Johann Paul Friedrich Richter, máis coñecido comoJean Paul e ás veces comoJean Paul Richter ou só comoRichter, nado enWunsiedel,Baviera,Alemaña, e finado o21 de marzode 1763 enBayreuth, Baviera, no14 de novembrode 1825, foi unescritornovelista alemán e tivo moitos seguidores enEuropa, sendo as súas obras moi populares noséculo XIX, a principios deséculo.[1][2]
Polo seu enfoque sobre a conciencia e os soños, é considerado por algúns un precursor dapsicanálise.[3]
Era fillo dun ministro protestante e estudouteoloxía enLeipzig.
Utilizou o alcume deJean Paul en referencia ao escritorJean-Jacques Rousseau.
Despois de1787 publicou os seus primeiros contos famosos:Auswahl aus des Teufels Papieren nebst einem nöthigen Aviso vom Juden Mendel (1789, "Pasaxes escollidos dos papeis do demo xunto cun informe necesario sobre o xudeu Mendel"),Maria Wuz (1790) eDie unsichtbare Loge (1793, "A loxa invisible"). ConHesperus (1795) alcanzou gran fama; despois viñeron obras importantes:Blumen-, Frucht-, und Dornenstücke (1796, "Pezas de flores, froitas e espiñas", tamén coñecido baixo o nome do heroeSiebenkäs),Quintus Fixlein (1796) e a novela didácticaTitan (1800-1803), a súa obra mestra.
En1804 estableceuse na cidade deBayreuth, e alonxouse das ideasneoclásicas do pasado e dosrománticos posteriores, perdendo o seu entusiasmo por elas, aínda que non perdeu o sentido dohumor:Dr. Katzenbergers Badereise (1809, "A viaxe de baño do doutor Katzenberger") eDes Feldpredigers Schmelzle Reise Nach Flätz mit forgehenden Noten (1809, "A viaxe do capelán militar Schmelzle a Flätz con notas preliminares").