Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Java (linguaxe de programación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Java
Logotipo
 Parte de
 Epónimo
 Baseado en
 Caracterizado por
Implicados
 Usado por
 Deseñador/a
 Mascota
Duke(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Características
 Versións
Java SE 25suporte de longo prazo(pt)Traducir(16 de setembro de 2025)Editar o valor en Wikidata
 Licenza
 Extensión de ficheiro
java
jad
jar
class
jmodEditar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1995Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/07sbkfbEditar o valor en Wikidata
OpenAlexC2908586218 eC548217200Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Twitter: javaYoutube: UCmRtPmgnQ04CMUpSUqPfhxQBNE: XX540033Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Java é unhalinguaxe de programaciónorientada a obxectos desenvolvida porSun Microsystems a principios dos anos noventa. A linguaxe Java toma moita da súa sintaxe daC eC++, pero ten un modelo de obxectos máis simple e elimina ferramentas de baixo nivel comopunteiros.

Asaplicacións Java están tipicamentecompiladas nunbytecode, aínda que a compilación encódigo máquina nativo tamén é posible. Notempo de execución, obytecode é normalmenteinterpretado ou compilado a código nativo para a execución, aínda que tamén é posible a execución directa porhardware dobytecode por unprocesador Java.

A implementación orixinal e de referencia docompilador, amáquina virtual e as librerías de clases de Java foron desenvoltos por Sun Microsystems en1995. Dende entón, Sun controlou as especificacións, o desenvolvemento e evolución da linguaxe a través doJava Community Process, aínda que outros desenvolveron tamén implementacións alternativas destas tecnoloxías de Sun, algunhas ata baixo licenzas desoftware libre.

Entre novembro de2006 e maio de2007, Sun Microsystems liberou a maior parte das súas tecnoloxías Java baixo a licenzaGNU GPL, de acordo coas especificacións do Java Community Process, de tal forma que practicamente todo o Java de Sun é agora software libre (aínda que abiblioteca de clases de Sun que se require para executar os programas Java aínda non ésoftware libre).

Historia

[editar |editar a fonte]

Desenvolvida inicialmente por James Gosling na empresa Sun Microsystems. A linguaxe chamábase ao comezo Oak (carballo), e tentaba substituír o C++.Hoxe en día, as especificacións da linguaxe Java, así como as deJVM (Java Virtual Machine: Máquina virtual Java) e as APIs de Java API por Sun a través doJava Community Process.

A linguaxe de programación Java foi creada por James Gosling en xuño do 1991 para usarse nun proxecto de consumibles domésticos. A linguaxe chamábase ao comezoOak, en referencia a un carballo que había nas proximidades das oficinas de Gosling, posteriormente chamouseGreen e finalmente chamaríase Java.

Os obxectivos de Gosling eran implementar unha máquina virtual e unha linguaxe cunha sintaxe similar a C/C++. A primeira versión pública de Java data de 1995. Tiña como lemaEscribe código unha vez, execútao onde queiras (Write Once, Run Anywhere), proporcionando contornas de execución gratuítas en varias plataformas. Era bastante seguro e a súa seguridade era configurable, permitindo restrinxir o acceso a redes e arquivos. A maior parte dos navegadores web pronto incorporaron a posibilidade de executar applets Java dentro de páxinas web. Java pronto se fixo popular. Coa chegada de Java 2, creáronse distintas especificacións para distintos tipos de plataformas. Por exemplo, J2EE era para aplicacións empresariais e J2ME era para aplicacións móbiles. J2SE era a denominación para a edición estándar. En 2006, debido a razóns de mercadotecnia as diferentes versións de Java se denominaron Java EE, Java ME, e Java SE.

O 13 de novembro de 2006, Sun Microsystems liberou a maior parte das súas tecnoloxías Java baixo a licenzaGNU GPL. O 8 de maio de 2007 Sun finalizou o proceso, facendo que todo o núcleo de Java fose software libre, coa excepción de pequenas porcións de código das que Sun non é dono do copyright.

Características principais

[editar |editar a fonte]

No deseño de Java seguíronse cinco obxectivos principais:

  1. Uso do paradigma de programaciónorientada a obxectos.
  2. O mesmo programa pode executarse en distintos sistemas operativos (portabilidade).
  3. Contén soporte para a programación de aplicacións en rede.
  4. Pode executar código de fontes externas de xeito seguro.
  5. Doado de empregar escollendo as mellores características das linguaxes de programación orientadas a obxectos do momento.

Linguaxe semi-interpretada

[editar |editar a fonte]

A linguaxe Java naceu co obxectivo fundamental de universalidade en canto á súa execución do código compilado en calquerasistema operativo. Para acadar esta característica de universalidade (en canto ao sistema operativo), xera un código compilado estándar (byte code), que é executado por un programa intérprete chamadoJVM (Java Virtual Machine: Máquina virtual Java). É polo tanto semi-interpretada, xa que require compilación.

Sintaxe

[editar |editar a fonte]

A sintaxe de Java deriva en gran medida deC++. A diferenza de C++, que combina a sintaxe para programación estruturada, xenérica e orientada a obxectos, Java foi deseñado exclusivamente como unha linguaxe orientada a obxectos. Como resultado, case todo é un obxecto e todo o código escríbese dentro de clases. Como excepcións a este feito temos os tipos de datos intrínsecos (números enteiros e en coma flotante, booleanos, e caracteres), que non son clases por motivos de prestacións.

Exemplo: Ola Mundo

[editar |editar a fonte]
// ollo!: o ficheiro fonte débese chamar OlaMundo.javapublicclassOlaMundo{publicstaticvoidmain(String[]args){System.out.println("Ola Mundo!");}}

Java vs JavaScript

[editar |editar a fonte]

Java non debe confundirse coa linguaxeJavaScript, coa que comparte soamente o nome e unha sintaxe parecida. Existe unha implementación de JavaScript denominadaRhino que está escrita completamente en Java e forma parte do proxectoFundación Mozilla.

Extensións e arquitecturas relacionadas

[editar |editar a fonte]

En canto a extensións e arquitecturas estreitamente relacionadas coa linguaxe Java inclúense:

  • J2EE (Java Enterprise edition: relacionada concompoñentes).
  • J2ME (Micro-Edición para PDAs & móbiles).
  • JMF (Java Media Framework).
  • JNDI (Java Naming and Directory Interface).
  • JSML (Java Speech API Markup Language).
  • JDBC (Java Database Connectivity).
  • JAIN (Java API for Integrated Networks).
  • JDMK (Java Dynamic Management Kit).
  • Jini (unha arquitectura de rede para a construción desistemas distribuídos).
  • Jiro .
  • JXTA (infraestrutura inter-pares (peer-to-peer) de fonte aberta (open source)).
  • JavaSpaces.
  • JMI (Java Metadata Interface).
  • JMX (Java Management Extensions).
  • JSP (JavaServer Pages).
  • JSF (JavaServer Faces).
  • JNI (Java Native Interface).
  • J3D (API para programación gráfica en 3D).
  • JOGL (API de baixo nivel para programación gráfica en 3D usandoOpenGL).
  • OSGi Xestión dinámica de Servizos e Mantemento Remoto.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  JavaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Baixo nivel
Alto nivel
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobreinformática é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Java_(linguaxe_de_programación)&oldid=7179371»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp