deMozart naKroll Opera. Durante o tempo que permaneceu na cidade puido asistir a representacións de óperas deWagner comoTannhäuser ouDie Meistersinger von Nürnberg, a concertos de piano deHans von Bülow, así como concertos deBeethoven nos que o pianista dirixiu áBerliner Philharmoniker, escoitou oDon Juan dun mozoRichard Strauss, e asistiu a interpretacións do Joseph Joachim Quartet do cuarteto en fa maior Op. 59 de Beethoven e o cuarteto en dó maior deSchubert, que o impresionaron.[11]
Na capitalalemá Sibelius converteuse en alumno deAlbert Becker, cursando estudos decontrapunto e seguindo os rigorosos exercicios que o reputado compositor lle propuña, como exercicios sen fin de técnicas de fugados e laboriosos exercicios de contrapunto que secaron a súa produción durante meses.[10][11]
A Sibelius non lle gustaba a atmosfera de Berlín durante o período do Chanceler de FerroOtto von Bismarck, un ambiente demasiado pesimista e conservador para o gusto do compositor, que se relacionaba principalmente con estudantes estranxeiros e tocaba música de cámara cos seus amigos. Polas noites vivía moi por riba das súas posibilidades, mercando entradas para os mellores asentos da ópera e gozando da cociña de restaurantes caros. Esta vida levouno á enfermidade, e mesmo ás enfermidades venéreas segundo as desinhibidas cartas que escribiu na época, e á súa hospitalización en novembro de 1889. Trala súa recuperación foi invitado por Busoni a escoitar a primeira representación pública do quinteto con piano do seu amigo comúnChristian Sinding no que el sería o pianista. A obra de Sinding espertou a vontade compositiva de Sibelius, que na primavera de1890 rematou a súa obra máis significativa do ano que pasou en Berlín, oQuinteto con piano en sol menor.[11]
Cando Sibelius estaba a traballar nas súas composicións escoitou aRobert Kajanus dirixindo a Berliner Philharmoniker nun programa que incluíaAino de Kajanus. Aínda que a composición non impresionou a Sibelius, si que despertou o interese do compositor en combinar oKalevala coa música, e soñaba con ver a súa música interpretada nunha ocasión tan grande, dicíndose "a próxima vez serei eu" cando marchou do concerto. 12 anos despois o seu soño faríase realidade, cando dirixiu á Berliner Philharmoniker nunha representación da súaEn Saga.[11]
Becker quedou satisfeito co seuQuinteto para piano en sol menor, a única obra significativa que compuxo durante a súa estadía na capital alemá, redactando un informe positivo no que puña énfase na importancia dos estudos adicionais.[1][11] O quinteto foi suficiente proba para o Senado, que concedeu a Sibelius unha bolsa de estudo de 2.000 marcos (ao redor de 8.000 euros) para o seguinte curso académico. Non obstante Sibelius non quería realmente volver a Berlín, polo que pasou o verán en Finlandia e planeou ir aViena.[11]
A súa partida á capitalaustríaca atrasouse ao reavivarse a súa relación con Aino Järnefelt, que culminou cun compromiso segredo en setembro. Sibelius tamén rematou o seu cuarteto en si bemol maior, ao que lle puxo un número de Opus (un caso único entre os cuartetos dos seus anos de estudante). Finalmente chegaba a Viena o19 de outubro de 1890, onde tras recibir a negativa deBrahms eBruckner de aceptalo como alumno, comezou a recibir clases privadas deRobert Fuchs, quen daba clase noConservatorio de Viena, aínda que Sibelius non se puido matricular na institución ao finalizar o prazo de matrícula, polo que as súas composicións tampouco se tocaron nos concertos de alumnos, aínda que se lle permitiu tocar na orquestra do Conservatorio como violinista, coñecendo moitos músicos novos que estudaban na cidade. A principios de novembro de 1890 Sibelius coñeceu o compositorhúngaroKarl Goldmark (daquela moi popular pola súaóperaDie Königin von Saba), quen aceptou darlle clases.[12]
Sibelius mostraríase satisfeito cos seus profesores e coa cidade, escribindo á súa familia que "Viena son todo risas e valses", e procurou a compañía doutros músicos por motivos educativos, como aprender as propiedades docorno inglés dun oboísta chamado Heber. Non obstante, o novo compositor seguía a vivir por riba das súas posibilidades. Sibelius presentouse á cantantePauline Lucca, a muller dun home rico, e pronto comezou a pasar as tardes nas recepcións da familia Lucca. Para mellorar a súa situación financeira presentouse para un posto como violinista naWiener Philharmoniker, mais na audición sufriu pánico escénico e non conseguiu o posto.[12]
O ano que Sibelius pasou en Viena foi crucial para o seu desenvolvemento, cun Goldmark instándoo a traballar os seus temas con maior atención que ata o momento e recomendándolle seguir máis as influencias dos clásicos que as deBerlioz ouWagner polo momento. Ao mesmo tempo comezou a estudar a música folk e a literatura finlandesa, así como os ritmos doKalevala, coa intención de darlle ás súas obras unha maior orixinalidade, aplicando por primeira vez este novo estilo na súa canciónDrömmen (O soño, 1891), unha canción a solo sobre versos deJohan Ludvig Runeberg.[12]
En febreiro de 1891 comezou a desenvolver a súa primeira sinfonía, aínda que dos bosquexos iniciais só queda aAbertura en mi maior e aScène de Ballet, que estaba destinada a ser o segundo movemento, dúas partes que serían interpretadas en público en abril dese mesmo ano pola orquestra de Robert Kajanus sen moito éxito, o que non crebou a confianza de Sibelius. E mesmo os críticos finlandeses declararon que:[12]
“
Francamente, aínda non tivemos tempo de descubrir o que o artista quere revelar na súa obra.
Sibelius renunciou á súa idea de compoñer unha sinfonía e aAbertura e aScène de Ballet ficaron como obras inconexas. No seu lugar comezou a compoñer unha obra orquestral sobre a saga deKullervo pertencente ao poema épicoKalevala, mais o seu traballo viuse interrompido por unha nova enfermidade que se pensa o levou a unha operación da que o propio compositor dixo que o doutor extraera unha "pedra". Logo de que os seus familiares de Loviisa aforrasen cartos para sacalo do hospital en xuño de 1891, unha vez finalizados os seus estudos, Sibelius marchou a Berlín novamente e tras recibir unha nova remesa de cartos que a súa familia reunira con dificultade, conseguiu regresar a Finlandia.[12]
No verán de 1891 Sibelius reencontrouse coa súa prometida nunha reunión na residencia de verán que a familia Järnefelt tiña preto deVaasa, mais o matrimonio estaba fóra da cuestión, xa que Sibelius se encontraba sen cartos nin traballo, polo que decidiu ir a Loviisa a traballar enKullervo, onde conseguiu algo de diñeiro dando clases de música. A finais de novembro dese mesmo ano estreouse como director de orquestra dirixindo a súaAbertura e aScène de Ballet nun concerto popular en Helsinqui, e máis tarde ese mesmo mes trasladaríase aPorvoo para escoitar aLarin Paraske, unha cantante tradicional deIngria (unha rexión de fala finesa próxima aSan Petersburgo), quen como máis tarde recoñecería o propio Sibelius, foi unha influencia paraKullervo.[13]
A finais de xaneiro de1892 trasladouse de novo a Helsinqui, e esa primavera demostrou ser un enérxico traballador, dedicándose día e noite para finalizarKullervo en abril tras un ano de traballo, comezando así a súa carreira de compositor orquestral.[10][13] Á estrea da obra, que supuxo tamén o seu debut como director de orquestra,[10] asistiu "o círculo Päivälehti" e outrosFennomans que querían escoitar unha obra en finés sobre oKalevala, mais o éxito foi moderado e non todo o público entendeu a obra, se ben as palabras de Kajanus sobre Sibelius arrincaron unha auténtica treboada de aplausos e finalmente considerouse que a estrea fora un éxito. O éxito deKullervo foi o que segundo Aino convenceu a seus pais para que a nova parella casase, aínda que outro factor foi a promesa dun posto de traballo para Sibelius no Instituto de Música e na Escola Orquestral de Kajanus.[13]
A voda entre Jean e Aino celebrouse o10 de xuño de 1892 na residencia de verán dos Järnefelt en Tottisalmi. Tralo enlace a parella pasou a súa lúa de mel preto deLieksa grazas a unha bolsa de estudos que lle concederon para estudar interpretación dekantele ecanto rúnico enCarelia, onde Sibelius atopou tempo para comezar a compoñerEn Saga e para revisar as cancións sobre textos de RunebergUnder strandens granar,Kyssens hopp eTill Frigga.[13]
En outono de 1892 a parella estableceuse en Helsinqui, onde Sibelius retomou a súa amizade con Kajanus eAxel Gallén, comezando as sesións doSymposion, nas que os tres artistas debatían cuestións fundamentais da arte. Nesa época ensinaba teoría e violín no Instituto de Música Wegelius e na Escola Orquestral de Kajanus, e rematou as súas sete cancións sobre textos de Runeberg, que foron publicadas en Finlandia, se ben a súa composición máis importante na época foiEn Saga, que se viu interrompida polo enterro de súa avoa, e cuxa estrea da primeira versión (máis longa e heteroxénea que a versión actual datada estreada en1902) tivo lugar o16 de febreiro de1893.[14]
En marzo de 1893 produciuse un duro golpe para o compositor cando o crítico deUusi Suometar atopou a súa obraKullervo incomprensible, logo de escoitala dirixida polo propio compositor, dicindo ademais que era longa, monótona e aburrida. Posteriormente o propio Sibelius recoñecería que mesmo varios amigos lle recomendaran deixar a composición e converterse en organista en Porvoo. Ese mesmo mes nacería a primoxénita da parella, Eva, e ao mes seguinte chegou un novo éxito para Sibelius, cando a súa obra coralVäinämöisen venematkaa se estreou con éxito. Nesta época comezou unha etapawagneriana, e ese mesmo verán planeou a composición dunhaópera baseada nas runas 6 e 16 doKalevala, e no verán seguinte viaxou ao festival deBayreuth para somerxerse máis no estilo wagneriano, mais o estudodaSinfonía Fausto deLiszt:[14]
“
Penso que son realmente un pintor e poeta musical. Quero dicir que o punto de vista de Liszt é o máis próximo a min. Este [concepto de] poema sinfónico.
”
Finalmente os seus plans de compoñer unha ópera quedaron en nada e comezou a composición da súaSuite Lemminkäinen. Durante o tempo que estivo a planear a composición dunha ópera, a Asociación de Estudantes deViipuri (posteriormente denominada Vyborg e en territorioruso) encargoulle a composición de música para a historia deCarelia que sería o xermolo daSuite Karelia que foi ben recibida na súa estrea.[14]
A finais de1894 naceu a súa segunda filla, Ruth. A idea de compoñer aSuite Lemminkäinen fixo que Sibelius, a pesar de ter numerosas débedas, pedise permiso para finalizala ao Instituto de Música en outono de1895. Finalmente aSuite foi un éxito de público, se ben as opinións foron diversas.[14]
En1896 compuxo a súa primeira e única ópera,Jungfrun i tornet, unha ópera nun acto. O público xa aceptara a Sibelius, mais a crítica seguía a ter reservas. O25 de novembro dese ano Sibelius presentou a súa candidatura para o posto de profesor de música na Universidade de Helsinqui para suceder aRichard Faltin; tras defender a súa tese, Sibelius foi recomendado para o posto, mais unha denuncia posterior de Kajanus fixo que o posto fose asignado ao daquela amigo de Sibelius, o que provocou o arrefriamento da súa relación e finalmente co Symposion.[14]
O ano1897 foi un ano de duro traballo para Sibelius, e o escaso recoñecemento de varias composicións tras compor varias obras dun nivel internacional moi alto, unido ás críticas ao seu estilo realizadas por Karl Flodin e ao feito de que ningunha das súas partituras orquestrais fose publicada nin chamase a atención no estranxeiro, provocaron a frustración do compositor. A todos estes acontecementos sumouse a morte de súa nai o29 de decembro dese mesmo ano, que non chegaría a ver o espectacular ascenso á fama de seu fillo tan só uns anos máis tarde. Non obstante pouco despois chegaría un xiro inesperado á súa situación económica, cando lle foi concedida unha subvención anual de 3.000 marcos durante dez anos que unha vez transcorrido ese período se convertería nunha pensión vitalicia, que Sibelius chegou a pensar que era unha compensación de Kajanus por coller o posto na Universidade de Helsinqui, xa que a suma era aproximadamente a metade do salario dun profesor; a isto sumóuselle o encargo da música para a obra deAdolf PaulRei Cristian II, que foi estreada o24 de febreiro de1898 con éxito e coa que conseguiu chamar a atención máis aló de Finlandia (levándose a cabo con éxito enEstocolmo ao ano seguinte); finalmente un antigo compañeiro seu, o crítico Karl Fredrik Wasenius (que escribía para oHufvudstadsbladet baixo o pseudónimo de Bis) comprometeuse a publicar catro pezas da obra teatral, que foron impresas como redución para piano porBreitkopf & Härtel enLeipzig e que se venderían ben en Finlandia.[15]
A finais de febreiro de 1898 Sibelius viaxou a Berlín coa súa muller Aino, quen marchou rapidamente. A estadía na capital alemá resultou proveitosa para o compositor: Adolf Paul instouno a viaxar con el a Leipzig para coñecer a Oskar von Hase, o director de Breitkopf & Härtel, editorial que decidiu mercar os dereitos da de distribución da súa obra escénica en Alemaña, polo que ese mesmo verán preparou a música durante a súa estadía enLohja. En xaneiro de1899 trasladouse aKerava para escapar das tentacións da capital e comezar a escribir a súaPrimeira Sinfonía.[15]
O poema sinfónicoFinlandia (1899) tivo a súa xénese no contexto das protestas contra a rusificación de Finlandia.
Ao mes seguinte do seu traslado a Kerava produciuse un acontecemento que espertaría o seu sentimento patriótico cando o día15 de febreiro o EmperadorNicolao II de Rusia derogou o manifesto imperial de1863 e publicou oManifesto de febreiro, polo cal o Gran Ducado de Finlandia perdía boa parte da súa autonomía e se iniciaba unha intensa campaña de rusificación cultural co obxectivo de integrar plenamente o Gran Ducado de Finlandia noImperio Ruso.[15][16] Neste contexto, entre medias daPrimeira Sinfonía, escribiu o seuAtenarnes sång (Canción dos atenienses), que pode interpretarse como unha declaración contra a opresión rusa. Estas dúas obras foron estreadas en Helsinqui o26 de abril de 1899, e a canción espertou o entusiasmo do público e converteu a Sibelius nunha das principais figuras da resistencia nacional e colocouno na vangarda do sentimento nacionalista, mentres que a sinfonía convenceu os críticos.[15][17] Esta liña de protesta continuou conIslossningen i Uleå älv (A rotura do xeo do río Oulu), unha obra para narrador, coro e orquestra que non puido ser prohibida polo gobernador xeral ruso Nicholas Bobrikov por estar composta en honor aotsarAlexandre II a pesar do recoñecible espírito de protesta que encarnaba.[15]
A seguinte obra de protesta escoitouse en novembro, cuns cadros que Sibelius realizara para as celebracións da prensa finlandesa, que fora un dos baluartes da oposición á rusificación de Finlandia, en 1899. Ante o éxito da súa música, Sibelius decidiu empregala posteriormente, sendo a primeira en ser adaptada o chamadoEsperta Finlandia como unha peza independente chamadaFinlandia e que se converteu nun himno oficioso e segredo ao ser prohibido polas autoridades rusas. Co tempo o propio Sibelius reescribiría a parte final da obra baixo o nomeFinlandia-hymni. O éxito deFinlandia traspasaría as fronteiras do seu país, o que propiciou o inicio das súas xiras internacionais e a aparición das súas obras no repertorio de destacadas orquestras de todo o mundo.[1]
O13 de febreiro de1900 morría de febre tifoide Kirsti,[18] a filla máis nova de Jean e Aino, o que provocou unha profunda depresión en Aino e o alcoholismo que sufría Jean dende a súa xuventude tornouse en algo máis perigoso. Con todo, esta tráxica circunstancia non diminuíu a produción de Sibelius, aínda que si mostra unha profunda melancolía durante esta etapa.[19] O traslado da cidade ao campo provocou un cambio no estilo de vida de Sibelius, agora lonxe das tentacións da cidade, o que favoreceu o traballo do compositor, agora en total contacto coa natureza, que se convertería no seu santuario.[20]
Nesa primavera o traballo máis importante para Sibelius foi a reescritura daPrimeira Sinfonía antes da xira da orquestra de Robert Kajanus e as súas interpretacións na Exposición Universal deParís. Se ben Sibelius viaxaría tamén na xira, Kajanus non lle deixou dirixir. Nesta xira realizaron 19 concertos en 13 cidades diferentes e marcou o inicio do éxito internacional de Sibelius, con numerosos eloxios por parte da crítica, especialmente en Berlín. Trala xira, Sibelius volveu a casa, mais a finais de outubro de 1900 a familia trasladouse durante uns meses á capital alemá, onde ficaron ata xaneiro de1901. Tras conseguir máis cartos en Finlandia, a familia viaxou finalmente á cidade deRapallo, na costa deItalia, onde concibiu ideas para o movemento lento da súaSegunda Sinfonía. Na súa estadía en Italia, o compositor visitou taménRoma eFlorencia, e cando volveu a casa en maio dese mesmo ano, o seu caderno estaba repleto de ideas para os seguintes anos. Non obstante, á súa volta a casa presentóuselle a Sibelius unha nova viaxe cando foi convidado a dirixir a súa música noAllgemeiner Deutscher Musikverein enHeidelberg (Alemaña), nun concerto que confirmou o entusiasmo pola súa música de influentes figuras da música alemá, e este éxito levou a unha maior demanda das súas partituras.[19]
En outono de 1901 comezou a composición da súaSegunda Sinfonía, que remataría a comezos de1902, sendo estreada o8 de marzo en Helsinqui cun rotundo éxito. Na primavera dese ano completou a composición deTulen synty (A orixe do lume) para a inauguración do Teatro Nacional en abril, unha peza curta cun forte carácter nacional. No verán, Sibelius pasou un tempo en Berlín co seu irmán, así como enTvärminne, onde traballou na canciónVar det en dröm (Foi un soño) e nunha nova versión deEn Saga, preto da cidade deHanko. Tras dous anos en Kerava, no outono de 1902 a familia trasladábase novamente a Helsinqui, e en novembro dese mesmo ano Sibelius dirixía unha nova versión deEn Saga en Berlín á fronte daBerliner Philharmoniker. Non obstante o compositor achegábase a unha nova crise, e co seu traslado á capital finlandesa volvería ás festas alcohólicas.[19] Na capital finlandesa o compositor asistiu ás reunións de Euterpeans,[nota 4] que adoitaban alongarse toda a noite ata a mañá seguinte.[21]
En1903 naceu a cuarta filla de Jean e Aino, Katarina, o que lles deu consolo a pesar de non poder quitar a dor pola morte de Kirsti. Sibelius dirixiu a súa música en Helsinqui eTampere, e na primavera de 1903 enTallinn. Esa mesma primavera, a familia trasladouse aLohja, onde o compositor se centrou na composición dun concerto para violín. A súa maior popularidade chegaría coValse triste, composto sobre unha obra chamadaA morte escrita polo seu cuñado Arvid Järnefelt, algo que o seu círculo máis próximo interpretou como un baile real de Sibelius coa morte a causa do seu estilo de vida, polo que seu irmán o instou a deixar o alcohol nunha carta do19 de novembro, se ben Jean xa tomara a decisión de afastarse das tentacións da capital mercando un terreo para construír unha casa preto do lagoTuusulanjärvi, 45km ao norte de Helsinqui. A casa chamaríase Ainola (Lugar de Aino) e converteríase na residencia fixa da familia Sibelius.[21]
A principios de1904 Sibelius realizou os últimos retoques do seuConcerto para violín, que se estreou o8 de febreiro, e en febreiro comezou a construción deAinola. Os custos da construción da vivenda familiar eran incompatibles co estilo de vida do compositor, que frecuentaba caros restaurantes na noite da capital, polo que Aino pediu consello ao irmán de Sibelius, Christian, que daquela se atopaba en Berlín e que recomendou a Jean o abandono do alcohol, para o que lle receitou pos medicinais na súa condición de doutor. Finalmente as noites de esmorga finalizaron e Sibelius conseguiu cartos para a construción de Ainola con concertos enHelsinqui,Turku eVaasa, unha xira que se prolongaría ata principios de xuño cun concerto enKadriorg (Tallin,Estonia), e no verán enLetonia.[21]
No verán de1904 a familia Sibelius xa vivía enTuusula, onde supervisaron os traballos finais da súa casa, e o24 de setembro dese mesmo ano a familia trasladouse a Ainola, deste xeito os Sibelius pasaron a formar parte da comunidade artística que vivía xunto ao lago Tuusulanjärvi, entre os que se encontraban os pintoresEero Järnefelt (cuñado de Sibelius) ePekka Halonen, e o novelistaJuhani Aho.[21]
En outono de 1904 as obras orquestrais máis importantes de Sibelius foran impresas e os directores de todo o mundo incluíronas con éxito nos seus repertorios, mais o escaso desenvolvemento dos sistemas dedereitos de autoría fixeron que non todas as interpretacións das súas obras lle reportasen beneficios. A pesar de que o traslado a Ainola afastara ao compositor das tentacións de Helsinqui, a finais de 1904, durante unha xira na que dou concertos enPori eOulu, chamou á casa bébedo, o que provocou unha crise na parella que finalizaría no Nadal, poñéndose de manifesto na correspondencia que o matrimonio mantivo durante a estadía de Jean en Berlín en xaneiro de1905.[22]
Na capital alemá, o compositor coñeceu varias obras importantes e el mesmo escribiu música incidental paraPelléas och Mélisande. Outro feito importante foi a invitación de Busoni para dirixir a súaSegunda Sinfonía nun concerto o día12 de xaneiro de 1905 que sería un grande éxito, e canso de facer negocios con Breitkopf & Härtel asinou un contrato de edición con Robert Lienau. De acordo co contrato con Lienau, Sibelius debía escribir catro obras maiores cada ano, polo que recibiría a suma duns 34.000 euros da actualidade.[22]
Ao seu retorno a Finlandia dirixiu a música incidental paraPelléas och Mélisande (marzo de 1905) que lle reportou un maior recoñecemento. Por esa época comezou a planear a composición dunoratorio que finalmente abandonaría, reempregando materiais para outras composicións. A finais de ano visitaría oReino Unido, onde o2 de decembro dirixiría con éxito a súaPrimeira Sinfonía eFinlandia enLiverpool. Á súa volta a Finlandia Sibelius comezou unha etapa especialmente intensa de traballo que se prolongou durante varios meses e que daría moitos froitos, salientando o poema sinfónicoLuonnotar (Filla da Natureza), que finalmente adaptaría aoKalevala e finalmente a renomearía comoPohjolan tytär (Filla de Pohjola), estreada en1906 noTeatro Marinsky deSan Petersburgo cunha boa acollida e que lle valeron ao compositor as loanzas do magazineRusj: "Un compositor extremadamente talentoso e imaxinativo".[22]
Os problemas de Sibelius coa bebida puxéronse novamente de manifesto en1907, cando durante a súa estadía en Helsinqui gastou grandes sumas de diñeiro en alcohol e restaurantes, o que provocou o ingreso de Aino no hospital por mor do esgotamento e o consecuente arrepentimento do compositor. Porén, a situación profesional de Sibelius era daquela moi boa: Armas Järnefelt estrearaPohjolan tytär con éxito en Estocolmo,Maud Powel tocara o seu concerto para violín a principios do ano enNova York eChicago, e o público berlinés tivera a oportunidade de escoitarPelléas och Mélisande, o concerto para violín e cancións interpretadas porIda Ekman. Todas as actuacións chegaron ao compositor con críticas excelentes, acadando deste xeito recoñecemento internacional. Sibelius comezou a traballar na súaTerceira Sinfonía durante a convalecencia de Aino, rematándoa finalmente para un concerto o25 de setembro. Un mes máis tarde coñeceu aGustav Mahler, que se encontraba de visita na capital finlandesa, e con quen intercambiou experiencias (os dous experimentaran a sensación de perda de oíntes con cada nova sinfonía, xa que estes quedaran cativados pola anterior).[22]
As consecuencias dos seus malos hábitos de vida levárono á hospitalización a principios de1908 e algúns como Axel Carpelan creron que morrería se non deixaba de fumar e beber licores fortes. Esta enfermidade fixo que Sibelius tivese que renunciar a emprender viaxes a Roma, Varsovia e Berlín, aínda que si viaxou a Londres a finais de febreiro, onde non foi quen de convencer aos críticos británicos coa súaTerceira Sinfonía. En maio dese mesmo ano o compositor buscou axuda médica para unha dor de gorxa que resultaría ser un tumor. Sibelius marchou a Berlín, onde lle extirparon o tumor, mais o impacto destaexperiencia próxima á morte marcouno para o resto da súa vida e influíu fortemente nas obras que comporía os anos seguintes, entre elasLuonnotar e aCuarta Sinfonía.[23] Foi nese momento cando decidiu deixar o tabaco e o alcohol, abstinencia que duraría case sete anos, comezando os anos máis felices da súa muller Aino. Sibelius, agora sobrio e pasando máis tempo na casa compuxo nesta época obras de carácter máis introspectivo e a súa vida familiar mellorou malia o medo do compositor á morte. Nesta época, Sibelius comprometérase a ensinarlles composición aos talentososToivo Kuula eLeevi Madetoja, o que non lle impediu seguir compoñendo obras comoÖinen ratsastus ja auringonnousu (Paseo nocturno e amencer), se ben esta non tivo éxito na súa estrea en San Petersburgo.[24]
En1909, cando se encontraba traballando nun novo cuarteto de corda (o primeiro e único que comporía dende os seus anos de estudante), o compositor emprendeu unha nova viaxe que o levaría aLondres, París e Berlín. Na capital británica coñeceu aDebussy, de quen recibiu os seus eloxios, e continuou o traballo no seu cuarteto, amais de dirixir con grande éxito dúas das súas composicións máis célebres:En Saga eFinlandia. Porén, nun recital privado no Music Club, algúns compositores entre os que se encontrabaArnold Bax, encontraron as pequenas pezas de Sibelius como pouco competentes. Co éxito que a súa música estaba a obter, a editorial Breitkopf & Härtel quixo recuperar o seu contacto co compositor finlandés, daquela descontento co seu contrato con Lienau, polo que Oskar von Hase viaxou aInglaterra, conseguindo a firma de Sibelius para Breitkopf.[24]
De Londres foi a París, mais tampouco puido establecer bos contactos musicais coa capital francesa, polo que decidiu volver a Berlín, onde tras recibir do seu médico a nova de que a súa gorxa estaba curada entregou o seu cuartetoVoces Intimae a Lienau. Na capital alemá concibiu unha idea para un novo traballo que bosquexou en oito compases no Bar Riche e que se converterían posteriormente no poema sinfónicoLuonnotar, mais desbotou momentaneamente a idea para traballar nas súas cancións Op. 57 que o liberarían do seu contrato con Lienau.[24]
Á súa volta a Finlandia visitou a montaña deKoli, cerca deJoensuu, xunto co seu cuñado, o pintorEero Järnefelt, considerando a visita como unha das mellores experiencias da súa vida e influíu na súa seguinte grande obra, aCuarta Sinfonía, que mostra diversos elementos inspirados na natureza durante as súas sucesivas viaxes a Carelia entre 1909 e1910.[25] Na primavera de 1910 comezou a composición da súaCuarta Sinfonía, ao mesmo tempo que a súa música era interpretada con éxito en todo o mundo. Porén a súa situación financeira volvía ser complicada, o que fixo que se vise obrigado a traballar en pequenas composicións. Logo de viaxar aOslo e a Berlín en outubro dese mesmo ano, Sibelius regresou á súa casa enJärvenpää a principios de novembro, onde malia ter un compromiso para realizar unha xira europea coasopranoAino Ackté, decidiu cancelala para escribir o final da sinfonía, ademais rompeu a súa promesa de compoñer unha canción para Ackté baseada nopoema narrativo deEdgar Allan PoeThe Raven, empregando temas dos bosquexos da canción para a sinfonía.[24]
No verán de1911, durante as obras que a familia Sibelius emprendeu en Ainola, naceu unha nova filla do seu matrimonio con Aino, á que chamaron Heidi. Ao mesmo tempo, o compositor traballaba nunha suite sobre a música composta para as celebracións da prensa finlandesa en 1899, finalizando o traballo o24 de setembro. Ao pouco marchou novamente a Berlín e París, escoitando obras de compositores contemporáneos comoSalome deRichard Strauss, da que admirou a súa orquestración, mais as súas obras case non foron representadas en Francia.[24]
En1912 recibiu unha oferta interesante por parte daUniversidade para a Música e a Arte Dramática de Viena, que lle ofreceu a cátedra de composición ante a proximidade da xubilación deRobert Fuchs. A pesar de precisar unha fonte de ingresos segura, Sibelius rexeitou a oferta para asegurarse de ter tempo para compoñer, xa que tiña pensado escribir dúas novas sinfonías. En setembro dese mesmo ano volveu a Inglaterra invitado porGranville Bantock, onde dirixiu a súaCuarta Sinfonía con grande éxito da crítica, sinalando o xornalThe Times que Sibelius era un compositor considerablemente máis significativo da música moderna do queFinlandia eEn Saga levaran a crer ao público. Porén en decembro sufriu un revés ao negarse aWiener Philharmoniker a interpretar a súaCuarta Sinfonía, o que non impediu que a sinfonía cruzase oAtlántico e se interpretase nosEstados Unidos, enNova York primeiro e enBoston contra outubro de1913, mais non tivo moito éxito entre o público nin entre a crítica, se ben non foron exclusivas para a súa obra e compositores como Richard Strauss e Claude Debussy tamén foron fortemente criticados.[24]
Sibelius pasou o ano 1913 en Finlandia, onde compuxo algunhas das súas obras mestras comoLuonnotar, composta no verán e estreada enGloucester (Inglaterra) interpretada por Aino Ackté e que conseguiu un grande éxito malia estar o texto en finés, feito que impediu que a obra se consolidase nos programas de concertos. Ese mesmo ano a súa filla Eva casaba en Ainola co avogado e empresario Arvi Paloheimo.[24][26] Ao ano seguinte regresou a Berlín, onde permaneceu un mes e puido observar a súa propia influencia en obras de compositores comoPaul Juon ouJulius Weismann, e interesouse pola obra de Debussy, Mahler, Strauss, o mozoKorngold, eArnold Schönberg. Froito dun encargo feito polo millonario estadounidense Carl Stoeckel compuxoAallottaret (As Océanidas), que se estreou o4 de xuño de 1914 baixo a súa propia dirección noNorfolk Festival, enConnecticut (Estados Unidos),[27] conseguindo un notable éxito entre a crítica, sendo considerada polo destacado crítico musicalHenry Krehbiel como un dos máis fermosos exemplos de música mariña nunca composto, e comparando a dirección de Sibelius co xenio de Richard Strauss ouArturo Toscanini.[24][28] O éxito de Norfolk provocou un cambio na visión da súa obra dos críticos estadounidenses e chegou a converterse no compositor vivo máis popular nos Estados Unidos nas seguintes décadas.[24]
Logo do seu éxito nos Estados Unidos, durante a viaxe de volta a Finlandia, Sibelius estaba a preparar unha xira estadounidense que levaría a cabo posiblemente ao ano seguinte. Porén na viaxe escoitou novas sobre os disparos enSaraxevo, e cando chegou a casa aprimeira guerra mundial estaba a piques de comezar. Co estoupido da guerra resultoulle difícil manter o contacto co seu editor en Alemaña, xa que, malia que Finlandia tiña un alto grao de autonomía, aínda formaba parte deRusia, que estaba enfrontada a Alemaña. Finalmente perdeu o contacto co seu editor alemán e tivo que abandonar a idea de visitar os Estados Unidos, polo que durante o tempo que durou o conflito o compositor permaneceu en Finlandia, agás algunhas excepcións como a viaxe que realizou aGotemburgo en marzo de1915, onde logrou un éxito inmediato conAallottaret e a súaCuarta Sinfonía.[24][29]
A guerra provocou a perda de ingresos que obtiña dos editores estranxeiros, o que obrigou a Sibelius a realizar pequenas pezas para os editores finlandeses para evitar a quebra, mais a maior parte das súas composición desta época non foron publicadas ata despois da guerra.[29][30] Porén o compositor encontrou tempo para traballar na súaQuinta Sinfonía.[29]
Na primavera de 1915 converteuse en avó logo do nacemento da súa neta Marjatta, filla da súa filla máis vella Eva. Ese mesmo verán continuou os progresos na súa nova sinfonía á vez que compuña outras pequenas pezas para o seu desgusto, como declaraba no seu diario:[29]
“
Pronto terei 50 anos. Son pobre, tan pobre que me vexo forzado a escribir pequenas pezas.
”
— Jean Sibelius, 15 de agosto de 1915
En febreiro de1916 chegaría un respiro para a situación económica de Sibelius cunha nova colección para a súa cantante favorita,Ida Ekman, que pagou un terzo das débedas do compositor. Ese mesmo verán continuou traballando naQuinta Sinfonía, que se ben xa estaba finalizado a principios do ano, o seu resultado non o convenceu e malia que estrearía unha segunda versión en Turku o8 de decembro dese mesmo ano, finalmente non se estrearía na súa versión final ata o24 de novembro de1919.[29][31] A pesar desta mellora económica, a principios de1917 Sibelius recaeu no consumo abusivo de alcohol, con periódicas borracheiras, o que provocou unha crise no seu matrimonio e que o compositor considerase a posibilidade do divorcio no seu diario, mais as pelexas cesaron co optimismo da familia ante aRevolución Rusa e o cambio do nome do Senado polo deSenado de Finlandia, así como a liberación dos presos políticos, o que culminaría coa independencia do país o6 de decembro.[29]
Durante aGuerra Civil Finlandesa Sibelius apoiou á Finlandia Branca con composicións como aJääkärien marssi. Na imaxe o Batallón Jäger.
A finais de 1917 as tensións sociais aumentaron e creáronse dous bandos armados e preparados para entrar en combate: a Finlandia Vermella que apoiaba a Revolución Rusa, e a chamada Finlandia Branca, unha garda independentista. Neste contexto Sibelius posicionouse politicamente coa composición da súaJääkärien marssi dedicada aosJägers finlandeses.[nota 5] Novamente aparecen no diario de Sibelius ideas sobre osuicidio, mais ao contrario do que normalmente ocorría, estas non se limitaban aos meses de menos horas de luz, senón que agora enchían as páxinas durante case un ano e medio.[29]
O19 de xaneiro de1918 Sibelius estreaba aJääkärien marssi nas celebracións da independencia finlandesa, deleitando a elite de dereitas de Helsinqui. Porén dez días despois a Garda Vermella tomou o poder na capital, suprimindo a publicación de xornais que non fosen socialistas, e ao mesmo tempoC. G. E. Mannerheim invadía coas súas tropas gornicións rusas enOstrobotnia do Sur, comezando deste xeito aGuerra Civil Finlandesa. Durante a contenda Järvenpää foi controlada por unha sección da Garda Vermella e Sibelius foi sometido a arresto domiciliario e houbo algúns rexistros en Ainola. Aínda que os seus amigos querían que se mudase a Helsinqui, a Garda Vermella non podía garantir a súa seguridade na súa viaxe por mor das bandas de ladróns, mais finalmente o compositor puido trasladarse coa súa familia a casa de seu irmán Christian, que daquela traballaba no hospital mental construído no barrio deLapinlahti.[29]
Logo de que as tropas de Mannerheim derrotasen á Garda Vermella e que a situación se normalizase un pouco no país, Sibelius e a súa familia regresaron a Ainola, que se vira afectada pola miseria da posguerra, o que obrigou á familia a vender algunhas das súas pertenzas coma o cabalo familiar. Agora a súa vida parecíase máis á que tiña a principios dos anos 1900, traballando duro e ocasionalmente saíndo ata a madrugada, e loitou por atopar un final para a súaQuinta Sinfonía. O carácter depresivo do compositor regresaría logo da morte do seu amigo Axel Carpelan, o que fixo que se somerxese máis aínda no traballo. Foi a partir de 1919 cando Sibelius decidiu comezar unha nova etapa na súa vida, aínda que fose exteriormente; afeitou a cabeza deixando quedar o seu bigote, a pesar de que na década de 1920 deixou crecer algo o pelo para algunhas fotografías. En xuño dese mesmo ano viaxou con Aino aos "Días Musicais Nórdicos" que se celebraron en Copenhaguen, sendo esta a primeira viaxe dende a súa visita a Gotemburgo en 1915.[29]
A finais do verán de 1919 traballou nalgunhas pequenas pezas, e en outubro estreou a súa cantataJordens sång durante a inauguración daÅbo Akademi, a universidade sueca de Turku.[nota 6] O evento foi unha boa ocasión para o consumo excesivo de alcohol, que non se reduciu en absoluto polas leis de prohibición, e durante a velada tocou ao piano o final da súaQuinta Sinfonía, e segundo o xornalista sueco Kjell Strömberg "ás veces cantando con toda a forza dos seus pulmóns". A finais de ano realizou catro concertos na capital finlandesa nos que presentou a súaQuinta Sinfonía, e durante as últimas semanas do ano púxose a traballar naSexta Sinfonía e na cantata sobre un texto deEino LeinoMaan virsi.[29]
A principios de1920 Sibelius viuse afectado por un tremor nas súas mans que se agravaría coa idade, e que tentou solucionar bebendo viño para poder escribir manuscritos musicais, o que quizais motivase unha grave depresión que sufriu ese ano.[1][32] O compositor encontrábase molesto tamén polos resultados dun estudo xenealóxico que descartaba a súa ascendencia aristocrática, xa que Aino era descendente de nobres por parte de pai e nai e el sentíase acomplexado polas súas propias orixes, ata o punto de que case chegou ás mans durante unha reunión da Kalevalaseuran (Sociedade Kalevala) con Eino Leino cando o poeta, bébedo, se mofou del dicindo:[32]
“
Vostede, Sibelius, é unha figura rococó, descendente dos campesiños de Häme.[nota 7]
”
— Eino Leino, 16 de febreiro de 1920
En outono de 1920 recibiu unha oferta para dar clase na Eastman School of Music (Estados Unidos) e Rosa Newmarch transmitiulle unha petición de Henry Wood para que Sibelius fose director convidado en Londres. Sibelius aceptou a oferta de Newmarch e durante moito tempo considerou a oferta dos Estados Unidos. O8 de decembro o tenorWäinö Sola levou a Ainola unha doazón de 63.000 marcos (uns 19.500 euros actuais) como agasallo "dos empresarios finlandeses" polo seu 55º aniversario. A débeda de Sibelius reduciuse grazas á inflación producida pola guerra, e agora alixeirábase aínda máis, a pesar de que gastou parte dos cartos nunha semana de celebracións en Helsinqui.[32]
O ano seguinte comezou cunha viaxe a Berlín para negociar os axustes da inflación con Breitkopf & Härtel, mais os recursos da empresa víranse minguados pola guerra e tiveron que vender algunhas das súas grandes obras á editorial dinamarquesa Hansen, e obras menores a outros editores británicos e estadounidenses. A súa viaxe continuou polo Reino Unido e Noruega dirixindo algunhas das súas composicións máis destacadas antes de regresar a Finlandia, onde se celebraron os Días Musicais Nórdicos. O outono seguiu o patrón habitual de concertos e borracheiras, seguido de semanas de traballo. Ao mesmo tempo a súa fama no estranxeiro foi aumentando, sendo as súas obras interpretadas en moitos países por directores comoHerman Scherchen, Busoni, ouLeopold Stokowski.[32]
O3 de maio de1922 Sibelius escoitou que seu irmán Christian padecía unha enfermidade incurable, da que finalmente morrería un mes despois, o que supuxo un duro golpe para el.[32]
Sibelius en 1923.
En agosto de 1922 un grupo de finlandeses influentes decidiu revivir amasonaría no país e Sibelius entrou na organización e prometeu que comporía música ritual, e aínda que o seu período máis activo durou un par de anos, Sibelius mantivo relación coa organización ata a súa morte. A principios do outono comezou a traballar na súaSexta Sinfonía, que vería a luz seis meses despois. Logo da estrea Sibelius e súa muller comezaron unha exitosa xira que os levou por Estocolmo, onde o compositor dirixiu a súa música por primeira vez,Roma eCapri, onde o matrimonio pasou unha semana de vacacións antes da súa última escala en Gotemburgo. A xira remataría xa en Finlandia, cun concerto en Viipuri, onde foi recibido como un heroe nacional.[32]
Ao seu regreso de Viipuri Sibelius concentrouse na súaSétima Sinfonía, e aínda que durante o outono seguiu progresando nela, continuou a beber alcohol para calmar as súas mans trementes por prescrición médica, malia que en Finlandia daquela había leis de prohibición. A finais de1923, en medio dun período de moito traballo e coa súa popularidade aumentando con rapidez nos Estados Unidos, recibiu un premio honorífico por parte daKordelin Foundation equivalente a 25.000 euros actuais.[32]
A principios de1924 finalizou a que se convertería na súa derradeira sinfonía completada, a sétima, escrita nun único movemento e que estrearía en Estocolmo o24 de marzo dese mesmo ano.[33] O30 de agosto a súa filla Katarina casaba co avogado Eero Ilves, 16 anos maior ca ela, que daquela estaba a comezar a súa carreira como xerente de banco e que se encargaría das finanzas e asuntos fiscais dos Sibelius ata os anos 1940. Ao pouco Sibelius marcharía a Copenhaguen para dirixir varios concertos, onde coñeceu á familia real dinamarquesa e recibiu a Cruz da Orde de Dannebrog, mais os seus problemas co alcohol continuaban, mentres escribía cartas de amor a Aino dicíalle nas súas cartas a Adolf Paul:[32]
“
Preciso de moitos cartos. Aquí en Copenhaguen só bebo champaña.
”
— Jean Sibelius
Amais disto, a súa vida axitada estaba a poñer en tensión o seu corazón, como lle declarou a Aino nunha das súas cartas:[32]
“
Teño que deixar de dirixir, xa que cheguei ao punto no que teño que facer un esforzo especial para calmar os meus nervios, algo do que meu médico, tamén, foi moi consciente.
”
— Jean Sibelius, 9 de outubro de 1924
A principios de1925 Sibelius atravesou unha nova crise que puxo freo ao seu labor compositivo, frecuentando os restaurantes de Helsinqui, se ben esta crise non foi tan acentuada como outras, en parte grazas ao seu estilo de vida familiar en Ainola; algo que non tiña o seu veciño Eino Leino, quen nunha espiral de autodestrución alcohólica acabaría morrendo un ano despois. En maio dese ano o editorWilhelm Hansen e oDet Kongelige Teater pedíronlle a música para unha produción da obraA tempestade, finalizando o traballo no outono, aínda que a estrea pospúxose ata marzo de1926. O resto do ano pasouno escribindo pequenas obras, e en decembro pasou o seu 60º aniversario en Helsinqui na casa da súa filla Eva sen querer aparecer en público, a pesar de que chegou a se converter nun evento nacional. As doazóns que recibiu polo seu aniversario sanearon a súa economía, amais diso a súa pensión elevouse a 100.000 marcos anuais e os coros de Finlandia mercaron case unha hectárea de terreo arredor de Ainola e regaláronlla. Nesta época desenvolveuse mellor o sistema dos dereitos de autoría, o que lle permitiu recibir novos ingresos.[32]
A principios de 1926 comezou a composición deTapiola a raíz dun encargoWalter Damrosch, para o que tomou parte dos donativos que lle fixeran no seu aniversario para viaxar só a Roma en marzo. Durante o verán remataría a canciónVäinön virsi, e malia non gustarlle compoñer estas obras por encargo conseguiu rematarTapiola para o outono. Foi precisamente en outono cando Sibelius dirixiu por última vez fóra de Finlandia cun concerto en Copenhaguen. A finais do ano puido ler boas críticas das súas obras en xornais deBoston e Nova York, aínda que sufriu un pequeno revés logo dos comentarios da estrea deTapiola, que deixou perplexo mesmo ao entusiasta da súa obra Olin Downes, doNew York Times, e que non foi entendida por Lawrence Gilman, doNew York Herald Tribune.[32]
A principios de1927 rematou a súa música ritual masónica, que sería estreada pouco despois, o12 de xaneiro. A finais de xaneiro, aproveitando a súa boa situación económica, viaxou con Aino a París, Sibelius escribiu:[32]
“
Agora teño todo en orde financeiramente, e podo concentrarme no que quero. Non é marabilloso?
”
— Jean Sibelius
Porén, ao seu regreso da capital francesa pechouse en Ainola e nin sequera mantivo contacto cos seus amigos, sumido nun estado depresivo motivado polo alcohol, aínda que ao pouco tempo estaba a tocar o piano a catro mans coa súa muller e traballando intensamente na música paraA tempestade, da que enviaría a segunda suite ao editor en agosto. Ese verán as páxinas do seu diario mostran unha intensa loita persoal para desterrar da súa vida a bebida. Se ben non conseguiu converterse nunha persoa abstemia si puido moderar o consumo de alcohol para salvar a súa saúde.[32]
A principios de agosto, oParlamento de Finlandia aprobou unha lei sobre dereitos de autoría, o que marcaría o inicio do proceso que o converteu nun home rico, mais isto non se traduciu na produción de novas obras mestras, se ben a principios de setembro xa estaba a pensar nunha nova obra, posiblemente unha nova sinfonía.[32]
A principios de febreiro de1928 comezou a súa loita coaOitava Sinfonía, que culminaría coa súa queima contra o ano1945. En febreiro de 1928 Sibelius viaxou a Berlín para escribir "novas obras". As súas expectativas eran moi altas, mais tardaban moito en completarse, aínda que non mostraba présa por rematala. Nesta época Aino observou un cambio na natureza do seu home, que agora pasaba moito tempo na casa e case non saía á cidade, sendo cualificado pola súa muller como un "ermitán real".[34]
No verán de 1928 Sibelius declarou nunha entrevista que se seguía a desenvolver como compositor, e nunha conversa co tenorWäinö Sola discutiu a posibilidade de realizar unha sinfonía que describise os famosos rápidos deImatra. Finalmente non chegou a realizar o encargo, e durante ese ano tan só completou a pequena obra coralSiltavahti. Ao ano seguinte, Sibelius rexeitou invitacións para interpretar a súa música, mais aceptou ver a Cecil Gray, que posteriormente escribiu un importante libro sobre as súas sinfonías. Ese mesmo ano escribiu o seu Op. 115 para violín e piano, e pensou en escribir un Op. 117 que nunca chegaría.[34]
Sibelius era visto cada vez menos en público. Interesado nos inicios deLapuan liike,[nota 8] posteriormente afastaríase do movemento coa súa radicalización. A actividade compositiva de Sibelius diminuíra considerablemente, e xa en1930 o único sinal de que seguía interesado na composición foiKarjalan osa, unha pequena peza para coro masculino e piano que foi a súa única composición ese ano.[34]
En1931, con motivo do 60º aniversario de Aino, escribiuRakkaalle Ainolle para piano a catro mans, e a obra para órganoSurusoitto para o funeral deAkseli Gallen-Kallela. Ao mesmo tempo, o compositor seguiu progresando na súa nova sinfonía, traballando nela durante a súa estadía en Berlín en maio, mais o seu ritmo de traballo interrompeuse por mor dunha pleurite pulmonar, que foi tratada cun fármaco experimental chamado Eutoton que deixou a Sibelius ás portas da morte. Finalmente recuperouse ao interromper o tratamento, se ben o seu gusto pola composición desvanecérase. A mediados de xuño volveu a casa, e aínda aOitava Sinfonía continuaba sen estar rematada; nunha carta enviada aSergei Koussevitzky en agosto, Sibelius afirmou que ao ano seguinte estaría rematada. Cara a finais de 1931 o traballo parecía ir moi ben, mais en xaneiro de1932 nunha nova carta a Koussevitzky anuncioulle que non remataría a sinfonía ese ano. Porén en outono dese mesmo ano anuncioulle ao novo director á fronte da Helsingin kaupunginorkesteri,Georg Schnéevoigt, que sería o encargado de dirixir a estrea daOitava Sinfonía en Finlandia na tempada de primavera de1933, se ben a estrea mundial lla encomendara a Koussevitzky en Boston, e a estrea europea aBasil Cameron á fronte daRoyal Philharmonic Society en Londres.[34]
Na correspondencia que mantivo con Koussevitzky, Sibelius comunicoulle que en outubro de 1932 estaría rematada, mais o17 de xaneiro de 1933 anunciáballe que non estaría concluída esa tempada. Porén, no verán dese ano díxolle ao xornalista Bob Davis que a sinfonía estaría rematada pronto, e un recibo confirma que a obra estaba en fase de transcrición ese verán, e a principios de setembro recibiu 23 páxinas do seu copista Paul Voigt. Aínda que Sibelius mantivo a loita por poñer os toques finais á obra, despois de 1933 non houbo máis declaracións sobre a sinfonía.[34]
Aino e Sibelius ao carón deC. G. E. Mannerheim durante as celebracións do 70º aniversario de Sibelius.
Logo de deixar de traballar naOitava Sinfonía o ritmo de vida de Sibelius tornouse máis pausado, en palabras da súa filla Katarina:[35]
“
Papá pasaba máis tempo ao aire libre, e leu moito. Había quizais máis invitados, o número de descendentes ía en aumento. El adoitaba saír de paseo con Eero Järnefelt. Gozaban un da compañía do outro. A familia escoitaba música e visitaba exposicións de arte.
”
— Katarina Ilves
Agora Margarete e Heidi estaban tamén casadas e o cuarto dos nenos transformouse en libraría, onde Sibelius sentaba polas noites a escoitar a radio buscando en emisoras estranxeiras interpretacións da súa música.[35]
Aínda que continuou compoñendo, nunha das numerosas entrevistas que concedeu antes do seu 75º aniversario confesou que desbotara todo o traballo que fixera durante un ano enteiro nunha obra orquestral, o que indicaría que decidiu facer unha revisión completa da súa última sinfonía. O seu 70º aniversario foi un evento internacional, xa que Sibelius era daquela o compositor vivo máis popular en países como os Estados Unidos, Reino Unido, ou os países escandinavos, e uns 7.000 espectadores asistiron ao concerto celebrado no seu honor, entre eles tres expresidentes de Finlandia.[35][36]
O banquete en honor a Sibelius foi o último grande acto en público do compositor, e aínda que as celebracións foron ben, a vergoña polo tremor das súas mans evitou actos públicos posteriores, se ben durante a década de 1930 continuou a reunirse con artistas e figuras destacadas doutros campos, tanto en Ainola coma en Helsinqui, como a cantanteMarian Anderson, a violinistaGuila Bustabon,Olin Downes,Cecil Gray, e moitos xornalistas estranxeiros que accedeu a recibir a solicitude do Ministerio de Exteriores de Finlandia.[35]
Nesta época Sibelius pasaba os días lendo, escoitando a radio e xogando cos seus netos, mentres que nas noites aínda se dedicaba á composición. Porén non se sabe ata que punto progresou a súaOitava Sinfonía, o que si é certo é que revisou varias obras anteriores e llas enviou ao seu editor.[35]
Se ben Sibelius deixara de dirixir xa bastante tempo atrás, sorprendentemente en1939 aceptou unha invitación para dirixir aRadion sinfoniaorkesteri (Orquestra da Radio de Finlandia) durante un programa de radio para celebrar aExposición Universal de Nova York de 1939 no que non se permitiu a asistencia de público e os músicos sinalaron o tremor das mans do compositor, aínda que este non obstaculizou o traballo.[nota 9][35][37]
No verán de1939 o matrimonio trasladouse a Helsinqui, xa que Aino estaba desexando ver máis ás súas fillas. Porén un par de semanas despois de instalarse no apartamento que alugaran na capital as autoridades pedíronlle á poboación que enviasen os seus fillos fóra da cidade ante a posibilidade dun ataque daUnión Soviética, polo que os Sibelius decidiron regresar a Ainola coas súas fillas e as súas familias. Finalmente aGuerra de Inverno comezou o30 de novembro dese ano, e aínda que os Estados Unidos e os países nórdicos lle ofreceron asilo, Sibelius rexeitouno.[38]
Coa denominadapaz interina a familia considerou regresar á cidade, o que farían finalmente no outono de1940. Na capital Aino gozou do teatro e a compañía das familias das súas fillas, mais os ruídos do apartamento irritaban ao compositor, a pesar de que gozaba dos seus paseos xunto ao mar.[38]
En1941 as tensións entre a Unión Soviética e Finlandia aumentaron e as autoridades volveron pedirlle á poboación que enviasen de novo aos nenos fóra de Helsinqui, polo que outra vez a familia Sibelius se trasladou a Ainola. Desta volta sería con carácter definitivo, a pesar de que o apartamento da capital aínda foi empregado por Sibelius durante 18 meses máis cando necesitaba permanecer na cidade de noite. Ao pouco tempo do seu novo traslado a Ainola comezaba a chamadaGuerra de Continuación, que puxo fin aos ingresos que o compositor recibía do estranxeiro, o que xunto ao racionamento de alimentos fixo máis difícil a vida do matrimonio e as familias das súas fillas.[38]
Na primavera de1942 a reputación internacional de Sibelius sufriu un revés candoJoseph Goebbels fundou unha Sociedade Sibelius en Alemaña.[nota 10] O obxectivo de Goebbels era estreitar os lazos culturais entre os dous países, que loitaban xuntos contra a Unión Soviética, e a iniciativa puido vir do Ministerio de Exteriores finlandés. Sibelius agradeceu o recoñecemento aínda que condenou onacionalsocialismo e as súas doutrinas radicais no seu diario un ano despois. A creación da sociedade afectou negativamente á música de Sibelius na Alemaña de posguerra e foi mal vista polos países occidentais.[38]
Sibelius non renunciara a dirixir a súaOitava Sinfonía, mais a guerra afectoulle animicamente e á súa produción, e de feito só fixo un arranxo da súa obra de 1897Koskenlaskijan morsiamet. O compositor declaroulle á súa secretaria en1943:[38]
“
Teño un gran traballo en curso e gustaríame telo listo antes de morrer [...] Mais a inhumanidade da guerra dificulta o meu labor. Non podo durmir polas noites cando penso niso.
”
— Jean Sibelius, febreiro de 1943
En1945 Sibelius mencionou na súa correspondencia a finalización da sinfonía, así como a súa queima, feito que Aino confirmaría. O seu neto Erkki Virkkunen, que visitou a casa pouco tempo despois da queima, falou co seu avó, quen lle contou tranquilamente o acontecido, mesmo de xeito xocoso. De feito a queima produciu no compositor un xiro optimista, segundo declarou a súa muller posteriormente. Despois do episodio do lume Sibelius compuxo algunhas outras obras, mais agora a maior parte das súas composicións encontrábanse nos seus desexos e pensamentos, comezando un silencio que duraría ata a súa morte.[38]
En decembro de 1945 Sibelius non asistiu ao concerto que se fixo no seu honor, aínda que recibiu a delegacións na súa casa e agasallos, que non sempre foron de gran valor monetario; por exemplo o que lle fixo a que se convertería nunha das grandes empresas da telefonía móbil,Nokia, que lle regalou o seu produto máis vendido na época, unhas botas de goma.[39]
Cara ao final da década de 1940 Sibelius mostrou que o "silencio de Ainola" non era tan real como se pensaba, compoñendo nunha soa noite en1946 dúas novas pezas para rituais masóns:Veljesvirsi eYlistyshymni, e en1948 outras pezas masónicas e un arranxo deFinlandia hymni para coro mixto. O novo estilo de vida do compositor foi satisfactorio tanto para el coma para a súa familia, e a única molestia foi a tendencia que tivo o compositor de esaxerar as críticas negativas máis insignificantes ou calquera difamación da súa reputación como compositor.[39]
Segundo o seu secretario persoalSanteri Levas, a súa vellez comezou aos 82 anos de idade, cando en1948 Sibelius empezou a falar da súa avanzada idade e a empregala para rexeitar invitacións a eventos fóra do seu país. Ese mesmo ano concedeu a súa única entrevista na radio con Kalevi Kilpi, naYleisradio. Mais unha das súas últimas aparicións semioficiais tivo lugar no seu 85 aniversario, en decembro de1950, un evento que atraeu a atención dos flashes, en especial cando o presidenteJuho Kusti Paasikivi saudou o compositor.[nota 11][39]
Visita de Ormandy á casa de Sibelius en 1951.
Contra1951 Sibelius dixo que estaba a escribir unha nova sinfonía, mais dubidaba de que puidese plasmala no papel, aínda que si podía escribir obras menores, completando un arranxo do seu Op. 91b. Ese mesmo ano o compositor pasou varias semanas en Helsinqui, onde coñeceu intérpretes da súa obra comoEugene Ormandy,Isaac Stern eJussi Björling. Non foi ata1954 cando Sibelius recoñeceu que non podería finalizar a sinfonía.[39]
As visitas a Sibelius en Ainola continuaron os anos seguintes coas visitas deSir Thomas Beecham en 1954, ouYehudi Menuhin cos membros daPhiladelphia Orchestra e Eugene Ormandy en1955. Mais case non mantivo contacto co mundo exterior durante eses anos, como escribiu Juusi Jalas:[39]
“
Mais o seu contacto co mundo exterior produciuse principalmente cando o foron visitar os seus familiares. El raras veces aceptou ver aos visitantes. Case as únicas excepcións foron os directores de orquestra e solistas que chegaron durante as semanas Sibelius. As súas visitas sempre lle inspiraron e alegraron.
”
— Juusi Jalas.
A deterioración da saúde do compositor foi recollida polo seu secretario persoal, que testemuñou como os seus paseos pola natureza se foron facendo menos frecuentes, tornándose inexistentes no inverno e limitándose aos días de bo tempo no verán. Finalmente Sibelius deixou de falar de compoñer e resignouse ao feito tráxico de que nunca completaría a súaOitava Sinfonía. A familia debía permanecer alerta para evitar que posibles críticas negativas fixesen caer na depresión ao compositor, como cando en 1952 Yrjö Suomalainen afirmou na súa biografía de Robert Kajanus que este lle dera consellos de composición a Sibelius. Amais a angustia invadíao ao pensar nas súas obras de xuventude, que el consideraba de pouco valor.[39]
En1957 Sibelius realizou os seus últimos arranxos nalgunhas das súas obras. O traballo do compositor mostra que aínda estaba capacitado para compoñer e que o seu cerebro funcionaba perfectamente a pesar dos tremores que sufrían as súas mans e que lle facían dificultoso o traballo.[40]
O20 de setembro de 1957 Sibelius levantouse mareado, mais revisou a prensa como tiña por costume. Á unha, no medio do almorzo, derrubouse, aínda que recoñeceu ás súas fillas Eva e Katarina cando chegaron á casa. Ás nove da noite finaba a causa dun derramo cerebral ao mesmo tempo queMalcolm Sargent dirixía a súaQuinta Sinfonía nun concerto que estaba a ser gravado na sala de concertos daUniversidade de Helsinqui.[1][40] O día despois da súa morte declarouse día de loito en todo o país.[3] Ese mesmo día, a súa filla Eva anunciaba que aOitava Sinfonía non existía, e de feito, aínda que a familia atopou pequenas obras inéditas, non se atopou nin a ansiada sinfonía nin outras obras de envergadura.[40]
O día 24 publicouse a súa necrolóxica co sorprendente texto "A música está feita de dor", unha frase que Aino escollera supostamente seguindo os pasos do seu home.[40]
O29 de setembro tivo lugar en Ainola unha pequena cerimonia de homenaxe ao compositor na que Jussi Jalas tocou algunhas das súas composicións. Á conclusión da cerimonia o seu corpo foi levado a Helsinqui, onde os músicos da Helsingin kaupunginorkesteri e da Radion sinfoniaorkesteri levaron o seu féretro ácatedral de Helsinqui mentresTapani Valsta tocaba ao órgano música deJohann Sebastian Bach. Antes das nove da noite abríronse as portas da catedral, que permaneceron abertas ata a media noite, permitindo que 17.000 persoas pasasen a presentar os seus respectos ao compositor.[40]
O luns30 de setembro tivo lugar o funeral na catedral de Helsinqui. Ao acto asistiu o daquela presidente de FinlandiaUrho Kekkonen, e nel interpretáronse varias composicións e seccións de obras de Sibelius. Despois da cerimonia Aino Sibelius e Urho Kekkonen puxeron as súas coroas, e figuras destacadas da música do país comoUuno Klami eEinojuhani Rautavaara levaron o ataúde ao coche fúnebre, e cando este partiu cara a Ainola milleiros de persoas formaron ao carón da estrada con candeas acesas dende o centro de Helsinqui ata Järvenpää, e unha vez na casa do compositor foron os familiares os que levaron o féretro ao lugar escollido para o enterramento.[40]
O groso da obra de Sibelius é o seu conxunto de setesinfonías. Ao igual queBeethoven, Sibelius utilizaba cada unha para desenvolver mellor o seu propio estilo compositivo individual. Porén, a diferenza docompositor alemán, quen aproveitaba as sinfonías para facer declaracións públicas, reservando os seussentimentos máis íntimos para ás súas obras máis pequenas, Sibelius publicaba os seus sentimentos individuais nas propias sinfonías. Estas obras continúan sendo representadas frecuentemente en salas deconcerto e son a miúdo rexistradas en disco.[2]
Ata aproximadamente1926 mostrou unha produción moi prolífica que inclúe pezas inspiradas na epopea nacional finlandesaKalevala, cen cancións con acompañamento de piano,música incidental para 13 obras, aópera en suecoJungfrun i tornet (engalegoA moza na torre),música de cámara, música para piano, 21 publicacións demúsica coral, e música ritual para amasonaría.[41] Aínda que viviu ata 1957, non publicou obras importantes despois de 1925.[42]
Logo da súaSétima Sinfonía non compuxo ningunha outra obra importante nos seus últimos trinta anos de vida, aínda que comezou a escribir a súaOitava Sinfonía que el mesmo destruiría e da que apenas se conservan uns fragmentos.[2] Podería dicirse que as únicas dúas obras significativas que se conservan compostas con posterioridade áSétima Sinfonía son amúsica incidental para a obra de ShakespeareA tempestade e o poema sinfónicoTapiola.[43] Porén, o compositorEinar Englund escoitou do seu titorMartti Paavola, quen visitara o apartamento de Sibelius en Helsinqui en 1940, que puidera ver o que gardaba na caixa forte, onde segundo Paavola había varias partituras, unréquiem, unha sinfonía (posiblemente a oitava), e tamén varios poemas sinfónicos.[38]
Sibelius foi considerado o granneoclasicista do século XX por Olin Downes, quen o presentou como contrapeso dos "modernistas" e "intelectuais", e os seus escritos tendían a cualificar a Sibelius como o arquetipo de compositor conservador.[39]
Ademais das súas sinfonías, as composicións máis coñecidas de Sibelius son o poema sinfónicoFinlandia, aSuite Karelia, oValse triste, o seuConcerto para violín eTuonelan joutsen (en galegoO cisne de Tuonela, un dos catro movementos daSuite Lemminkäinen). O xenio de Sibelius revélase principalmente nas súas sinfonías, poemas sinfónicos e no seu concerto para violín.[42]
Unha das principais fontes para as súas composicións foi a epopea nacional finlandesaKalevala, que inspirou poemas sinfónicos comoKullervo eTapiola; de feito Tapio é un rei do bosque eTapiola é coma un bosque convertido en música.[44]
Sibelius amaba a natureza, e a paisaxe finlandesa serviulle con frecuencia como material para a súa música. O propio compositor declarou da súa sexta sinfonía:
“
A sexta sinfonía sempre me lembra o olor da primeira neve
Frecuentemente dise que os bosques dos arredores de Ainola inspiraron a composición deTapiola. Sobre a relación de Sibelius coa natureza, o biógrafoErik W. Tawaststjerna escribiu o seguinte:
“
Mesmo para os estándares nórdicos, Sibelius respondeu con excepcional intensidade aos estados de ánimo da natureza e os trocos nas estacións: escudriñaba os ceos cos seus binoculares para ver os gansos voar sobre o lago conxelado, escoitou os chíos das grúas, e escoitou o eco dos berros domazarico nos terreos pantanosos xusto debaixo de Ainola. Saboreou as flores de primavera exactamente igual que fixo cos olores e cores do outono.
Moitos críticos viron nas primeiras composicións de Sibelius, concibidas para ser interpretadas polos membros da súa familia, influencias da escola clásica vienesa ou posteriormente deTchaikovsky eGrieg en particular. Algunhas destas primeiras obras comoVattendroppar pénsase que poderían ser exercicios de práctica técnica para el e seus irmáns.
Sibelius estaba impregnado da literatura da súa Finlandia natal, concretamente da epopea nacional finlandesaKalevala, da que extraeu numerosos textos para as súas obras vocais e temas para os seus poemas sinfónicos.[42] De feito, as primeiras composicións destacadas (Kullervo,En Saga,Suite Limminkäinen eFinlandia) son concepcións programáticas inspiradas na literatura nacional finlandesa, o que dá mostra da atmosfera de desenvolvemento do orgullo nacional que se estaba a levar a cabo no seu país, e amosa o seu compromiso cultural.[47] Fronte aos grandes músicos finlandeses da época, que se formaran en Alemaña e cuxa música era vagamente nacionalista (como no caso de Kajanus), Sibelius tivera unha formación fundamentalmente finlandesa e pode dicirse que é a partir de Sibelius cando naceu e se desenvolveu un corpus significativo de música especificamente finlandesa.[48] A pesar da relación da música de Sibelius co folclore finlandés, esta non cita nin imita fontes folclóricas e apenas se poden atopar probas da influencia directa da canción popular nas súas obras, aínda que si comparte algúns trazos estruturais xerais coa meirande parte da música folclórica: a importancia do cromatismo, a adhesión ás escalas diatónicas e xeralmente modais, as extensións melódicas enormemente restrinxidas e a tendencia a rodar de xeito continuo unha única nota que fai as funcións de centro tonal. Estas características están sustentadas por unha harmonía esencialmentetriádica e modal e que frecuentemente se mostra ambigua. Outro trazo especialmente característico da súa música é a importancia do tritono, que equilibra os puntos melódicos máis importantes coas notas longas dos pedais do acompañamento.[47]
Se ben as súas primeiras composicións tiveron un marcado carácter nacional e romántico, dende o seu traslado a Ainola en 1904 foise afastando deste estilo, un cambio que xa se aprecia naTerceira Sinfonía, e que se fixo patente catro anos despois, cando tras a súa operación de gorxa a súa linguaxe se tornou máis introvertida.[20] Outros autores coma Robert P. Morgan sinalan 1899 e aPrimeira Sinfonía de Sibelius como o momento no que o compositor tomou un cambio de dirección cara a un estilo máis abstracto e económico. As súas sinfonías continuaron e revitalizaron a tradición sinfónica doséculo XIX malia seren esencialmente conservadoras e mesmo antimodernistas.[47] Sibelius falaba do seguinte xeito sobre a súa concepción da sinfonía nunha discusión con Mahler:[49]
“
Cando a nosa conversa tocou o tema da esencia da sinfonía, dixen que admiraba a súa severidade de estilo e a profunda lóxica que orixinaba a conexión interna entre os diferentes motivos... O punto de vista de Mahler era totalmente oposto: "Non, unha sinfonía debe ser un mundo. Debe abarcalo absolutamente todo".
”
A pesar de que todas as súas sinfonías son totalmente diferentes no seu plan xeral, os trazos de economía e consistencia temática resultan evidentes ao longo de todos os seus traballos sinfónicos.[47]
A orixinalidade da obra de Sibelius reside na natureza dos seus temas, a súa técnica do desenvolvemento temático e o seu tratamento da forma.[42] Todas as sinfonías de Sibelius están baseadas na idea de evolución temática constante pola cal os materiais orixinais se transforman gradualmente nun proceso que semella aparentemente irrompible, e os novos materiais que resultan deste proceso derívanse por medio de transformacións progresivas das células motívicas orixinais, o que fai que os temas secundarios poucas veces teñan un carácter contrastante, senón que semellan variacións do material temático anterior.[47] No canto de melodías periódicas completas, un tema pode verse construído por motivos breves que se funden nunha entidade completa tras soar de xeito separado (un exemplo aparece no terceiro movemento da súaCuarta Sinfonía). Os motivos poden transferirse dun tema a outro ou poden disolverse os temas e recombinarse os seus motivos de xeito que o tema orixinal se transforma gradualmente por substitución das súas unidades motívicas, unha tras outra, ata dar pé a unha estrutura nova, como ocorre no primeiro movemento da súaTerceira Sinfonía. Un ou varios motivos básicos poden reaparecer ao longo dun movemento ou mesmo dunha sinfonía completa, como ocorre na súaSexta Sinfonía. A estrutura, que moitas veces pode reducirse a esquemas formais clásicos, está subordinada, ou mesmo é secundaria, ao desenvolvemento orgánico das ideas musicais. Se aCuarta Sinfonía supón un modelo de concisión, intensidade e unidade temática, aSétima, escrita nun único movemento, é o cumio da unidade formal.[42]
En 1931, a súa composición para órganoSurusoitto, composta para o funeral de Akseli Gallen-Kallela, mostrou unha atmosfera ascética e un estilo moderno de expresión que apuntaban a un novo cambio de estilo que finalmente non chegaría.[34]
Theodor W. Adorno (á dereita) foi un dos máis críticos coa obra de Sibelius.
Sibelius exerceu unha influencia considerable en compositores sinfónicos e na vida musical, polo menos nos países nórdicos e de fala inglesa. O sinfonista finlandésLeevi Madetoja foi alumno de Sibelius. No Reino Unido,Vaughan Williams eArnold Bax dedicaron as súas quintas sinfonías a Sibelius. Ademais, aSexta Sinfonía de Bax e aSinfonía en sol menor deMoeran fanse eco deTapiola. A influencia dos procedementos compositivos de Sibelius faise sentir con forza tamén naPrimeira Sinfonía deWilliam Walton.[50] Cando estes e outros varios grandes ensaios sinfonistas británicos estaban a ser escritos durante e arredor dos anos 1930, a música de Sibelius estaba moi en voga, con directores como Beecham eBarbirolli defendendo a súa causa tanto nas salas de concerto coma en gravacións. O compositor amigo de WaltonConstant Lambert mesmo afirmou que Sibelius era "o primeiro gran compositor dende Beethoven cuxa mente pensa naturalmente en termos de forma sinfónica".[51] Antes,Granville Bantock defendera a Sibelius (o aprecio era mutuo: Sibelius dedicoulle a súaTerceira Sinfonía ao compositor inglés, e en 1946 converteuse no primeiro presidente da Bantock Society). Máis recentemente, Sibelius foi tamén un dos compositores defendidos porRobert Simpson.Malcolm Arnold recoñeceu a súa influencia, eArthur Butterworth continúa a ver a música de Sibelius como fonte de inspiración na súa propia obra.[52]
Eugene Ormandy e, en menor medida, o seu predecesorLeopold Stokowski, foron instrumentos que levaron a música de Sibelius ás audiencias estadounidenses programando con frecuencia as súas obras; o primeiro desenvolveu unha relación de amizade con Sibelius ao longo da súa vida. Máis tarde en vida foi defendido polo críticoOlin Downes, que escribiu unha biografía do compositor.[53]
En 1938Theodor Adorno escribiu un ensaio crítico sobre o compositor, notoriamente acusando que:[54]
“
Se Sibelius é bo, isto invalida os estándares da calidade musical que persistiron dendeBach aSchoenberg: a riqueza da interconexión, articulación, unidade na diversidade, o 'polifacético' no 'un'.
”
Adorno enviou o seu ensaio aVirgil Thomson, daquela crítico musical doNew York Herald Tribune, que foi tamén crítico con Sibelius; Thomson, que concordaba co sentimento do ensaio, declaroulle a Adorno que "o tono deste [era] máis apto para crear antagonismo cara a [Adorno] que cara a Sibelius".[55] Posteriormente, o teórico e director de orquestraRené Leibowitz foi máis aló ao describir a Sibelius como "o peor compositor do mundo" no título dun panfleto en 1955.[56]
Hai dúas cousas que dicir de inmediato sobre Sibelius. Primeiro, é desigual (moita da súa música de cámara, un lote das súas cancións e a maior parte da súa música para piano podería ser producida por un compositor de salón de segunda fila do século XIX nunha tarde libre). Segundo, nos seus mellores momentos, é frecuentemente raro.[58]
”
Posiblemente un motivo polo que Sibelius atraeu tanto a loanza coma a ira dos críticos é que en cada unha das súas sete sinfonías achegouse aos problemas básicos da forma, a tonalidade, e a arquitectura de xeitos únicos e individuais. Por unha banda, a súa creatividade sinfónica (e tonal) era novidosa, mais outros pensaron que a música debía tomar un camiño diferente. A resposta de Sibelius a estas críticas foi indiferente:
“
Non prestei atención ao que din os críticos. Nunca lle foi erixida unha estatua a un crítico.
”
Nas derradeiras décadas do século XX, Sibelius comezou a ser reavaliado máis favorablemente: Milan Kundera chamou ao enfoque do compositor "modernismo antimoderno", situado fóra da progresión perpetua dostatus quo.[55] En1990, aHelsingin kaupunginorkesteri encargoulle á compositoraThea Musgrave que escribise unha peza en honor ao 125º aniversario do nacemento de Sibelius:Song of the Enchanter foi estreada o14 de febreiro de1991.[59] En1984, o compositor vangardista americanoMorton Feldman deu unha conferencia enDarmstadt (Alemaña) na que afirmou:
“
... a xente que pensas que son radicais poden realmente ser conservadores; a xente que pensas que son conservadores poden ser realmente radicais.[60]
”
Despois desta afirmación Feldman comezou a cantaruxar aQuinta Sinfonía de Sibelius.[55]
Posiblemente o seu conservadorismo fixo que, ao igual queSerguéi Rakhmáninov, se sentise fóra do seu tempo.[47]
A música de Sibelius pronto recibiu unha cálida benvida enAlemaña. Mais a partir de1933, cosnazis no poder, suscitouse a cuestión das relacións do compositor co réximehitleriano. A polémica cristalizou ao redor da obra de TL Jackson, daUniversidade do Norte de Texas, quen, sobre a base de arquivos esencialmente alemáns, sostén a tese dun Sibelius máis que compracido coas autoridades nazis. Presidente adxunto en 1934 ao lado deRichard Strauss doCouncil of composer's international cooperation, unha asociación para a promoción da música nacional-socialista, recipiendario da medalla Goethe en 1935, creación dunhasociedade Sibelius en 1942[61], Sibelius non rexeitou os honores do réxime nazi.
Na súa defensa Veijo Murtomaki, profesor de historia da música na academia Sibelius, rexeita todas estas acusacións facendo ver que a tese de Jackson, unicamente documentalista, é sorprendente para os finlandeses, que coñecen mellor ca ninguén a situación económica e cultural da Finlandia de 1933 a 1945, que Sibelius era un home de orgullo moi satisfeito pola súa gran popularidade en Alemaña e que fixo de todo para obter diso o meirande beneficio persoal, especialmente financeiro, e que en definitiva non se pode presentar a Sibelius como un apoio do réxime nazi.
En 1914 aUniversidade Yale concedeulle a Jean Sibelius un doutoramento honorífico, e ao mesmo tempo aUniversidade de Helsinqui outorgoulle a mesma distinción, recolléndoa no seu nome a súa muller Aino.[24]
Con motivo do seu 70 aniversario, o goberno alemán concedeulle a súa máxima distinción artística, a Medalla Goethe, sendo o premio asinado polochanceler doReich,Adolf Hitler.[35]
O billete de 100marcos finlandeses tiña a imaxe do compositor ata a súa retirada no2002.[62] Houbo tres edicións de selos conmemorativos en Finlandia en homenaxe a Sibelius nos anos1945,1957 e1965. NoSibeliuksen puisto (Parque Sibelius) deHelsinqui encóntrase dende1967 un monumento dedicado ao compositor deseñado porEila Hiltunen. Existen tamén distintas institucións que teñen o seu nome, salientando aSibelius-Akatemia (escola superior de música de Finlandia e que ten sedes na capital e enKuopio) ou oSibelius-museo (museo dedicado á música da cidade deTurku). Na cidade deLahti está oSibeliustalo, un auditorio con capacidade 1.250 espectadores e que acolle os concertos de tempada daSinfonia Lahti. A casa natal de Sibelius, situada no número 11 de Hallituskatu, en Hämeenlinna, é visitable todos os días da semana.[63] Moitas cidades de Finlandia teñen algunha rúa dedicada a Sibelius, como no caso da capital, onde a rúa Kammiokatu, na que viviu o compositor en distintos períodos entre 1939 e 1942, é coñecida coma Sibeliuksenkatu.[38] Outras cidades que teñen rúas dedicadas ao compositor son Turku,[64], ou a cidade natal do compositor, Hämeenlinna.[65]
Dende2011, Finlandia celebra undía da bandeira o8 de decembro, o día do nacemento do compositor, tamén coñecido como oDía da Música Finlandesa.[66]
↑Euterpe era unha revista literaria enlingua sueca cuxos editores eran supervisados por Werner Söderhjelm.
↑Os Jägers eran soldados finlandeses que se encontraban en formación militar en Alemaña, inicialmente para loitar pola súa liberdade fronte ás tropas rusas do tsar, e que ao seu retorno a Finlandia se enfrontaron á Garda Vermella.
↑A Åbo Akademi é a única universidade de Finlandia na que se ensina exclusivamente en lingua sueca, non debe confundirse coaKungliga Akademin i Åbo fundada en 1640.
↑O Lapuan liike (traducido como Movemento de Lapua) foi un movemento político nacionalista e anticomunista finlandés que se tornou un movemento radical que desenvolveu prácticas coma o secuestro de persoas consideradas demasiado esquerdistas.
↑Esta é a única gravación que hai de Sibelius dirixindo e foi distribuída por primeira vez xunto co volume 2/1995 da revistaClassica.
↑Goebbels era o responsable dapropaganda nazi e foi chanceler do Reich durante unhas horas logo da morte de Hitler.
↑Juho Kusti Paasikivi foi tamén alumno no Liceo Normal de Hämeenlinna.
↑"Even by Nordic standards, Sibelius responded with exceptional intensity to the moods of nature and the changes in the seasons: he scanned the skies with his binoculars for the geese flying over the lake ice, listened to the screech of the cranes, and heard the cries of the curlew echo over the marshy grounds just below Ainola. He savoured the spring blossoms every bit as much as he did autumnal scents and colours.". Tawaststjerna, volumo II, p. 21.
↑Adorno, Theodor (1938). Posteriormente impresa como "Glosse über Sibelius". "Törne, B. de, Sibelius; A Close Up".Zeitschrift für Sozialforschung7: 460–463. Citadaa e traducida enJackson, Timothy L. (2001). "Preface". En Jackson, Timothy L.; Murtomäki, Veijo.Sibelius Studies. Cambridge University Press. p. xviii.ISBN0-521-62416-9.
↑55,055,155,2Ross, Alex (2009) [2007]. "5".The Rest Is Noise: Listening to the Twentieth Century (3ª ed.). Harper Perennial.ISBN978-1-84115-476-3.
↑There are two things to be said straightaway about Sibelius. First, he is terribly uneven (much of his chamber music, a lot of his songs and most of his piano music might have been churned out by a second-rate salon composer from the 19th century on an off afternoon). Second, at his very best, he is often weird.