![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2016.) |
Janjawid (جنجويد, enárabe;janjaweed, eninglés) é un termo xenérico para designar unhamilicia que opera enDarfur,Sudán. Conforme a definición dasNacións Unidas, osjanjawid son criminais que se presentan comoárabes, aínda que sexan en xeral provenientes detribos africanasnómades de fala árabe. Desde2003, tiveron papel central no sanguentoconflito de Darfur, que enfronta a poboación árabemusulmá do Sudán aos musulmáns non árabes da rexión por cuestións de distribución de terras e recursos.
Considérase que o termojanjawid provén dun dialecto doSudán occidental. Enárabe coloquial, significa "hordas".
A palabra parece ter a súa orixe nunha variante de dos termos persa,jang, "guerra", ejangawi, "guerreiro".
De acordo cunha investigación dos crimes de guerra en Darfur realizada polaONU na segunda metade do2005, había probas de estupro amplo e sistemático en dous anos de conflito. Nun dos incidentes relatados, unha muller enWadi Tina foi violada 14 veces por homes diferentes en xaneiro de2003. Xa en marzo do ano seguinte, 150 soldados ejanjawid secuestraron e violaron a 16 rapazas na cidade deKutum, segundo a mesma investigación. Na cidade deKailek, dixeron que os milicianos chegaron a violar nenas de ata 10 anos.[Cómpre referencia]
Outro problema encarado polas tribos sudanesas é o feito de que o bebé proveniente dos estupros sexa chamados polas propias nais dejanjawid, uninsulto que en lingua local significa algo como "diabo montado a cabalo". Por teren a pel xeralmente máis clara, eles son branco de prexuízos e facilmente identificados como descendentes de árabes, sufrindo moitas dificultades de aceptación e integración na tribo ao longo das súas vidas.[Cómpre referencia]