Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jean-Jacques Rousseau

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xaneiro de 2021.)

Modelo:BiografíaJean-Jacques Rousseau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1712Editar o valor en Wikidata
Xenebra, SuízaEditar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1778Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Ermenonville, FranciaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoriaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacénotaphe de Jean-Jacques Rousseau(1780–1794)49°07′16″N2°41′27″L / 49.1211944,2.6908056
île des Peupliers(1778–1794)49°07′16″N2°41′27″L / 49.12119,2.69081
Panteón de París48°50′46″N2°20′47″L / 48.84621689,2.34644Editar o valor en Wikidata
ResidenciaStaffordshire(pt)Traducir(1766–1767)
TurínEditar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo,catolicismo eprotestantismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánicaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, epistológrafo, Enciclopedista, dramaturgo, politicólogo, crítico musical, ensaísta, botánico, naturalista, autobiógrafo, escritor, pedagogo, compositor de música clásica, novelista, musicólogo, compositorEditar o valor en Wikidata
MovementoFilosofia do Iluminismo(pt)Traducir emúsica barrocaEditar o valor en Wikidata
AlumnosLouis Stanislas de GirardinEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaRousseauEditar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarie-Thérèse Le Vasseur(1768–1778)Editar o valor en Wikidata
ParellaFrançoise-Louise de Warens(1728–)Editar o valor en Wikidata
PaiIsaac RousseauEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHoff's Kurze Biographien, vol 2(en)Traducir, (p.3-82)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0003707Enciclopedia Galega Universal: 180221BNE: XX976371Bitraga: 970Apple Music: 277613624Musicbrainz: 4a7f3a02-b1ba-4e26-8e30-f580ece1150cDiscogs: 1097374IMSLP: Category:Rousseau,_Jean-JacquesWikiTree: Rousseau-444Find a Grave: 1520Tebeosfera: rousseau_jean-jacquesEditar o valor en Wikidata

Jean-Jacques Rousseau, nado enXenebra (Suíza) o28 de xuño de1712 e finado enErmenonville o2 de xullo de1778, foi unfilósofosuízo,escritor, teóricopolítico e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras doIluminismofrancés, Rousseau é tamén un precursor doromanticismo.[1] Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual doséculo XVIII.Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considérase un antecesor desocialismo ecomunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada.Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu enAdolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

A familia Rousseau procedía dehugonotes franceses e instalouse enXenebra uns cen anos antes de que Isaac Rousseau (Xenebra, 1672-Nyon, 1747) e Suzanne Bernard (Xenebra, 1673-1712), filla docalvinista Jacques Bernard, tivesen a Jean-Jacques. Nove días despois de dar a luz, Suzanne faleceu e o pequeno Rousseau considerou os seus tíos paternos como os seus segundos pais, debido a que desde moi pequeno pasou moito tempo con eles e foron os que o coidaron.

En 1722, cando Rousseau tiña dez anos, o seu pai, un reloxeiro bastante culto, tivo que exiliarse por unha acusación infundada e o seu fillo quedou ao coidado do seu tío Samuel, aínda que xa tomara del un grande amor pola lectura e un sentimento patriótico de admiración polo goberno daRepública de Xenebra que Jean-Jacques conservou toda a súa vida. Con esta familia gozou dunha educación que el considerou ideal, cualificando esta época como a máis feliz da súa vida, e leu aBossuet,Fontenelle,La Bruyère,Molière e sobre todo aPlutarco, do que interiorizou nocións sobre a historia da Roma republicana; nas súasConfesiones, escritas cara ao final da súa vida, dixo que foi este autor a súa lectura predilecta. Tamén recomendou enEmilio a lectura deRobinson Crusoe deDaniel Defoe. Xunto co seu primo, Rousseau foi enviado como pupilo á casa do calvinista Lambercier durante dous anos (1722-1724). Ao seu regreso en 1725 traballou como aprendiz de reloxeiro e posteriormente cun mestre gravador (aínda que non rematou a súa aprendizaxe), cos que desenvolveu experiencia abonda para vivir destes oficios ocasionalmente.

Aos 16 anos (1728) comezou a vagabundear e abandonou a súa cidade natal. Tras estar peregrinando durante un tempo e desempeñando os oficios máis dispares, a punto de entrar na marxinalidade, enTurín abxurou docalvinismo e adoptou ocatolicismo, do que máis adiante tamén renegou (posteriormente expuxo as súas ideasdeístas sobre unha relixión natural enProfesión de fe do vigairo savoiano) e estableceuse enAnnecy, sendo tutelado porMadame de Warens, unha dama católica ilustrada sen fillos trece anos máis vella ca el, que o axudou na súa descontinua educación e na súa afección pola música, e que ademais lle foi procurando distintos traballos. A ollos de Rousseau, ela era a nai que perdera, e a partir de 1733 foi tamén unha amante. Residiu seis semanas en 1737 enMontpellier por unha grave doenza, e ao seu regreso madame Warens conseguiulle o posto de preceptor enLión dos fillos do irmán de dous famosos escritores ilustrados,Gabriel Bonnot de Mably (1740), sobre o que exerceu unha forte influencia, e o filósofoCondillac; ademais estableceu amizade conFontenelle,Diderot, que o escolleu como colaborador en materia musical da súaEnciclopedia (1751-1772) e co que posteriormente se desamigou, eMarivaux, quen lle corrixiu a súa peza teatral nun actoNarcisse ou l’Amant de lui-même, que estreou en 1752. Forxou entón un carácter de "paseante solitario" amante da natureza. Mais, sempre descontento, Rousseau exerceu de xornalista e de moitos outros oficios. En 1742 presentou un innovador sistema denotación musical áReal Academia das Ciencias de París, con pouco éxito (o seu sistema só se interesaba pola melodía e non pola harmonía, e ademais un sistema semellante xa fora inventado sesenta e cinco anos antes polo monxe Souhaitti), e o ano seguinte publicouDissertation sur la musique moderne (1743), en que criticou moi duramente a música francesa, para el moi inferior á italiana. Coñeceu a madame Dupin, da que despois foi secretario; tamén ese ano foi nomeado secretario do inepto embaixador de Francia naRepública de Venecia,Pierre-François de Montaigu, co que non chegou a concordar, ata o punto de que foi despedido o ano seguinte.

En 1745, xa con 33 anos, volveu aParís, onde conviviu con Thérèse Levasseur, unha costureira analfabeta con quen tivo cinco fillos e á que convenceu para entregalos aohospicio segundo ían nacendo; fíxoo así en 1746 co primeiro. Ao principio dixo que carecía de medios para manter unha familia,[2] pero máis adiante, no volume IX das súasLes Confessions, sostivo que o fixo para apartalos da nefasta influencia da súa familia política:

Pensar en encomendalos a unha familia sen educación, para que os educase aínda peor, facíame tremer. A educación do hospicio non podía ser peor ca iso.

Nesta época contactou conVoltaire,D'Alembert,Rameau e, de novo, conDiderot, e escribiu as súas obras máis recoñecidas. Cando aAcademia de Dijon propuxo en 1749 un concurso de disertacións cobre a cuestión "Se o restablecemento das ciencias e das artes contribuíu a mellorar os costumes", Rousseau gañou o anos seguinte co seuDiscours sur les sciences et les arts respondendo que non, pois as artes e as ciencias ao seu xuízo supoñen unha decadencia cultural.

Ademais, para el o cultivo das ciencias e das artes era responsable do declive da moral, da inocencia perdida e do desenvolvemento "do luxo, da disolución e da escravitude". A partir deste momento, alcanzou unha discutida e polémica celebridade; mesmo o deposto rei de Polonia e duque de Lorena,Estanislau I Leszczynski, intentou refutar a Rousseau con outro discurso. En 1751 dimitiu do seu posto de secretario de madame Dupin e dedicouse a copiar partituras musicais para gañar a vida. En 1752 estreou con éxito enFontainebleau, en presenza do reiLois XV, a súa ópera nun actoLe devin du village, atrevéndose a rexeitar unha audiencia co propio monarca. En 1754 publicou o seuDiscurso sobre economía política e abxurou docatolicismo e o anos seguinte publicou un texto aínda máis importante, oDiscours sur l'origine et les fondements de l'inégalité parmi les hommes, que presentara para outro concurso daAcademia de Dijon sen obter premio esta vez. Este discurso desgustou por igual aVoltaire e a igrexa católica, que o acusou de negar opecado orixinal e de adherirse á herexía dopelaxianismo. Rousseau enviara unha copia a Voltaire, residente por entón en Xenebra, e este contestou que estaba "escrito contra a raza humana... xamais se despregou tanta intelixencia para querer converternos en bestas". Foi o comezo dunha crecente inimizade entre os dous ilustrados, cunha segunda fase que aconteceu cando Voltaire publicouPoema sobre o desastre de Lisboa (1755), en que afirmaba o seupesimismo e negaba adivina providencia, poema que Rousseau contestou cunhaLettre sur la providence (1756) en que intentaba refutalo. A resposta de Voltaire foi xustamente celebrada, a súa novela curtaCándido ou o optimismo. Aínda aumentou máis o odio de Voltaire cando Rousseau imprimiu a súa "Carta a D'Alembert sobre os espectáculos" (1758), en que declaraba (sendo el mesmo autor dramático) que o teatro era un dos produtos máis perniciosos para a sociedade, xerando luxo e inmoralidade; é máis, mostrábase sumamente misóxino ao escribir frases como esta:

Ás mulleres, polo xeral, nin lles gusta nin aprecian a arte, e non teñen talento ningún. Poden acadar o éxito en labores insignificantes que só requiren superficialidade e un pouco de gusto, e, ás veces, lóxica... Os seus escritos son tan baleiros e belos como elas mesmas e conteñen o enxeño que un queira poñerlles, mais carecen por completo de profundidade. Non saben como describir ou sentir o amor.[3]

Voltaire obstinárase en crear un teatro en Xenebra onde puidese representar as súas pezas e actuar nelas, e esa carta veu poñer a fin a toda posibilidade de congraciarse con Rousseau, quen, pola súa banda, comezaba a asistir a salóns parisienses e criticaba amúsica francesa enQuerelle des Buffons co apoio dos enciclopedistas e do seu por entón amigo íntimoFrédéric-Melchior Grimm, co que compartía o amor de madame d'Epinay.

Retrato de Jean-Jacques Rousseau, porAllan Ramsay, en 1766,Galería Nacional de Escocia

As esixencias dos seus amigos e as súas opinións distanciárono deles. Rousseau sentiuse traizoado e atacado e abandonou Ermitage, casa rural que lle preparara Mme. d'Epinay en 1756. Trasladouse ese ano a Mont Louis, tamén nos bosques deMontmorency, e recibiu a proposta de converterse en bibliotecario de honra de Xenebra, o que rexeitou. En 1757 namorouse apaixonadamente de Madame Sophie d'Houdetot, competindo co seu outro amante, o poeta e académicoJean François de Saint-Lambert, mais a súa relación non chegou a ser máis que platónica. A ela dirixiu as súasLettres morales (1757-1758), que permaneceron inéditas ata 1888. En 1758 publicouCarta a d'Alembert sobre os espectáculos e en 1761 anovela epistolarJulie ou la Nouvelle Héloïse.

1762 foi un ano fundamental na súa creación literaria, pois redactou unha peza teatral moi orixinal,Pygmalion, considerada a creadora dun novo xénero dramático-musical, omelólogo, que só puido representarse en 1770, e publicou dúas obras capitais,Emilio ou Da educación eO contrato social, ou Principios do dereito político. A primeira das obras sera sobre todo un disparo de canón en toda regra contra apedagoxía tradicional e as relixións culturais e aprendidas, non naturais, que tivo consecuencias importantísimas nesas disciplinas. En pedagoxía imprimiu un xiro copernicano que desenvolveu outro escritor suízo,Pestalozzi, centrando a educación no neno e na súa evolución mental, e primando as materias prácticas fronte ás teóricas e abstractas, mentres que en cuestións relixiosas Rousseau propuña, desprezando ateoloxía como inútil, unharelixión natural con papel secundario e menos importante ca outras disciplinas prácticas. A segunda obra era unha crítica fundamentada e de raíz dos principios políticos doAntigo Réxime que partía dunha cuestión que se fixo xustamente célebre:

O home nace libre e, non obstante, onde queira que vai está encadeado. Por que este cambio?

En teoría constitucional, a diferenza deThomas Hobbes e de xeito máis acentuado aínda queJohn Locke, Rousseau non admitía ningunha restrición en canto aos dereitos e liberdades individuais: o home que non goza dunhaliberdade completa non é un home; esboza un principio filosófico de amplo futuro, aalienación, así como outro político-xurídico, avontade xeral. As heterodoxas ideas expresadas nestas obras fixérono tremendamente impopular, ata o punto de que o 9 de xuño o parlamento de París deu orde de arrestalo porEmilio. Avisado previamente, decidiu refuxiarse na súa terra natal suíza, máis en concreto enYverdon; alí descubriu ademais que o arcebispo de París Christophe de Beaumont escribira unha carta pastoral contra as súas obras. O 19 de xuño o cantón de Xenebra expediu unha orde de arresto polas súas obrasEmilio eDu contrat social e o 10 de xullo foi expulsado de Yverdon polo cantón deBerna. Entón atravesou aserra de Jura e refuxiouse enMôtiers-Travers baixo a protección de Julie Emélie Willading, nada Boy de la Tour (1751-1826).

En 1763 escribiu unha "Carta a Christophe de Beumont" para defenderse da persecución do arcebispo e despois renunciou á cidadanía xenebrina. En setembro de 1764 recibiu unha oferta dePasquale di Paoli para redactar unha constitución para a efémeraRepública Corsa (1755-1769). Tamén en 1764 Voltaire publicou un panfleto anónimo contra Rousseau, "O sentimento dos cidadáns", en que revelou o destino dos seus cinco fillos entregados ao coidado de orfanatos porque Rousseau pensaba non ser quen de mantelos polas súas condicións económicas (esta foi a súa principal xustificación enLes Confessions):

Quen é ese home que pensa que se lle deben levantar estatuas e coa mesma humildade compara a súa vida coa de Xesús? Ese que aldraxa o cristianismo e a reforma e insulta os nosos gobernantes e pastores? É un erudito que fala en contra dos outros eruditos? Non, é un desgraciado sifilítico que arrastra tras del, de aldea en aldea e de montaña en montaña, unha rameira, á que matou a nai, e coa que tivo fillos que abandonou na porta dun hospicio. (Voltaire, anónimo, enO sentimento dos cidadáns, 1764)

Rousseau tomou a molestia de rebater con informes médicos a súa presuntasífilis e a calumnia de matar a nai da súa amante, volvendo publicar o folleto anónimo coas súas notas en París, mais ocultando non obstante a verdade do abandono dos seus fillos. Desde ese momento adoptou como lemaVitam impendere vero ("dedicar a vida á verdade",Xuvenal, sátira IV), que antepuxo a unha publicación que fixo en decembro,Lettres écrites de la montagne; mais o clero protestante (sobre todo o pastor calvinista de XenebraJean Sarasin) e católico despotricaba contra el e en 1765 a súa casa enMôtiers foi apedrada por unha turba furiosa; uns días despois Rousseau decidiu refuxiarse nailla de St.-Pierre, nolago de Bienne, en casa dun síndico deBerna; mais tamén se viu forzado a marchar de alí. Rousseau desesperouse por primeira vez e pediu ás autoridades de Berna que o encarcerasen onde for, que xa non escribiría máis nada. Porén, non o encarceraron e instalouse enBienne, onde recibiu sobre todo a visita de diversos ingleses (Daniel Malthus, pai do coñecido economista,James Boswell...), pois os seus dous discursos e os seus tres grandes libros, traducidos estes últimos porWilliam Kenrick, foran amplamente divulgados no mundo anglófono. Recibiu peticións para que viaxase a Prusia por parte do mariscalGeorge Keith, a Inglaterra porDavid Hume e mesmo a Rusia porCyril Razoumovsky.

A persecución comezaba a provocar en Rousseau unha paranoia ou manía persecutoria á que xa era proclive. Ademais, estaba gravemente enfermo da vexiga. O 4 de xaneiro de 1766, con David Hume eJean-Jacques de Luze, púxose en camiño para Londres. O seu amigo Hume acolleuno xunto con Thérèse enInglaterra, mais Rousseau non aturaba a cidade e Hume tivo que buscar á parella unha residencia campestre ao seu gusto, atopándoa enChiswick. Con todo, o francés era convidado con frecuencia a outras propiedades, comoMundan House (Surrey) a media milla deWotton Place, e sobre todo aWootton Hall (Statford), en casa de Richard Davenport, que foi o lugar onde por máis tempo residiron; pasaron en Inglaterra dous axitados anos, criticados pola opinión que a maioría dos ingleses tiñan del: un home tolo, mao e perigoso que vivía en pecado con Thérèse. Hume tiña que buscar artimañas ata para levar ao teatroDrury Lane o caprichoso e paranoico Rousseau; ao chegar ao espectáculo, a súa estraña indumentaria (Rousseau vestía habitualmente ao modo armenio) causou alboroto e ao finalizar a representación foi conducido ao parladoiro do grande actorDavid Garrick.Horace Walpole gastoulle unha broma pesada escribíndolle unha carta falsa como se foseFrederico o Grande de Prusia, Therèse enganouno con Boswell, e o can de Rousseau, Sultán, non facía outra cousa que escapar e Rousseau pasaba o día queixándose e protestando.

Finalmente, Hume acabou farto das leas, das rarezas (como rexeitar unha pensión secreta do reiXurxo III de cen libras que Hume se forzara a conseguirlle e Rousseau aprobara ao principio) e das paranoias (pensaba que Hume se aliara con Voltaire, d'Alembert, Diderot e outros inimigos seus para desacreditalo, levando este altercado mesmo á imprenta, ao cal tamén respondeu Hume cun impreso). En 1767, con 55 anos, recibiu a pesar de todo a pensión do rei, mais decidiu volver aFrancia co nome falso de Jean-Joseph Renou, cando xa os seus agobiados amigos ingleses se deran de conta de que lle pasaba algo, que estaba trastornado. O príncipe de Conti puxo á súa disposición unha casa enTrye-le Chateâu e publicou oDicionario de música. Porén, en 1768 marchou aLión eGrenoble e o 30 de agosto casou co súa amadaThérèse enBourgoin. En 1770, permitíuselle regresar oficialmente co seu nome, mais baixo a condición de non publicar máis nada.

Rematou as súas memorias,Les Confessions, en 1771, un intento de resolver ou polo menos de dar testemuño das súas tremendas contradicións, e dedicouse a vivir dos seus patróns e de lecturas públicas destas memorias. En 1772 Mme. d'Epinay, escritora e a amante del e de Grimm ao mesmo tempo (o que provocou a inimizade entre eles), escandalizada polo que Rousseau relatou da súa relación con ela, pediu á policía que prohibisen esas lecturas, o que ocorreu. Cun estado anímico sombrío, afastouse definitivamente do mundo. Comezou a redactar en 1772 os seusDiálogos, mais o dano que lle causaran os violentos ataques de Voltaire, que dixo del que se aproveitaba da sensiblería e dahipocrisía para prosperar, así como os dos outros persoeiros da súa época, acabou por apartalo definitivamente da vida pública sen poder aproveitar a sona e o recoñecemento da súa obra, que inspirou oromanticismo. Ampliou asConsidérations sur le gouvernement de Pologne e nos anos seguintes traballou enCartas sobre botánica á señora Delessert (1771-1773),Rousseau juge de Jean-Jacques (1772-1776) e a óperaDaphnis et Chloé (1774-1776). En 1776 comezou a redactar susLes Rêveries du promeneur solitaire (1776-1778), que quedou incompleta pola súa repentina morte, cando andaba retirado enErmenonville (a 40 km a nordeste deParís) por consello médico, dun paro cardíaco en 1778, cando contaba con 66 anos.

tumba de Rousseau no Panteón

A tumba de Rousseau trasladouse aoPanthéon en París en1794, a poucos metros de Voltaire, 16 anos anos despois da súa morte. A tumba foi deseñada como un templo rústico, por asociación coas súas teorías da natureza e marcada cun busto conmemorativo. Póstumas apareceron diversas obras: en 1781 o seuEnsaio sobre a orixe das linguas[4] e unha continuación deEmilio,Émile et Sophie, ou les Solitaires, así comoLes Confessions (1782-1789). AsLettres morales foron publicadas en 1888.[5]

O contrato social

[editar |editar a fonte]

Talvez a súa obra máis importante,Ocontrato social delinea a base dunha orde política lexítima. Publicado en1762 e condenado polo parlamento deParís cando apareceu, tornouse unha das obras máis influentes do pensamento político da tradición occidental. Elaborado con base na súa obra anterior, especialmente osDiscursos sobre a desigualdade, Rousseau expón aquí o estado da natureza dexenerado nunha condición embrutecida sen lei ninmoralidade, a un punto en que a humanidade deberá optar por reunir as súas forzas pois non pode crealas, mais direccionalas a fin de que se preserven a igualdade e aliberdade. A pesar de se parecer ao estado de natureza deHobbes,[6] ese estado dexenerativo, o cal describe Rousseau, é unha suposición usada como argumento retórico da súa obra e sen fundamento histórico.

De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os individuos asociados alienan os seus dereitos ao recentemente formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, posto que se forma aquí un novo corpo, indivisible e con vontade propia, así calquera dano ao corpo será un dano a todos, e calquera vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar aos demais. A fin de preservárense, os individuos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituía da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os individuos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.

En canto Rousseau argumenta que a soberanía debería estar nas mans do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Estegoberno é criado nun aparente impase: Tense o pobo. O soberano tanto canto o estado son aspectos dese mesmo pobo, a diferenza é que nun aspecto o pobo é activo, señor de vontades que deberán ser cumpridas por el mesmo, que neste aspecto é o estado, o pobo en canto súbditos, cumpridores da vontade xeral. Mais como entón facerse obedecer? E a resposta é o goberno. Este, tamén pobo, é o orgón encargado de executar as leis. Temos entón unha relación estreita entre soberano, goberno e estado. O soberano determina a súa vontade ao goberno que a fará cumprir polos súbditos.

Rousseau oponse ferozmente á idea de que as persoas deban exercer a soberanía a través dunha asemblea representativa, a soberanía é inalienable e indivisible. E como é da vontade xeral que se fan as leis, cabe soamente ao consenso determinar cales serán estas. Mais, lonxe de defender unha infalibilidade da vontade xeral, Rousseau argumenta polo traballo dos lexisladores dicindo que a pesar de sempre querer o seu ben, o pobo non sempre o atopa. Cabería entón a unha alma sabia, coñecedora da natureza dos homes (Rousseau os metaforiza como deuses) positivar esas leis.

Obra

[editar |editar a fonte]
  • Projet concernant de nouveaux signes pour la musique (1742)
  • Dissertation sur la musique moderne (1743)
  • Discours sur les sciences et les arts (1750)
  • Discours sur la vertu du héros (1751)
  • Le Devin du village (1752)
  • Narcisse ou l’Amant de lui-même (1752)
  • Discours sur l'origine et les fondements de l'inégalité parmi les hommes (1755)
  • Examen de deux principes avancés par M. Rameau (1756)
  • Jugement du Projet de paix perpétuelle de Monsieur l'Abbé de Saint-Pierre (1755)
  • Lettres morales (1757-1758; publicado en 1888)
  • Lettre sur la providence (1758)
  • J.-J. Rousseau, Citoyen de Genève, Lettre à M. d'Alembert sur les spectacles (1758)
  • Julie ou la Nouvelle Héloïse (1761)
  • Emilio ou Da educación, inclúeLa profession de foi du vicaire savoyard (1762)
  • Du contrat social (1762)
  • Lettres écrites de la montagne (1764)
  • Lettres sur la législation de la Corse (1764)
  • Considérations sur le gouvernement de Pologne[7] (1771)
  • Pygmalion (1771)
  • Essai sur l'origine des langues (1781)
  • Projet de constitution pour la Corse (1765)
  • Dictionnaire de musique (1767)
  • Les Confessions (1765-1770)
  • Dialogues, Rousseau juge de Jean-Jacques (1777)
  • Les Rêveries du promeneur solitaire (1778)
  • Émile et Sophie, ou les Solitaires (1781; continuación deÉmile)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Preromanticism Criticism". Enotes. Arquivado dendeo orixinal o 6 de abril de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2009. 
  2. "Carta a Madame de Francueil, 1751.". Arquivado dendeo orixinal o 23 de agosto de 2021. Consultado o 04 de setembro de 2021. 
  3. Citado por Gavin de Beer,Rousseau, Barcelona: Salvat, 1985, p. 86.
  4. Ediciones Godot (22 de xuño de 2014)."Ensayo sobre el origen de las lenguas (traducido por Mikaël Gómez Guthart)".Ediciones Godot(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  5. Gavin de Beer,Rousseau, Barcelona: Salvat, 1985. Ed. original,Rousseau and his world, Londres: Thames and Hudson, 1972.
  6. Perry, Marvin.Western Civilization: Ideas Politics and Society, Volume II: From 1600. p. 430. 
  7. Gourevitch, Victor, ed. (1997).Rousseau: 'The Social Contract' and Other Later Political Writings. Cambridge University Press. p. ix.ISBN 978-0-521-42446-2. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Jean-Jacques RousseauModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Francia
AGalicitas posúe citas sobre:  Jean-Jacques Rousseau

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Larrère, Catherine (2003). "ROUSSEAU Jean-Jacques, 1712-1778". En Philippe Raynaud; Stéphane Rials.Dictionnaire de philosophie politique(enfrancés) (Troisième édition complétée ed.).París: PUF. pp. 687–695.ISBN 978-2-13-052947-7. 
  • Malaurie, Philippe (2001). "Rousseau".Anthologie de la pensée juridique(enfrancés) (Deuxième édition ed.).París: Éditions Cujas. pp. 109–114.ISBN 2-254-01301-7. 
  • Royer, C. (1900).M. Léon Say; M. Joseph Chailley, eds.Rousseau(enfrancés)2 (Deuxième édition ed.).París: Guillaumin et Cie. pp. 758–765. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Conceptos
Pensadores
Alemaña
España
Estados Unidos
de América
Francia
Grecia
Irlanda
Italia
Países Baixos
Polonia
Portugal
Romanía
Rusia
Reino Unido
(Escocia)
Xenebra
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jean-Jacques_Rousseau&oldid=7243447»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp