Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jean Calvin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Modelo:BiografíaJean Calvin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Jehan CauvinEditar o valor en Wikidata
10 de xullo de 1509Editar o valor en Wikidata
Noyon (Reino de Francia)Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1564Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Xenebra (Republic of Geneva)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse,hipóteseEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio dos Reis, G-707Editar o valor en Wikidata
RelixiónCalvinismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónCollège de la Marche(en)Traducir
Antiga Universidade de Orleáns
Universidade de Bourges(pt)Traducir
Collège Montaigu(pt)Traducir
Universidade de OrleánsEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxíaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoXenebra
EstrasburgoEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpastor, avogado, teólogo, reformador protestante, escritorEditar o valor en Wikidata
ProfesoresMelchior Volmar(pt)Traducir,Andrea Alciato(pt)Traducir eMaturin Cordier(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
AlumnosFranciscus Junius, o Velho(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioCharles d'EspevilleEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFranciscus Junius, o Velho(pt)Traducir eLambert Daneau(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIdelette de BureEditar o valor en Wikidata
PaiGérard CauvinEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de outubro de 1517-1648Reforma ProtestanteEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.), (sec:Calvin, John (1509-1564))
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
BNE: XX4578419Discogs: 5856184WikiTree: Cauvin-1Find a Grave: 9979Editar o valor en Wikidata
Xoán Calvino.

Xoán Calvino[1], nado enNoyon (Picardía) o10 de xullo de1509 e finado enXenebra o27 de maio do1564, foi un dos principais reformadores eteólogos dareforma protestante. O seu pensamento relixioso inaugurou unha das correntes máis importantes doprotestantismo, ocalvinismo, ademais de ser en menor ou maior grao unha influencia na teoloxía evanxélica.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Nun primeiro momento Calvino realizou estudos eclesiásticos no College de la Marche e no College de Montaigne, e máis tarde seguindo os desexos do seu pai estudou Dereito e Humanidades naUniversidade de París doutorándose enOrleáns no 1532 á idade de 23 anos. Na universidade Calvino entrou en contacto coas obras deErasmo,Lutero e outros pensadores heterodoxos, ademais de participar no ambiente cada vez máis crítico e reformador que respiraron as universidades de comezos doséculo XVI, situación que o levou dende cedo a unha rotura coaIgrexa católica e un pensamento teolóxico protestante. Por mor da súa posición relixiosaevanxélica abandonará a Universidade (no 1535) e adicarase a viaxar por toda Francia participando en disertacións, estudando e escribindo, non sen atopar certa resistencia das autoridades eclesiásticas das que se ve obrigado a agocharse. No 1536 publicará o seu primeiro esbozo da "Institución da Relixión Cristiá[2]" no que compendia as bases dafe cristiá e polemiza contra o que consideraba falsas doutrinas e abusos da Igrexa Católica.

Primeira etapa na reforma suíza

[editar |editar a fonte]

A fama de Calvino, especialmente pola súa erudición e labor teolóxica, motivou a invitación feita polo reformadorGillaume Farel á cidade de Xenebra para que o axudase no seu labor. Calvino e Farel pese a que comezan a seu traballo evanxelizador dentro e fóra da cidade con relativo éxito, acabarán por chocar nun punto decisivo coas autoridades xenebrinas ao intentar reforzar odereito canónico da nova igrexa, en concreto a posibilidade deexcomungar a aqueles fieis que non tiveran unha vida recta e ordenada. As autoridades viron nesta pretensión unha nova forma de autoridade moral represiva que non lles ofrecía ningunha diferenza coas prácticas católicas romanas. Calvino e Farel resistíronse ata que as autoridades os expulsaron no 1538.

Etapa en Estrasburgo

[editar |editar a fonte]

Calvino e Farel exílianse enBasilea e sepáranse ó pouco tempo, Farel irá á cidade deNeuchatel e Calvino á deEstrasburgo onde atenderá unha igrexa e na que vivirá un período de estudo no que aumenta a súa obra principal, Institución da Relixión Cristiá, e escribe un himnario e comentarios bíblicos. Tamén será alí onde coñeza e case coa súa única muller Idelette de Bure, ambos terán un fillo que non os sobrevirá, a súa muller morrerá no 1549.

Etapa final na reforma suíza

[editar |editar a fonte]

A cidade de Xenebra ante os graves problemas relixiosos os que se enfrontaba volveu invitar a Calvino no 1541, quen a desgusto accedeu e de volta retomou o seu labor evanxelizador con éxito. Tamén participou na política da cidade axudando na redacción da constitución e no goberno, aínda que sen ningún cargo (non obtivo a nacionalidade ata o 1559, cinco anos antes de morrer), axudou no establecemento dunha rede de escolas locais e unha academia en Xenebra da queTeodoro de Beza converterase no seu reitor (e en certo modo no seu continuador)

A cidade de Xenebra en pouco tempo converterase nun centro de recepción de estudantes e exiliados protestantes quen en numerosos casos volverán a súa patria ou a marcharán a outras partes do mundo predicando e formando igrexas que estenderán a doutrina protestante de Calvino, principalmente franceses, escoceses e holandeses (países nos cales o calvinismo foi dominante)

A reforma de Calvino tamén nesta segunda etapa atopará certa resistencia, principalmente por mor da estrita moral imposta tanto dende o púlpito como polas leis da cidade. A historiografía tradicional considera que a reforma relixiosa en Xenebra afectou tanto ás decisións do goberno que este rematou por converterse nunha especie deteocracia protestante. Aínda que Calvino non tivo un poder recoñecido no goberno o seu pensamento rigoroso en materia moral influíu decisivamente no poder político nunha época na que o relixioso e o civil atopábanse moi vinculados. Un caso práctico desta realidade será a execución deMiguel Servet polas autoridades xenebrinas acusado deherexía e deblasfemia.

O Calvinismo

[editar |editar a fonte]
Institución da Relixión Cristiá, edición de 1559.

A principal obra que recolle o pensamento de Calvino, aInstitución da Relixión Cristiá, será considerada pola meirande parte dos protestantes como a obra máis completa e sistemática da fe evanxélica dos primeiros reformadores. Calvino manexa no seu labor teolóxico un gran dominio e coñecemento tanto daBiblia como daPatrística que son as súas principais fontes. O seu estilo literario é considerado como culto, elegante a vez que mordaz e sagaz, o que sen dúbida achegou unha grande axuda naapoloxética protestante.

Asoteroloxía calvinista

[editar |editar a fonte]

O pensamento de Calvino xira contorno a idea da absoluta soberanía de Deus e a depravación total do ser humano. Dentro do pensamento protestante o calvinismo enfatiza a importancia dagraza, como único modo de alcanzar a salvación ó estar o home privado (polo pecado orixinal) de calquera forma propia de salvarse, é dicir, o home polos seus esforzos ou obras non pode salvarse. Deste xeito a salvación queda só nas mans de Deus quen é o que decide quen se salva e quen non (aínda que non condena posto que o home é culpable por si mesmo do pecado), esta elección de Deus é anterior a historia (predestinación). Esta postura extrema chocará coa doutrina católica romana e doutras ramas protestantes que sen negar que só a graza de Deus salva cren que o home coopera dalgún modo na súa propia salvación, de modo que Deus non decide quen se condena apesares de que sen a graza de Deus ninguén se salva.

En xeral a doutrina calvinista neste punto é un extremo da doutrinaluterana dasalvación solo por fe (a fe é considerada no cristianismo solo como graza de Deus) e do pensamentoagustino sobre a predestinación.

Os sacramentos no calvinismo

[editar |editar a fonte]

Para Calvino só hai doussacramentos que se poida demostrar que son bíblicos e instruídos por Cristo: Obautismo e acea do Señor.

O bautismo é considerado como a admisión solemne na igrexa visible de Cristo; selo é sinal do pacto de graza, da comuñón en Cristo, da rexeneración do fiel e da remisión dos pecados. Admítense tanto nenos pequenos como maiores, impártese unha soa vez e co mesmo ritual que na igrexa católica romana. Aínda así diferenzas importantes son que o bautismo, en xeral no protestantismo, non se considera que remita ou perdoe a culpa do pecado orixinal.

A Cea do Señor é considerada como a participación da igrexa no corpo de Cristo, e nin como un simple memorial nin tampouco como a comuñón do corpo físico de Cristo. Rexeitan así a presenza física de Xesús e só admiten unha presenza espiritual. Tamén rexeitan que no sacramento se produza unha renovación do sacrificio de Cristo que só aconteceu no momento histórico dacrucifixión.

A Igrexa

[editar |editar a fonte]

No calvinismo suprímese oepiscopado e asucesión apostólica, así como tamén opapado romano. Se reformula opresbiterio que se converte no órgano de goberno da igrexa nun consistorio ou reunión de ministros de cada igrexa. Os anciáns ou presbíteros pódense casar e teñen ó seu cargo a dirección espiritual, impartir os sacramentos e a predicación da palabra de Deus. O modelo eclesiástico calvinista e local e aínda que se forman igrexas nacionais estas non están dirixidas por ningún bispo ou arcebispo senón por un órgano colexiado de presbíteros (un sínodo) que representa as igrexas locais.

A repercusión de Calvino na igrexa protestante

[editar |editar a fonte]

O calvinismo constituirase no pensamento principal dasigrexas reformadas deSuíza ePaíses Baixos, así como tamén naspresbiterianas deEscocia eEstados Unidos principalmente. A súa difusión porFrancia nun primeiro momento exitosa (S.XVI) acabará por ser reprimida polo goberno e a igrexa católica romana e relegada a unhas poucas comunidades.

No que respecta a súa influencia no pensamento protestante doutras ramas do protestantismo esta será case total nopuritanismo inglés e nocongregacionalismo, así como de grande influencia nobautismo e outras igrexas de orixeanglosaxón. Noanglicanismo tamén resultará decisiva na súa corrente máis reformadora, aínda que esta rama conservará unha igrexa episcopal, a sucesión apostólica e unha doutrina sacramental máis próxima ao catolicismo.

As obras de Calvino

[editar |editar a fonte]
Institutio christianae religionis, 1597

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nado comoJean Cauvin e que de acordo ao costume de latinizar os nomes foi coñecido comoIoannes Calvinus
  2. Institución de la Religión Cristiana (Obra en castelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • JUAN CALVINO, Institución de la Religión Cristiana (2 vols.),Biblioteca Filológica Hispana, Visor Libros, Madrid 2003
  • CRISTINO GRACIANO, El Reformador Juan Calvino: Su vida y sus Obras.
  • JOAN GOMIS, Calvino, un vida por la Reforma. Ed Planeta 1993

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jean_Calvin&oldid=6620950»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp